Segundo Premio Festival Internacional Ourense para Soncine

Estamos orgullos do traballo de SONCINE que agora vén de acadar un novo recoñecemento: o segundo premio do II Certame de Cinema OUFF  Escola, dentro da XV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. Un galardón para a curta Mar e para a súa traxectoria.

Máis alá dos merecidos premios, sabemos da valía pedagóxica deste proxecto. Dende aquí, o equipo de biblioteca quere FELICITAR a todos os rapaces e rapazas que participaron e participan en SONCINE e ao seu “mestre”, David Pérez Iglesias,  para nós paciente colaborador que, coa súa mirada tras a cámara, é quen de facer chegar  fóra do centro o que estamos a facer. PARABÉNS!!!