Va, pensiero… ou a indignación!

O día nacional de Italia celebrase o 2 de xuño, día da proclamación da República, pero considérase oficialmente o 17 de marzo de 1861 como a data oficial da Italia moderna, xa que antes a península estaba dividida en sete estados. Dentro do marco das celebración do 150 aniversario deste feito, un dos actos destacados foi a interpretación da emblemática ópera Nabucco, do compositor italiano Giuseppe Verdi, dirixida por Ricardo Muti.

A primeira estrea desta ópera,  tivo lugar en 1839, pero sería en 1842 cando a representación tivo un éxito rotundo xa que o público identificou a situación dos exiliados hebreos derrotados por Nabucodonosor, rei de Babilonia,  coa de Italia baixo o poder de Austria. As 157 representacións seguidas dan testemuño do entusiasmo acadado.

O 17 de marzo, o público italiano volveu indignarse ante a situación política e cultural vivida en Italia, emocionouse ante a interpretación do canto do terceiro acto Va, pensiero, e o director, tras unha breve intervención, invitouno a cantar co coro de novo esta parte da obra. O  “Oh mia patria sì bella e perduta!” – ¡Oh patria miña, tan bela e perdida!- volveu ecoar nos corazóns italianos.

Lembramos o manifesto ético de Stéphane Hessel, Indignádevos, e con eles, indignámonos:

One thought on “Va, pensiero… ou a indignación!

Os comentarios están pechados.