Arredor de Vidal Bolaño: Serafín Marcos, "Unha vida de teatro"

O 2 de maio comezamos o Mes das Letras. A nosa compañeira do equipo achéganos a reseña do primeiro acto co que a

brimos un mes que vén cheíño de actividades culturais no noso centro:

    “Seguindo coa nosa teima de promover as actuacións culturais, invitamos ao noso instituto a Serafín Marcos que, co seu peculiar estilo, achegou o alumnado de 1º de ESO á figura de Roberto Vidal Bolaño. Para iso adoptou a personalidade deste e foi facendo un percorrido pola súa vida, os seus gustos e afeccións, o seu amor pola lingua galega e por Santiago de Compostela e tamén , como non, polo teatro.

     Tiveron a ocasión de participar activamente, xa que de vez en cando reclamaba a  súa axuda  e así, algúns subían ao escenario para ser perruqueiros ou maquilladores, outros axudaban coa cámara na rodaxe dunha escena e acabaron poñendo un nariz de pallaso para sacar unha foto con el.

 

 

     Pasamos un momento divertido e ao mesmo tempo aprendemos e reflexionamos sobre a figura de RVB.”