XV Mostra de Curtas de Noia

Fíxose de rogar, pero finalmente a XV Mostra de Curtas de Noia comeza mañá. Destrás do retraso estaba a tan ansiada recuperación dun dos mellores espazos culturais da vila: o Coliseo Noela.

Do 7 ao 14 de decembro poderemos asistir  a unha cita co cine que se vén posicionando como un evento de referencia. Abrindo boca para as curtas tres longametraxes inician a semana: Little Galicia, Os fenómenos e Funes, o inventor da lúa. 

No xurado, os actores Lorenç González, Adrián Lastra, Patrick Criado, Alejandra Lorente e Michelle Calvó; e  os directores Carlos Sede e David Pinillos. O venres a produtora Bambú presentará Bajo sopecha, serie que emitirá Antena 3 e estarán por aquí Yon González, Blanca Romero, Alicia Borrachero, Armando del Río e Pedro Alonso.

O espazo é fermoso, mais con menor número de localidades. Así pois, estade atentos ao programa que podedes consultar no blog da mostra pinchando na imaxe.

Curtas