Éxito no II Concurso de Microrrelatos de Prensa-Escola

Éxito de dúas alumnas do noso centro no II Concurso de Microrrelatos de Prensa-Escola! Inspirándose nunha noticia publicada por La Voz de Galicia, máis de 180 alumnos  de 5.º y 6.º de Primaria, ESO, Bachalrelato e Formación Profesional de todos os centros educativos de Galiza, enviaron as súas creacións. A nosa alumna María Santiago Mareque, de 1º de Bacharelato, fíxose co premio do xurado, unha videocámara sport. Rebeca Corrales Martínez, tamén de 1º de Bacharelato, foi recoñecida cunha mención especial. Dende o equipo de biblioteca felicitámolas pola calidade dos textos e polos galardóns!!! Parabéns tamén para aqueloutras compañeiras do centro que participaron no certame e, por suposto, para Iria Hernández Luaces, Carmen Yáñez Casanova e Yaisa Pousada Iglesias, as outras gañadoras.

20160406_101534

Disfrutade dos seus microrrelatos, que podedes ler tamén na publicación da noticia:

Trosqui, o Hachiko galego

Lembro que estaba moi contento. Iamos no coche Xoán, Lúa e eu. El conducía e ela levábame diante, entre as súas pernas. A rapaza non deixou de acariñarme en toda a viaxe, de cando en vez caíalle algunha bágoa. Gustaríame poder preguntarlle por que choraba nun día tan bonito.  Estabamos na estrada da Anllada cando o vehículo se detivo, Lúa abriu a porta e eu saín. Agardei a que eles fixesen o mesmo, mais uns segundos despois a porta pechouse de novo e o coche marchou. Senteime a agardar a súa volta. Cando o sol comezou a poñerse decidín refuxiarme nunhas árbores preto de alí.  Sentín frío aquela noite, o meu abundante pelo cor marrón non conseguiu darme a calor suficiente. Así foi durante as longas noites destes catro anos. Sigo aquí, agardando, porque sei que algún día volverán por min.

María Santiago Mareque

La nueva Cenicienta

Viernes. Día de sofá y película con mis niños. Otra vez «La Cenicienta». Otra película donde la sirvienta es salvada por el hombre perfecto. ¡Bobadas! Al principio todos son perfectos… Todavía me acuerdo cuando conocí a mi marido… ¡Un gran partido!, decían todos. Rico, guapo, estudiante de medicina.  Vestido espectacular. Flores, iglesia, familia, risas, baile: la boda perfecta. El día de la boda, la primera bofetada. Y tras esa, otra; de bofetadas, a palizas; de palizas, a urgencias. Ha llegado, preparo la cena y los niños se acuestan. El vestido muy corto, la cena fría,… una patada, otra,…  Me quedé con el ogro, el príncipe debía estar rescatando a otra incauta.

Rebeca Corrales