Benvida ao alumnado de 1º ESO

benvida

benvida-1

O pasado venres o grupo de Artes Escénicas de 4º da ESO, realizamos unha actividade de benvida ós alumnos de 1º da ESO co motivo de darlles a coñecer o centro no que estudarán os próximos anos.

Levounos varios días pensar como nos íamos organizar. Ao final todos estivemos de acordo: os rapaces terían que superar unha serie de probas que os obrigarían a recorrer o instituto.

O primeiro paso era levalos enganados ao salón de actos. Para iso ocorréusenos gastarlles unha pequena broma: a LOMCE mandara un exame de última hora que era preciso realizar con prontitude. Contaría bastante na súa media. Todos caeron na trampa debido a que esta nova lei é algo do que non temos moito coñecemento.

Pedímoslle que levaran as mochilas e continuamos. Tiñan que desempeñar cada proba nun tempo e se a superaban ben obtiñan a firma do monitor correspondente. Bailaron, pintaron, representaron… En definitiva, pasárono moi ben e aprenderon a orientarse polo instituto.

A nós levounos un pouco de tempo pero ao final conseguimos deseñar a actividade dentro da marxe temporal. Foi a nosa primeira organización no centro e sentímonos contentos porque todo marchara ben. Continuamos coa seguinte!!

                                                                                                                   Grupo de Artes Escénicas de 4º da ESO