XVII Mostra de Curtas Vila de Noia

O venres deu comezo a XVII Mostra de Curtas Vila de Noia. A alfombra vermella esténdese ante nós para levarnos a ao mundo da pantalla. Cine, exposicións, concertos, galardóns…

Detrás está o esforzo de moita xente, moitos deles afeccionados que adican o seu tempo a que Noia teña un nome no mundo do cine. Daquel soño que fora hai 17 anos Punto de Xiro, naceron profesionais do audiovisual con renome -produtores, actores, publicistas, directores, cámaras…-.

Esta Mostra volve ter, como cada ano, ese son de fondo que nos leva á butaca.

Pinchade na imaxe para ver o programa: marquesina-noiacurtas