“R2D2 y El Caballero de la Triste Figura”

Onte, parte do alumnado do IES tivo a sorte de poder asistir un ano máis a unha representación do actor Ricardo Frazer que tivo lugar na Casa da Cultura de Porto do Son organizada p0lo Departamento de Lingua Castelá e Literatura. Nesta ocasión propuña unha versión da xenial obra cervantina dun xeito moi orixinal: o actor interprétase a si mesmo na preparación da posta en escena da obra e como procura a maneira de achegala aos mozos e mozas para que a entendan. Para iso contará coa axuda do seu mordomo que non é outro que o coñecidísimo robot da Guerra das Galaxias R2D2 que lle dará unha visión moi especial do ser humano e da xuventude.

Alumnos corrixidaFrazer buena

O actor escolle episodios moi célebres como o dos muíños de vento, do seu nomeamento como cabaleiro andante ou o do mozo Andrés que está a ser castigado polo seu amo. O actor amosa a súa capacidade interpretativa e de transformación no escenario xa que se convirte nas distintas personaxes que interveñen en cada episodio.

image1

Na escena final o actor desaparece para amosar á esencia do cabaleiro: un soñador que loitará pola libertade e a xustiza.