E ASÍ FOI A SEMANA CULTURAL 2018, A COMUNICACIÓN “ONDA TI”

A volta do descanso da Semana Santa foi intensa. Agardábanos a Semana Cultural adicada á Comunicación. Onda ti! Onda nós! Obradoiros, charlas, conversas, debates, reflexións, accións, danza…

Escoitar, falar, expresar, conversar, latricar, contar, cantar, bailar, argumentar, debater, dialogar, atender… Canto disto é preciso recuperar nunha sociedade dominada polas tecnoloxías? Os tempos, os espazos… Cantas referencias? Cantos camiños perdidos? Mais… e as canles abertas? As novas posibilidades que poden enriquecer as nosas vidas? Como vivir e convivir nesta sociedade en transformación?

A biblioteca volveu ser unha vez máis espazo interdisciplinar, aula recurso para acoller outra forma de ensino, a que vai parella a estes días un pouco tolos, coa xente a moverse polos corredores!

Pinchade na imaxe para ver as imaxes:

Semana Cultural