Comezamos cos clubs!!!

Setembro foi mes de estándares, planificacións, programacións, avaliacións iniciais…. Comezamos forte despois dun estupendo verán que semella non querer marchar.

Pouco a pouco as actividades botan a andar e, como non, aí estamos as profas do equipo de biblio cos clubs de lectura. Fixemos xa unha convocatoria para os clubs de alumnos e alumnas, con moito éxito. Fixamos para o 8 de outubro unha primeira sesión conxunta.

O primeiro en reunirse foi o club de adultos, o club Fraga de Novio, cun xantar para comentar o lido no verán, poñer en común propostas para o novo curso e repartir xa a primeira lectura, Rosa cándida da escritora islandesa Audur Ava Ólafsdóttir. Acae moi ben esta obra mesmo ao tema interdisciplinario deste curso, a sostibilidade. Paisaxe, xardinaría, literatura, cine, crecemento persoal… Veremos que nos depara esta novela que foi éxito da crítica.

Seguimos os que estabamos: Sabela, as Lolas, as Carmes, M. Xesús, Isabel, Rut, Salomé, Sonia, Antón, Luís e Stella.  Demos a benvida a Camelia e a Ana!!! Un gustazo, vaia!!!

Algúns de nós asistimos o venres pasado á presentación en Noia do libro de Xerardo Agrafoxo Un país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal. Ha de ser unha lectura interesante para o club, mesmo para ter un encontro co autor. Seguimos coa sostibilidade!