Ano novo, novas lecturas

Durante o Nadal estivemos inmersos no libro de Xosé Monteagudo Todo canto fomos, gañador do Premio San Clemente en língua galega no ano 2016, premio outorgado por alumnos de bacharelato.

Non me atrevería a dicir que os membros do club de lectura de adultos lle concederamos este premio visto o que nos costou meternos en materia. A estrutura do libro pode resultar difícil ao principio, con capítulos curtos de historias aparentemente inconexas, alternando ademáis distintos períodos de tempo. Aínda así, despois de darlle a oportunidade, a historia engancha. Hai que ir xuntando pouco a pouco as pezas do puzzle e todo cobra sentido.

Habería que destacar desta obra unha das súas grandes protagonistas, a cidade de Pontevedra, onde se desenvolve gran parte da trama. Asombra coñecer a historia desta cidade, sobre todo durante o período ilusionante da Segunda República e o seu auxe cultural e social, o cal sería posteriormente aniquilado. O mesmo lle ocorreu á Institución libre de ensinanza, a cal nos aparece no libro da man de Carlota. Todo un descubrimento!

Para febreiro voltamos aos fríos do norte con Arto Paasilina e o seu Bosque dos raposos aforcados.

 

Advertisements