Aprendendo, investigando,gravando na radio… con “Resistencia”

A lectura deste mes do club dos maiores do alumando é Resistencia, de Rosa Aneiros. Andamos con lecturas abeiradas á temática proposta polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil: as Revolucións e a Lusofonía. E imos facendo padal para a viaxe de fin de curso dos clubs a Aveiro co Aquis Celenis!

Así que, mentres os máis novos tiñan a xuntanza na biblio, nós viñemos á aula TIC e á radio! Mentres uns investigabamos sobre algúns dos puntos de interse da novela (os espazos, o colonialismo e a descolonización, a Revolución dos Cravos, Grândola, Inés de Castro…) outros comezaban a gravar un programa na radio cunha lectura de fragmentos da obra. Na seguinte sesión, poñeremos en común o que apredemos e a obra xa rematada.