No Salón do Libro: ilustración portuguesa e teatro para a revolución!

E seguimos celebrando a lectura! Un ano máis estivemos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que mellor destino na semana en que se conmemora, o 2 de abril, o Día do Libro Infantil e Xuvenil! Nos clubs de lectura fomos lendo libros cos que visitabamos a lusofonía e as revolucións, os eixos do Salón deste ano. A xornada do venres foi auga que regou a terra sementada.

Ao chegarmos, recibiunos Icíar no Museo Provincial. Foi a nosa guía no MOTÍM, o Movimento de ilustração portuguesa. Detrás das resonancias de piratas e revoltas, unha mostra dos ilustradores e ilustradoras máis destacados do panorama luso. Un mundo de imaxes que acompañan as palabras. Abril, mes de “mudança”, de “cravos” e liberdade! Mes do libro! “Revolucións ilustradas”!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois, as rúas de Pontevedra, unha cidade acolledora, leváronnos ao Teatro Principal. Alí Sarabela Teatro ía contarnos doutra Celebración, aquela á que non estamos convidados, a que dirixe a clase política que nos exclúe. Cal é a nosa responsabilidade nas mudanzas que debemos procurar?

 

 

Quizais. Non, de seguro, os libros nos contarán dos camiños…