“Balzac y la joven costurera china”. Da reeducación de Mao á liberdade da literatura

Imos chegando ao final das sesións dos clubs de lectura. Desta volta no grupo d@s maiores lemos Balzac y la joven costurera china de Dai Sijie. A revolución china, a etapa da reeducación imposta por Mao nos anos 70, a literatura como porta da liberdade, a música, as tradicións, a paisaxe, a linguaxe visual… Coma sempre, houbo quen disfrutou a lectura e a quen non lle agradou. A posta en común serviu para entender mesmo posturas opostas á obra pero moi ben argumentadas en base a posicionamentos ideolóxicos. Falamos de cine e literatura, do proceso de adaptación desta novela ao cine por parte do autor. Vimos fragmentos e recomendamos a peli. Tamén este enlace do blog Cine e Literatura, de Celia Romea.

No 2001 leramos xa esta obra no club de lectura e recolléramos a recensión sobre a obra.