O bosque dos raposos aforcados

Esta semana tivemos a segunda sesión do club das mozas (e un mozo…🤔) de 4º e bacharelato. O libro: “O bosque dos raposos aforcados”, de Passilina. Rimos, rimos moito. Foi unha sesión ben agradable!🙂🙂👌📖📖 Falamos dos personaxes, da linguaxe, da mestura de realismo e ironía, desa extravagancia vivida como algo natural, da natureza, das guerras incomprensibles, das linguas minorizadas e a súa normalización, da historia de Finlandia no século XX… Rut e eu fomos estando de baixa, por non perder a sesión, pero pagou a pena! Un grupo adorable! Vitaminas que dan azos para seguir!
A presión dos exames de 2Bach fixo que falatasen algunhas…. Este sistema…! 😒