Comezamos o 2020 con Píldoras azuis e estreamos nome!!!!

Cos apuros dos exames da última semana de decembro, aprazamos a xuntanza do club de 4º de ESO e Bacharelato para hoxe. Lemos Píldoras azuis, de Frederik Peeters. Para algunha das mozas do club era a primeira lectura de cómic. Aquí, empeñadas en que lean banda deseñada, en que non saian do insti sen achegarse a este xénero!!!

Da sida, das relacións entre unha parella que ha de convivir con ela. De criar. De namorarse. Da construción narrativa. Dos enfoques, do encadre deses momentos de vida, dos medos, da alegría, do humor, da superación…

E rimos co café. E coa lectura. E, cremos, xa lles gusta un pouco máis o cómic. Seguiremos.

Pero claro, como comezamos ano e tiñamos pendente atopar un nome chusquiño para o club, propuxéronnos varios e escollemos un ben saboroso: LERPEIR@S

A seguinte lectura, O curioso incidente do can a media noite, de Mark Haddon. Ala, unha boa LERPEIRADA!!!