8 de marzo. Mulleres que esculcan horizontes

No 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, no marco do tema interdisciplinario, os movementos migratorios. Cantas! Cantas historias detrás das tataravoas, bisavoas, avoas, tías, nais… Mulleres que esculcaron horizontes! Que procuraron un futuro en Venezuela, Arxentina, Inglaterra, Cuba, Estados Unidos, Uruguay, Suíza, Alemaña, Francia, Madrid, Barcelona, País Vasco…

Traballaron como camareiras, auxiliares de clínicas, perruqueiras, tecedoras, cociñeiras, no servizo doméstico, como montadoras de pezas nas fábricas,  personal employers, en márketing e xestión de empresas e ata como revisoras no Orient Express!

Preguntar, escoitar, recoller datos, e, por suposto, poñelas en valor! Con elas abrimos dende a biblio a exposición dos fondos que nos falan deses camiños e esperanzas, desas historias que falan de nós, do noso pasado. Tan importante para entender o presente!