Recursos da biblioteca na aula virtual

Dentro da dinámica de creación de recursos para o traballo interdisciplinario, o equipo da biblioteca, ademais de formar parte da creación de fichas-guía para a Colección Ferramentas Dixitais, creou novo espazo na aula virtual do centro: Colección Recursos da Biblioteca. Continuamos na liña da educación colaborativa!

Comezamos coa ficha Atopa dende a casa. Aprendemos a buscar nos fondos da nosa biblioteca, na Biblioteca Munipal e en Galicia Le. Entrade coa conta do centro ou como convidados.