Carta ao 2021. Un ano de pandemia

Esta semana cúmprese un ano do peche dos coles pola pandemia. A Covid-19 cambiou as nosas vidas: confinamentos, peches perimetrais, distancias, desinfección, apertas e bicos abeirados agardando poderen darse, medo… E tamén aprendizaxe, descubrir a importancia dos bos momentos, da liberdade do cotiá.

Dende o Departamento de Lingua Galega, o EDNL e a biblioteca, propuxemos en decembro ao alumnado escribir unha Carta ao 2021. Sumouse os curso de 1º, 2º, 3º de ESO e 1º de Bacharelato. De entre as cartas presentadas, seleccionamos dúas por nivel. A vida puxo atrancos no día a día das profes que o levamos e retrasamos a escolla. Cando o fixemos decidimos agardar ata esta semana para darlles ás alumnas e aos alumnos un pequeno galardón. Son Alexo Segade e Manuela Vázquez de 1º de ESO, Águeda Dios e Marta Cánive de 2º de ESO, Samuel Maneiro e Carlota León de 3º de ESO e María Rodríguez e Mariña Castelao de 1º de bacharelato. Parabéns!

Con estas cartas celebramos que resistimos, entre as correntes das fiestras abertas, as distancias nos corredores, as actividades en grupo anuladas, os protocolos estritos… PERO AÍ ESTAMOS, desexando que este 2021 sexa o ano en que recuperamos a LIBERDADE!

Dende o IES de Porto do Son para o 2021!!!

https://issuu.com/home/published/selecci_n_carta_ao_2021__1_