Volve a vida á biblio! Arredor dos cogomelos!

Volvemos ver alumnado na biblio investigando para os proxectos. Isto, aparentemente tan cotiá hai dous anos, é para nós un motivo de alegría, un ir pouquiño a pouco recuperando tempos compartidos, espazos compartidos… O obxectivo desta volta acae ben co outono: os cogomelos :):)