Encontro literario con Carlos Negro

Onte, Carlos Negro visitou unha vez máis o noso centro, desta volta no marco dos Encontros literarios do Plan de Fomento da Lectura promovidos polo Ministerio de Cultura e Deporte para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre unha das lecturas do trimestre. Coñecemos o Carlos poeta, mais nesta ocasión achegámonos ao Carlos narrador, … Seguir lendo Encontro literario con Carlos Negro

“Aplicación Instantánea”, con Carlos Negro

Instrucións de uso (da poesía), catro avatares e desconexión. Pode haber poesía no móbil?, nunha app? Podemos atoparnos nos versos? Si!!!! O alumnado de 3º de ESO achegouse a esa linguaxe que se afasta da gaiola da norma para regresar enriquecendo a palabra con Aplicación Instantánea, a obra coa que Carlos Negro gañou no 2018 … Seguir lendo “Aplicación Instantánea”, con Carlos Negro

XI Xornada dos Clubs de Lectura. Premio para Carlos Negro!

Onte foi un día fermoso. Ver o benquerido Carlos Negro recoller o Premio dos Clubs de Lectura emocionábanos a moitas e moitos de nós que nos sentimos próximos a el a través da súa obra, dos seus obradoiros, da súa palabra serena ou rebelde, como teña que acaer… E escoitalo falara da poesía, da lingua, … Seguir lendo XI Xornada dos Clubs de Lectura. Premio para Carlos Negro!

Poemas de Carlos Negro en Onda Perseveira

Os mozos e mozas do club de lectura dos máis novos andan a aprender nas ondas, nas ondas da radio. E quixeron facelo recitando algúns dos poemas que máis lles gustaron de Carlos Negro. Escolléronos de Makinaria, Penúltimas tendencias e Masculino Singular.         Aquí vos deixamos o podcast: Go to download

Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Hoxe ao mediodía tiñamos unha quedada con Carlos Negro para falar de poesía e para facer poesía.   Os alumnos e alumnas dos dous clubs de lectura puidemos reflexionar con el sobre o que a poesía nos aporta, doce e escura como o chocolate, atrevida, triste, crítica, lúdica… A vida mesma recollida nela. O escritor … Seguir lendo Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Carlos Negro. Makinaria e Penúltimas tendencias. Ou o porqué da poesía

Por que a poesía?  Por que lela? Para que escribila? Carlos Negro tentaba espertar o noso alumnado esta mañá con estas preguntas. Eran cuestións complicadas ás 9:20 da mañá. Estaba de novo con nós para falarnos de Makinaria e de Penúltimas tendencias, as obras que o alumnado traballou neste trimestre. Pouco a pouco, poema a poema, … Seguir lendo Carlos Negro. Makinaria e Penúltimas tendencias. Ou o porqué da poesía

Vinte Dez TV entrevistou o poeta Carlos Negro

O poeta Carlos Negro presentou o seu libro Makinaria no noso instituto o pasado mércores 13 de maio. O Departamento de Lingua Galega e o Clube da Lingua quixeron achegarlles aos alumnos e alumnas de 3º da ESO os versos de Makinaria, un libro elaborado cunha materia poética moi próxima a eles e que o … Seguir lendo Vinte Dez TV entrevistou o poeta Carlos Negro

Carlos Negro presentará mañá 'Makinaria' no noso centro

O Departamento de Lingua Galega e o Clube da Lingua presentan mañá Makinaria, un poemario que algúns de vós xa lestes nos dous primeiros trimestres e que está agardando por vós na biblioteca do noso centro. O seu autor, o lalinense Carlos Negro, é un poeta que exerce profesionalmente de profesor de lingua no CPI … Seguir lendo Carlos Negro presentará mañá 'Makinaria' no noso centro

Carlos Negro presentará mañá ‘Makinaria’ no noso centro

O Departamento de Lingua Galega e o Clube da Lingua presentan mañá Makinaria, un poemario que algúns de vós xa lestes nos dous primeiros trimestres e que está agardando por vós na biblioteca do noso centro. O seu autor, o lalinense Carlos Negro, é un poeta que exerce profesionalmente de profesor de lingua no CPI … Seguir lendo Carlos Negro presentará mañá ‘Makinaria’ no noso centro

Premiados no VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

Onte á tardiña, na Fundación Rosalía de Castro, Clara Tomé Mariño, de 4º de ESO, e Jesús Vázquez Pajares, de 1º de Bacharaelato, recolleron o galardóns do VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, que convocan a Fundación e O Corte Inglés. Nos seus poemas ofrecen unha nova mirada dos cadros de Seoane. Palabra … Seguir lendo Premiados no VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro