Se queres dicirnos algo sobre un libro (bo ou malo, tanto ten).
Se queres aconsellalo ou desaconsellalo. Dicirnos que foi unha fermosa experiencia, ou polo contrario, unha lata.
Este é o lugar.Faino aquí abaixo, nos comentarios.
Só tés que respectar varias normas.
0.- Dinos quen es ti, (e non mintas sobre quen es). É dicir: asina o que escribes.
1.- Dinos que les. É dicir: fai unha ficha bibliográfica mínima do libro: Autor /título/editorial.
2.- Escribe con total liberdade, é dicir: con total responsabilidade.
3.- Sé ti mesmo cando escribas. Faino con orixinalidade. Dá o mellor de ti. Non te conformes. Sorpréndenos. E nunca, nunca teñas medo de dicir o que pensas (pero antes terás que pensar o que dis, non?).
Unha aperta do equipo da biblioteca do Porto do Son. Ánimo.
David (profe de galego).
Non estou lendo nada e leo de todo. Á beira da miña cama hai unha vella maleta de madeira chea de libros, son os que miro cada día; os que se van indo pouco a pouco e deixan sitio a outros e a outros: agora están alí unha “Historia de la Literatura Universal” de Valverde; algo de John le Carre “Smiley people”; “A ponte sobre o Drina” de Ivo Andric; “Nao entres tao de pressa nesa noite escura” de Lobo Antunes; “O espello no serán” de Otero Pedrayo; “Breve Historia de Inglaterra” de Chesterton; “Hordas de palabras” de Chus Pato; “Historia del hambre en España”, eu que sei, libros sobre cine e guión cinematográfico. Noto a falta de vellos amigos que me acompañaron durante meses: “Memorias de Ultratumba” de Chateaubriand (unhas 3000-4000 pax marabillosas); Diarios de Victor Kemplerer; Masa y Poder de Elias Canetti; Guerra e Paz de Tosltoi, O Quixote de Cervantes ( que é un costume máis que unha lectura, que risas), algunha cousa de Rubem Fonseca, Rosalía, Ferrín, eu que sei?. E outros que pasaron fugazmente: a serie de Larsson, Harry Potter, Eragon, O señor dos aneis: lecturas rápidas e moi entretidas. Pero prefiro os outros, os que non se deixan ler dunha tacada, os que tes que remoer, reler, os que se arrepoñen e hai que vencelos con teimosía e entrega, deixar e volver, os que fan compañía cada día e cada día son novos compañeiros.
Que fidelidade tan grande a dos libros: gústame o seu silencio, a súa paz, a súa seguridade, a súa permanencia. (Algúns, moi poucos (son fillo de labradores), estaban na casa antes de nacer eu e de nacer os meus pais e estarán moito despois de que eu morra). Espero ter sido un compañeiro leal deles. Espero ter estado á súa altura.
Lede… (aquí gustaríame poñer un taco destes de tres liñas). Non vos decatades do importante que é.
GústameGústame
O neno co pixama de raias.
Neste libro podemos ver unha terrible realidade, na que os nenos son pouco conscientes do que fan os adultos. A pesar diso manteñen unha amizade por riba de políticas e relixións. Sen dúbida recomendaría esta obra aínda que virades a pelicula.
GústameGústame
OPINIÓN PERSOAL SOBRE O LIBRO O ARMIÑO DORME DE XOSÉ ANTONIO NEIRA CRUZ:
Gustoume moito este libro. Aínda que en ocasións resulta un pouco complexo en canto a vocabulario, penso que iso representa mellor a época na que vivía a protagonista: non podemos esperar que ela fale coma nós, xa que lle quitaría verosimilitude á historia. Creo que a idea de relatar esta historia en 1ª persoa é moi acertada, porque aínda que a min e a Bia, a protagonista, nos separan dous países e varios séculos, sentínme en todo momento na súa pel e só por iso creo que se trata dun bo libro. Ademais, paréceme que o autor fixo un importantísimo traballo de investigación para escribir O armiño dorme. Eu, sen darme conta, aprendín moitísimo dunha época que sempre me gustou moito, o Renacemento, pero na que nunca cheguei a afondar, e, ademais, no escenario perfecto: Florencia, cidade que fai moitísimo tempo que teño ganas de coñecer.
Gustoume moito a cita:
“É grande esixencia agardar que o sedento comprenda as razóns para non beber, cando sabe con certeza onde abrolla a auga toda do mundo, a que máis fresca e sabedoira lle pode acaer ó padal” porque me pareceu unha comparación moi expresiva, que describía perfectamente a situación na que se atopaba a protagonista nese momento.
GústameGústame
OPINIÓN PERSOAL SOBRE O LIBRO O ARMIÑO DORME DE XOSÉ ANTONIO NEIRA CRUZ:
Para ser sinceiro este libro decepcionoume, hei de recoñecer que a min en especial xa non me “gustan” as historias de amor, pero ademais esta emprega un vocabulario moi elaborado e é difícil de entender.
Suponse que a protagonista da historia, Blanca de Medici, ten a nosa idade, pero ningún de nos fala dese xeito, o que fai difícil a lectura e seguimento da historia.
Durante a maior parte da obra a protagonista fala da súa vida, e a parte interesante da historia, o nó e o desenlace, transcorre precipitadamente nas últimas 30-20 páxinas.
GústameGústame
OPINIÓN PERSOAL SOBRE O LIBRO O ARMIÑO DORME DE XOSÉ ANTONIO NEIRA CRUZ:
Pareceume un bo libro. Ó principio pensei que non me ía gustar porque era un pouco pausado pero despois van ocorrendo sucesos que che impulsan a seguir lendo. Aportoume un mellor coñecemento da Florencia daquel tempo e unha fermosa historia de amor que lembrar.
Citas que merecen a pena lembrar:
“A mente esquece, o corazón endexamais para de lembrar”.
GústameGústame
Tamara, copia literalmente a cita, sempre é máis claro que estar a buscar páxinas.
GústameGústame
Naruto é un serie de manga adaptada ao anime que narra a historia dun ninja que quere converterse en hokage (máxima autoridade ninja). Naruto ten encerrado dentro do seu corpo o Kyūbi, un raposo-demo de nove colas, que destruíu a súa aldea e tiveron que encerralo dentro del para que deixase de destruílo todo. A historia principal segue a Naruto e o crecemento individual dos seus amigos, xunto á súa evolución como ninja.
Os personaxes da serie teñen habilidades especiais, e nela líbranse moitas batallas. A serie divídese en dúas tempadas: “Naruto” e “Naruto Shippuden”, que é a que está na biblioteca do noso centro. A miña recomendación é que vos animedes a ler o manga, xa que é un dos mellores que coñezo, e se vos gusta aproveitade e mirade tamén o anime.
GústameGústame
The Sandman, de Neil Gaiman.
O comic conta como unha muller se mergulla nunha terra dos soños que tiña esquecida dende que a deixara o mozo, mentres as súas compañeiras intentan salvala entrando elas tamén, por medio da maxia.
GústameGústame
Unha estrela no vento conta a historia dun mozo chamado Miguel, ao que todo lle sae mal: a escola, o pai, o Bruto, etc. Un día recibe unha paliza do Bruto, e os seus amigos queren devolverlla. Pero Miguel coñece a Reina, a irmá do Bruto, e todo empeza a cambiar.
Este libro gustoume moito porque conta a historia dun rapaz e é como se lle sucedese todo a un amigo meu, por iso quedei intrigada durante a súa lectura.
GústameGústame
Unha estrela no vento
Está é unha historia que conta a vida dun rapaz de dezasete anos que se chama Miguel Foz. Vive na casa cos seus pais e súa irmá pequena Paula. Miguel aínda vai ao instituto. Pensa que a súa profesora de literatura lle ten manía, ata que esta un día despois de moitos días preguntándolle polos deberes, que nunca os tiña, respondeulle cunha contestación que deixou a todos parvos. Isto fíxoo acompañado dun precioso poema que inventara nese mesmo intre.
Un día cando foi á Lagoa, o bar ao que adoitaban ir el mais os seus amigos, atopouse cunha moza que vendía rosas. Era xitana. Chamábase Reina. Fixéronse moi amigos e quedaron de verse todos os días que puideran nese lugar. Así o fixeron.
Uns días despois, ao saír do bar, atopouse co Bruto e os seus amigos. Comezaron a meterse con el e acabaron dándolle unha malleira que o deixou no hospital. Durante uns días non podería moverse moito polas feridas que tiña no abdome producidas pola malleira.
Por outra banda, o seu pai foise de viaxe de negocios, segundo o que contara na casa, pero non era verdade. Ó que ía era de vacacións coa súa amante. Miguel descubriuno, e cando se decatou da verdade a súa nai botouno da casa. Esta tivera que ir ao enterro da súa irmá máis do seu cuñado, pois morreran nun accidente. Tiñan un fillo en común que se chamaba Abel. A nai de Miguel traeríao para vivir con eles.
Nos seguintes días de clases todo o mundo o miraba con cara rara pola malleira recibida.Todos se puxeran de acordo para devoverlle a malleira ao Bruto e aos seus amigos.
Estando todos na Lagoa dúas tardes antes da pelexa, entrou Reina e contoulle a Miguel que ela era a irmá do Bruto. El quedou algo asustado pero non ía desconfiar dela. En cambio, o Maqui,que era un dos amigos de Miguel, non confiaba nela. Miguel e o Maqui pelexaron por culpa de Reina ata que este se foi para o bando do Bruto. Esa noite cando Miguel e Reina estaban paseando atopáronse cun amigo do Bruto que lles avisou de que ía ir xunto a el e lle contaría todo, pois ela non podía estar a esas horas da noite fóra da casa sen permiso do seu irmán. Cando chegou este á Lagoa despois de ser avisado que a súa irmá estaba fóra da casa sen o seu permiso, Miguel empezou a pegarlle. As cousas acabaron mal e cando marcharon os outros, Miguel díxolle a Reina que non podía ir para a súa casa, que el a acollería na del mentres os problemas non se arranxasen. Ela aceptou.
Por fin, chegou o día da pelexa. Cando todos estaban alí, puxeron unhas normas: non se podía tocar nin a Miguel nin a Abel. O Maqui algo tramaba, pois non paraba de rir. Cando todos estaban pelexando, este acercouse a onde estaban eles e Miguel, ao estar aínda mal pola ferida, e Abel, que era minusválido, non se puideron defender. A Miguel chantoulle unha navalla no estómago, xusto na ferida, para que non puidese berrar mentres a Abel o tiraba por un acantilado abaixo.
A Miguel deixouno no hospital e Abel morreu.
Agora, Reina e mais Miguel van todos os meses ao acantilado a recordalo para encher ese vacío que teñen, pois os dous o querían moito e el a eles tamén.
O personaxe que máis me gustou e chamou a atención foi Abel, polo seu sentido de ver a vida e pola súa maneira de comportarse ca xente.
O personaxe que menos me gustou foi o Maqui, pois traizoou os seus amigos no último momento. Ademais diso, pareceume un mal xesto que empurrara así a Abel polo acantilado abaixo, sen el ter culpa ningunha.
O que máis me gustou deste libro foi a forma de contar o que lle sucedía e pensaba Abel.
Con esta historia aprendín varias cousas, pero entre elas, que non hai que confiar en todas as persoas, pois algunhas pódenche traizoar.
Esta obra recoméndolla ás persoas ás que lles gusten as historias e finais máis ben tristes.
GústameGústame
Cabeza de medusa, Marilar Aleixandre.
Nesta historia, ao igual que no mito da Medusa, móstrase a culpabilidade que levan as violadas en lugar do violador. Medusa foi violada por Poseidon no templo de Atenea. A deusa enfurecida transformou o pelo de Medusa en serpes e botou sobre ela a maldición de que quen a mirara se convertiría en pedra. Neste libro de Marilar Aleixandre compárase a súa historia coa de dúas rapazas violadas unha noite ao saír dunha festa e como seguen as súas vidas despois do sucedido.
Recomendo este libro pola maneira na que ve a vida e porque ten un final feliz.
GústameGústame
Arno, ao chegar da escola, atópase a seus pais asasinadosOs pais de Arno eran uns famosos científicos que tiñan un proxecto para mellorar o futuro de Ferrocoruña: o Proxecto Pomba Dourada.
Arno métese no ordenador de seus pais e danlle pistas para que só el poda acertar a contrasinal, que é MERLÍN. Sae un vídeo de seus pais dándolle unhas claras instrucións e a localización dun Anel tecnolóxico que lle dará consellos e que só está na súa mente, que tamén se chama Merlín.
Agora ten que ir a Fisterra, tal e como dixeron seus pais. No camiño coñece a Tullido, Gwendaill e ao xigante Imaz, que son Borrallas. Nesta viaxe, toparase cunha longa serie de aventuras que poñerá en perigo a súa vida, a dos demais e a de Pomba Dourada.
A historia remata cando Arno logra chegar a Fisterra e entrega o proxecto Pomba Dourada no laboratorio do Mestre Cego, para así conseguir mellorar o futuro informático de Ferrocoruña e, probablemente, do mundo.
GústameGústame
A CABEZA DE MEDUSA:
Marilar Aleixandre é doutora en Bioloxía, Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio e actualmente é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
Escribeu literaturatura infantil, xubenil e para adultos como A formiga coxa, Agardando polos morcegos, Lobo nas illas, Teoría do Caos etc.
Persoalmente o libro gustoume moito.
A diferenza de outras novelas, non se basea nun feito irreal que nunca pasaría, senón que conta unha historia que lle podería pasar a calquera rapaza da idade de Sofía e de Lupe e cunha vida normal, que cambia no momento en que decinden subirse ao coche duns descoñecidos.
Pon de manifesto as distintas visións da sociedade, sexan boas ou malas, ante un mesmo caso.
Foi un relato que me pareceu moi entretido dende o primeiro momento, ademais de porque os protagonistas teñen máis ou menos a nosa idade, o que nos facilita entender mellor o que senten en cada monento. Empeza contando como era un día normal antes do sucedido e vainos narrando a historia de forma que vexamos como reaccionan os personaxes ante o que senten. E sobretodo móstranos como pode chegar a cambiarche o resto da túa vida con tan só unha decisión tan simple como decir si ou non.
GústameGústame
A cabeza de medusa
Marilar Alexandre é profesora na universidade de Santiago e escritora de varias obras como: “Nogard”(1994), “A expedición ao Pacífico” (1994), “A banda sen futuro” (1999) e “Compañía clandestina de comtrapublicidade” (1996).
A cabeza de medusa é o libro que eu escollin para ler e disfrutar. Cóntanos como dúas rapazas despois de sufrir unha agresión son rexeitadas por unha parte da sociedade.
Este relato non só me gustou , tamén me fixo pensar que aínda que xa non esteamos nun país machista hai aspectos da sociedade que teñen que seguir cambiando.
GústameGústame
Trece anos de BRANCA
Este libro que lín vai dunha rapaza chamada Branca, que cando menos o espera enferma de hepatite (un virus no fígado) e isto ocórrelle nin máis nin menos que nas vésperas do seu cumpreanos.
O día do seu cumpreanos, seus pais e mais seu irmán lévanlle os regalos á súa habitación, inda que ela agarda con máis ilusión a visita dos seus amigos e amigas xunto con cadanseus agasallos. Un dos regalos da súa mellor amiga é un álbum de fotos, e ela pensa que non pode usalo porque non ten fotos para poñerlle, pero entón aparece súa nai acarrexándolle fotos e máis fotos. Entón, Branca comeza a colocalas e así como o vai facendo vai recordando cousas e anécdotas de tempo atrás, como por exemplo unha foto do rapaz que lle gusta, chamado Lois, que vai na mesma clase ca ela e que ten un problema coa profesora de matemáticas, a que os alumnos chaman “a Víbora”, e está empeñada en facerlle a vida imposible ao seu namorado Lois para que o expulsen do instituto.
GústameGústame
TRECE ANOS DE BRANCA pareceume un libro un tanto entretido. O que máis me gustou foi cando empezou a falar de Lois e a sua expulsión. Recoméndolle este libro ás persoas que lles gusten os libros da vida mesma, os libros que contan o que pasa na realidade.
GústameGústame
Rinocerontes e quimeras de Marcos S. Calveiro:
Marcos Sánchez Calveiro nace en Vilagarcía de Arousa en 1968, e actualmente, á parte da súa afección á escritura, exerce como avogado. Destacan del as obras: “O carteiro de Bagdad” (2007), “Sari, soñador de mares” (2006), “Rinocerontes e quimeras” (2007), “O canto dos peixes” (2008), “O pintor do sombreiro de malvas” (2010), “Festina lente” (2008) e “Cartas do terceiro día” (2007).
Sete historias desgraciadas, sete monstros de circo encerrados nun vagón de tren e todo o tempo do mundo para que esas historias, atrapadas na memoria dos seus protagonistas poidan ser, ó fin, relatadas.
Necesitei ler o libro dúas veces, xa que ó principio non me convenceu tanto como a segunda vez, que rematou por encantarme.
Á historia resultoume bastante crúa, a pesar do seu final esperanzador. Penso que quizais non foi o feito de que os personaxes recibisen tan mal trato por ser diferentes o que me impactou, senón como eles mesmos acababan por admitirse monstros, que non poden sentir como os seus semellantes nin levar unha vida normal.
Nalgunhas ocasións os personaxes facíanme recordar a cita de Frankenstein “son malo porque son desgraciado” como no caso de Balote, Nenopingüín ou o propio Míster B, e que case xustificaba o seu comportamento.
Á parte disto, gústame a situación temporal da novela: finais do século XIX, o cine está na súa infancia, a televisión tardará en inventarse e aparecen esas curiosas imitacións da vida, os autómatas, que a pesar do mal papel que xogan na novela, eu os encontro moi fermosos.
GústameGústame
Necesitanse cantantes e cantantas para facer un musical no insti.
No grupo de 3ºC propuxemonos a facer un musical por todo o alto, o guion esta casi feito e o equipo busca a cantantes bos, as audicions son o xoves 25 de novembro.
GústameGústame
Eu lin o libro ‘Settecento’, de Marcos Calveiro, da editorial Xerais.
Se o comecín a ler foi por obrigación da materia de galego, e quero dicirvos que se puidera elixir… non o lería.
É un libro non moi extenso, pero cun vocabulario moi complexo (é un libro en galego). O libro consta de 2 tempos (pasado e futuro) que os intercambia ao longo do libro, é dicir, fai unha mestura entre o que acontece e o que vai acontecer. Non sei si me entenderedes. Ademais, conta con dous lugares principais onde acontece a historia. A aqueles que lles guste a intriga ata o último momento, este é o libro perfecto.
A historia en si está ben plantexada ou a min gustoume. Eso si, se tendes pensalo ler non vos paredes a buscar todas as palabras no dicionario porque perderedes moito tempo. É mellor que supoñas o que é e seguir lendo. 😉
GústameGústame
-AIRE NEGRO.
-Agustín Fernandez Paz.
-Xerais, Fora de Xogo, nº42
Este libro, nun principio pareceume interesante, pero a medida que ía lendo e a realidade daba paso á fantasía, íame desgustando porque a historia non se encamiñaba por onde eu cría.
A narración vai sobre unha moza autista que está nun psiquiátrico porque non lembra o seu pasado e de como o seu médico intenta curala cunha terapia para recuperar os seus recordos. Deste modo vanse metendo nun mundo fantástico que os levará a un tráxico desenlace.
GústameGústame
OS OUTROS FEIRANTES
Osa outros feirantes é un libro de Álvaro Cunqueiro (hai 100 anos que naceu), que consta de 49 relatos, con tradicións e costumes galegas, cun toque humorístico.
Para meu gusto os mellores relatos foron:
“A voadora de serantes”(pax 59), “A orella dereita de Antón Leivas”(pax63), “Peleteiro da Bouza”(pax 99), “Braulio Costas”(pax123), e por último e mellor, ”Padin de Cariacedo”(pax 157).
É un libro entretido e fácil de ler, recomendado para os máis vagos xa que entre relato e relato hai unha folla en Branco.
GústameGústame
Terra libre
O cómic Terra Libre está escrito e debuxado por Fran Jaraba. A súa única edición foi no 2008.
Este libro ilustrado trata da Guerra de Independencia Cubana no 1898, cando Chinito que era o líder da guerrilla que intenta conquistar territorios a España.
Na miña opinión, o relato está moi ben, gustoume pola recompilación de datos que hai e a ambientación histórica.
GústameGústame
O álbum ilustrado De Profundis de Miguelanxo Prado foi publicado no 2008 por El Patito Editorial.
É un dos libros máis coñecidos do autor. Tamén foi levado ao cine no 2007.
O libro é do xénero narrativo-romántico.
Trata de dous namorados que viven nunha casas no medio do mar. A muller sempre toca o violonchelo e o home é un pintor obsesionado co mar. Un día este foi pescar cos mariñeiros pero unha tormenta fixo afundir o barco.
Recomendo este libro ás persoas que lles gusten os álbums ilustrados, o xénero romántico e a vida do mar.
GústameGústame
A miña planta de laranxa lima.
Este libro foi escrito polo escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos, escrito en 2003, pero traducido ao galego no 2008.
Vendéronse milleiros de exemplares, a pesar de que o autor xa faleceu.
Argumento:
Un rapaz pequeno chamado Zezé, vive nun barrio marxinal de Brasil, pero tense que mudar a outra casa, por falta de pagos.
Son cinco irmáns e só traballa o pai xa que a nai, foi despedida recientemente.
Na nova casa había un xardín con árbores, e cada irmán escolleu unha árbore, Zezé tivo que coller a única árbore que quedaba: unha pranta de laranxa lima pequena que non lle gustou, pero logo encantoulle; e converteuse no seu mellor amigo, ao que chamaba Minguiño ou Xururuca.
Zezé para sacar cartos, tiña un caixón de limpabotas para limparlle o calzado á xente que pasaba pola rúa. Tódolos martes ía co señor Ariovaldo para vender papeis con letras de cancións da época.
Aínda que o que máis llegustaba era xogar aos “cowboys” e ás bólas.
O pobre era listísimo, así que vai á escola dicindo que ten seis anos.
El é un rapaz moi intelixente, pero non é feliz porque é moi traste e pegábanlle palizas na casa e por riba séntese moi só; ata que coñece a Portuga, quen lle cambia a vida e co que vivirá moitas aventuras ata que un día…
É un libro bonito, aínda que a min pareceume moi triste e profundo, tamén che fai reflexionar e dar grazas da sorte que temos.
Para os máis vagos: É un libro fácil de ler, con letras grandes e debuxos.
Sergio 4º B
GústameGústame
Recomendo un libro chamado “ Los últimos gigantes ” de FranÇois Place,
na que o protagonista (Archibald Leopold Ruthmore) descobre por casualidade, nunha tenda, un gran dente de balea, pero en realidade, non era un vulgar dente de balea, senón un dente de xigante que o levará a vivir múltiples perigos e aventuras a través do país dos xigantes.
GústameGústame
O PORCO DE PE
Este é un libro escrito por Vicente Risco nos anos 90, que se resume así:
O protagonista, don Celidonio Latas Tinajero casou con Nicasia cando lle morreu a nai; o pai posteriormente morre e déixalle á sua filla e a seu xenro a tenda; e este vai crecendo ata chegar a alcalde de Oria.
É un home materialista que se move só polos cartos, un ignorante, gordo e agarrado;e seu antagonista, o doutor Alveiros, un home educado, intelixente e en forma.
O escritor Vicente Risco usa este libro para expresar como era a sociedade da época e faino:
Ridiculizando ós comerciantes (Mediante Don Celidonio e Baldomero),
crítica aos obreiros, aos sindicalistas, ao comunismo; crítica a toda a sociedade en xeral, por ignorantes.
Sobre todo crítica á política: Todos son corruptos e están aí por cartos
O libro non me gustou, non é un libro fácil de ler aínda que non é longo, pero non narra unha historia en concreto, senón que se vai moito polas ramas con sucesos, descripcións e con moitas enumeracións.
GústameGústame
Eu recomendo persoalmente, que todos lean ‘Los Juegos del Hambre’. É unha trioloxía moi interesante, e que engancha moito. Non é difícil de entender, cada libro ten moitas páxinas e así tamén practicas a lectura. Ten aventuras, amor… Están xenial, e logo vai salir ‘En Llamas’. Recomendoos, de verdade.
GústameGústame