
Laxeiro, o pseudónimo co que sempre asinou as súas obras José Otero Abeledo, foi a figura homenaxeada no ano 2022 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes.
É unha das figuras máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega. Emigrado, vangardista e orixinal espandeu a cultura rural e tradicional galega a través das súas obras pictóricas.
Fixemos unha selección dalgunhas das súas producións que podes ver na exposición que colocamos nas cortizas que hai nos corredores próximos á biblioteca e tamén no noso blog ‘etikeles’. Inspirándote nelas o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e o de Biblioteca propoñémosche que escribas un microrrelato. Para iso deberás escoller un dos seus cadros e expresar aquilo que che suxira dun xeito literario.
Recordámoste que no blog tes consellos para escribir un microrrelato e podes ler algunha mostra: https://etikeles.wordpress.com/2016/04/12/microrrelatos-sorprendendo-o-lector/
BASES
- Os microrrelatos deben presentarse en galego, independentemente de que conten para a materia de castelán ou de galego.
- Cada persoa só poderá entregar un.
- Has de inspirarte nun dos cadros de Laxeiro (incluídos os gravados). Escólleos entre os que figuran na exposición (nela tes un libro sobre Laxeiro como pintor que podes consultar) e no documento que aparece na entrada do blog e da AV. Copia a imaxe no documento que entregues ilustrando a túa creación. Inclúe un pé de foto co título.
- Os textos deben ser orixinais.
- Publicaranse no blog da biblioteca os gañadores e unha selección dos presentados.
- O xurado resérvase o dereito de deixar deserta algunha das categorías se os textos carecesen de calidade.
- Os traballos entregaranse á profesora responsable a través da Aula Virtual en formato pdf cun pseudónimo e contarán para nota para a 2ª avaliación desa materia (Lingua Galega ou Lingua Castelá).
- O prazo límite de entrega será o venres 3 de marzo de 2023 e fallarase o premio o día venres 31 de marzo de 2023 no primeiro recreo.
- A entrega de premios terá lugar na biblioteca no 2º recreo do día 31 de marzo.
CATEGORÍAS
- A: 1º e 2º de ESO
- B: 3º e 4º de ESO
- C: 1º e 2º de BACHARELATO e ciclo.
PREMIOS POR CATEGORÍAS
En cada categoría haberá dous premiados. O premio será…