A Guía colaborativa para celebrar o Día Mundial do Libro no 2016

Un ano máis queremos celebrar xuntos o Día do Libro repartindo nos centros, na Biblioteca Municipal, nas Casas de Cultura, nas librarías… e a toda a comunidade educativa a GUÍA DE LECTURA COLABORATIVA que coordinamos dende o equipo de biblioteca -que vén a sumarse ás que editamos dende o 2009. Convidamos á lectura coas propostas dos colexios de Portosín, Sobrado-Nebra, Campanario, Caamaño, Carballosa, Seráns e Xuño, a Biblioteca Municipal e o IES de Porto do Son.

//e.issuu.com/embed.html#1399044/35088940

Agradecemos ao Concello a súa colaboración para a publicación.

Con cada recomendación, con cada sesión dos clubs de lectura, con cada contada aos pequenos dos coles, con cada recitado… unímonos ao espírito da frase de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, escollida para  conmemorar esta data o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2016:

« Non hai nada como un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza par crear e compartir a sabiduría e o coñecemento”.

Cervantes morreu o 22 de abril de 1616 – foi enterrado o 23-. Cúmprense 400 anos da súa morte. Nun 23 deste mesmo mes falecían tamén Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega se cumpre tamén o IV Centenario. 

Silvia fixo un cartel lembrándonos esta data: dende a nosa biblioteca anímanos a ler acompañada dun Cervantes ben simpático ao que non podían faltar os seus MUÍÑOS DE VENTO!!!

Cervantes Silvia

Pero tamén nos chega este Cervantes concentrado no seu traballo na biblioteca co colexio de Portosín! Que mellor lugar para atopar inspiración!

Cervantes

Aquí vos deixamos o cartel da UNESCO para este día:

Dia-mundial-del-libro-y-del-derecho-de-autor-Libro-y-Rosa-UNESCO-ES (1)

O galo Mirindolo e os nosos álbums ilustrados

O Nadal é sempre unha boa época para sacar aos corredores algunhas das alfaias da nosa biblioteca: os álbums ilustrados. Ao carón das palabras,  Jimmy Liao, Benjamin Lacombe, Rebecca Dautremer, David Daniel Álvarez, David Pintor ou Innocenti impactan, evocan, emocionan e cuestionan coas súas imaxes.

Mais nesta ocasión temos un novo membro entre os nosos álbums: aXente Corrente. Galo Mirindolo escrito por Tino Fuentes, musicado por Xoglares e editado por AgaSalle.  O responsable da calidade plástica do libro é Fernando de Castro, un dos nosos compañeiros do Departamento de Plástica, que nos permitiu expoñer os bosquexos e probas de imprenta que nos falan do proceso de creación na ilustración.

Como veredes, este galo ben moderno loce a súa cresta con fachenda merecida. Non é pouco o seu labor: guiarnos no comportamento que debemos ter como pasaxeiros, peóns ou condutores. O libro ofrece un diálogo de imaxes en cor e branco e negro, de estéticas realistas e anovadoras, de vida e arte, de educación e lecer. Palabra, debuxo e son.

O galo Mirindolo saúda a maiores e pequenos dende a cuberta co seu sombreiro. Seguro que nos coles e nas nosas casas ha de dar que falar e que cantar!!  Será un bo agasallo nestas festas!!!

2013-12-16 01.40.43

Comezamos recomendando…

Estamos aquí de novo. Con ánimo para vencer recortes, dificultades, aumento de alumnado nas aulas… Ilusionados ao retomar proxectos e implicándonos nalgúns novos.

Un dos cambios é a apariencia do blog. Non é un deseño novo. Houbo mudanzas en blogaliza e estamos á espera de ver se o anterior se pode recuperar.
Etrementres, comezamos cunha recomendación. Sabedes que os álbums ilustrados son unha das nosas paixóns. Setembro -case semella abril polo inestable do tempo- convida a visitar a exposición do ilustrador Rodrigo Chao que está a ter lugar no Liceo de Noia. Unha boa forma de acubillarse da chuvia mentres non volve o sol!expo-septiembre-600x843

Guía de lectura 2014: Mes do libro

Un ano máis achegámovos a Guía de Lectura Colaborativa que coordinamos dende a Biblioteca do noso centro e elaboramos coa Biblioteca Municipal, as EEI de Caamaño e Carballosa e os CEIP de Campanario, Portosín e Sobrado-Nebra. Á volta, no Día do Libro repartirémola ao alumnado e profesorado, mais tamén poderedes atopala na Casa de Cultura -acompañando a mostra sobre o teatro que este ano expoñemos durante todo o mes- nas librarías, no centro de día, etc. BOAS LECTURAS!!!!

Abril 2014 : día do libro

http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&c=dfdfdf&pl=as&p=2120011_635326124322595000&fi=1

More PowerPoint presentations from etikeles

Recomendando álbum ilustrado

No club de lectura dos benxamíns van ler álbum ilustrado. María Xesús e Teresa seleccionaronestes títulos entre o amplo fondo deste xénero que temos na biblio . Disfrutarédelos!

Retomamos o club de lectura!

DSC09114

Retomamos un ano máis as actividades do Club de Lectura dos maiores. Botamos en falta nesta primeira reunión a Daniel, Claudia, Fran, Pablo, Sandra e Rocío que andan xa incorporados aos estudos universitarios – e á movida que acompañan as horas de esforzo, seguro!- pero seguimos contando con Iria, Estrella, Alba, Sandra, Ángel, Nerea e Sara, e temos novas incorporporacións: Miriam, Rocío, Lúa, Alejandra e Antía. De seguro, alguén se irá achegando ao longo do curso.

Grazas a todas e a Anxo – este ano o único chico- por acompañarnos nestas sesións de libros, cine, café, colacao e galletas! Un pracer!

Pois ben, comezamos cunha proposta diversa en xénero arredor do tema dos movementos migratorios: cine, álbum ilustrado, cómic, poesía e relato.
welcome_cartel                                                           emigrantes

nómades

geografias-mario-benedetti

"Vai de mar" e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro

No Día do Libro Infantil e Xuvenil no que se conmemora o nacemento de Hans Cristian Andersen, inauguramos, na Casa de Cultura do Concello de Porto do Son, a exposición “VAI DE MAR e o Álbum Ilustrado”, que permanecerá aberta ao público ata o 21 de abril.

A mostra enmárcase nas actividades de promoción da lectura que, coordinadas polo  equipo de biblioteca do IES, se veñen desenvolvendo en colaboración cos centros de ensino do Concello e a Biblioteca Pública Municipal. Dende a entrada da nosa biblioteca no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, este foi un dos nosos obxectivos, saír do centro ao entorno, dirixirnos e implicar neste labor á sociedade.

Se o abril pasado achegabamos á comunidade educativa o mundo do cómic, este ano pretendemos poñer en valor un xénero que nos apaixona, un xénero que trascende o ámbito do público infantil e xuvenil e que engaiola tamén aos adultos: o álbum ilustrado.

“VAI DE MAR”  é unha exposición que recolle os traballos de 17 ilustradores e ilustradores destacados do panorama galego, como Miguelanxo Prado, Irene Fra, Manuel Huía, Pepe Carreiro, Ánxeles Ferrer, Xosé Cobas… Artistas de recoñecemento internacional. GÁLIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil cedeunos a mostra que estivo presente, por exemplo,  no III Congreso Ibérico de Literatura Infantil e Xuvenil e no Salón do Libro. É un acompañamento perfecto para os álbums que queremos compartir con vós.

O álbum ilustrado está a ser un dos xéneros destacados na literatura, pois une dous aspectos primordiais para o lector: a calidade do texto e a da ilustración. Presentámosvos publicacións e traducións ao galego e ao castelán de editoriais como OQO, Kalandraka, Edelvives, Bárbara Fiori,  El Jinete Azul… Os seus nomes son un referente na Literatura Infantil e Xuvenil, asociados a ilustradores galegos enriba citados e a outros nomes recoñecidos no ámbito internacional como Benjamin Lamcobe, Shaun Tan, Innocenti, Rebecca Drautremer ou Jimmy Liao. Pudeira parecer que os textos están destinados exclusivamente ao público infantil e xuvenil, mais este é un xénero que transcende o mundo da infancia e engaiola aos adultos. Como docentes, somos conscientes do valor que a calidade na ilustración ten na educación do gusto pola lectura.

Non menos relevantes, son os traballos dos alumnos que aquí podedes ver: ilustracións de contos, versións, recreacións, mesmo traducións acompañados sempre da imaxe creada polos rapaces e rapazas, de riqueza e variedade na técnica. Neste caso, todos os que mostramos pertencen ao alumnado do CEIP de Xuño.

 A mostra será visitada por unha boa parte do alumnado do concello. Para o seu aproveitamento elaborouse unha unidade didáctica que será empregada nas distintas sesións.

Aquí vos deixo o vídeo emitido por TV27 Barbanza:

http://27tv.es//components/com_contushdvideoshare/hdflvplayer/hdplayer.swf

Detrás destas iniciativas hai moitas horas de esforzo do profesorado,  horas non lectivas, non remuneradas, mesmo con frecuencia non recoñecidas. Iniciativas coma esta só poderán ser posibles se a sociedade e as autoridades valoran o traballo realizado.

Se hai un ámbito onde os recursos materiais e humanos non deberían diminuír é xustamente no ensino.

“Vai de mar” e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro

O club de lectura dos benxamíns do instituto

De Tere chéganos a benvida aos máis novos. Con ela e con María Xesús veñen de iniciar esta andaina da lectura:

O luns 22 de outubro estreouse o club de lectura dos benxamíns do instituto:

Esta primeira reunión serviu , sobre todo, para coñecermonos e para deixar claro o noso gusto pola lectura. Comemos os bocatas vendo a película  Criadas e señoras para introducir o tema principal do álbum ilustrado proposto  como lectura do club, O autobús de Rosa de Fabrizio Silei e Mauricio A.C. Quarello, baseado na activista negra Rosa Parkers.

Esther, Silvia, Manuela, Elena, Carlos, Cristian, Laura, Uxía e Sara ( espero non terme confundido nos nomes), son os seus integrantes e para a próxima reunión serán dous máis: Antía e Mirella.
O biscoito de Mª Xesús estaba boíiiisimo!