Matemáticas e Física ao carón

No semanario que nos envía David, veñen recomendados dous interesantes vídeos de Matemáticas e de Física. No primeiro, no marco de Galiciencia 2016,  espertan a nosa curiosidade sobre as Mates, a súa historia e a súa presencia na vida cotiá:

O segundo, é un mapa ben clariño sobre a evolución da Física:

O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas

Cando andabamos ás voltas co tema da astronomía, Ledicia Costas visitounos para falarnos de O corazón de Xúpiter, unha das obras lidas sobre o tema no centro, nesta volta polo alumnado de 3º de ESO. De SonCine chéganos o vídeo que fora ficando atrás entre tanto teatro:

O corazón de Xúpiter! from SonCine on Vimeo.

Actividades Comenius no noso centro

 Durante a segunda semana de novembro celebramos unha xuntanza de traballo no  marco do proxecto Stars of  Europe (Proxecto Comenius). Visitáronnos alumnos de Francia, Finlandia e Dinamarca que xunto cos nosos alumnos participaron activamente en diferentes actividades ao longo  desta semana.

O proxecto rematará coa visita  dos centros implicados no vindeiro mes de abril.

As imaxes do Comenius:

http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&c=#dfdfdf&pl=as&p=2054184_635258093556345000&fi=1

Ledicia Costas e O corazón de Xúpiter: “Un pracer compartir palabras”

o corazon de xupiterO martes 3 de decembro veu visitarnos Ledicia Costas para falarnos do seu libro O corazón de Xúpiter  ao alumnado de 3º ESO.

Comezou  amosándonos o caso de Amanda  Todd e vimos un vídeo que nos deixou  impactados e nos situou na realidade que pode vivir unha persoa que sofre acoso tanto cibernético como escolar.

A partir de aí reflexionamos sobre o seu libro. Os personaxes, o final, a afección da protagonista pola astronomía, a simboloxía das medusas… Ledicia aclarounos unha chea de datos que chamaran a nosa atención cando o lemos .

dedicatoria

    

DSC09280

“Un pracer compartir palabras!

como ela mesma escribiu ao asinar o  libro.

 

 

Para reflexionar:

IV Día da Ciencia en Galego

Andamos tamén este ano a voltas coa astronomía no centro á par do Comenius. Neste marco, un ano máis, a biblioteca volve espazo interdisciplinar no que acoller estas iniciativas. O noso compañeiro Francisco Mariño fainos chegar a reseña da xornada:

 

Día da Ciencia“O Departamento de Física e Química levou a cabo o día 12 de outubro, dentro das actividades organizadas pola CGENDL para conmemorar o IV Día da Ciencia en Galego, unha videoconferencia na biblioteca do IES de Porto do Son. Esta conferencia foi seguida aproximadamente por uns 100 centros educativos e uns 5.500 alumnos galegos; no noso centro participaron arredor de 80 alumnos de 4º E.S.O e de 1º de bacharelato de ciencias.

 O relator da conferencia foi o profesor e catedrático de electromagnetismo na facultade de física da USAC Jorge Mira Pérez, coñecido tamén polas súas múltiples achegas á divulgación científica e as súas colaboracións en diferentes programas de prensa, radio e televisión.

 Dun xeito ameno, pero non por iso sen rigor científico, o profesor Jorge Mira fixo unha descrición das primeiras medidas astronómicas realizadas polos pensadores gregos. Así, dende a primeira medida da lonxitude terrestre realizada por Eratóstenes de Cirene (276 a.C)  no ano 240 a. C. con tan só observar e medir a sombra dunha pequena estaca, ata os cálculos que realizaron Aristarco de Samos (310 a.C) e máis tarde Hiparco de Nicea (190 a.C) e que lles permitiron calcular a distancia da Terra á Lúa e o tamaño desta.

 Finalmente, todos os alumnos tiveron a ocasión de participar nun chat co profesor Jorge Mira onde este respondeu a multitude de dúbidas e curiosidades que lles foron realizadas polos alumnos dos diferentes centros participantes na actividade.”

ciencia

Formación documental dixital: Con brillo de cometa

Dentro das actividades interdisciplinares do curso pasado centradas na astronomía, o equipo de biblioteca coordinou un Seminario de Formación arredor tema da Formación dixital documental. Pretendiamos  crear unha ferramenta pedagóxica coa que guiar ao alumnado na competencia de aprender a aprender a través da rede. Debía partir do tema central do Programa Comenius que se había de desenvolver en dous anos lectivos, pero, ao mesmo tempo, ser útil para futuras necesidades pedagóxicas da biblioteca e dos diferentes departamentos. Co esforzo común dos integrantes e o bo asesoramento da coordinadora do Cafi e dos docentes, entre eles os nosos compañeiros Antón Bécares, Xulio César Iglesias e Román Cerqueiro, creamos Con brillo de cometa.

Ao longo do curso, poñerémola en práctica en 1º de ESO, en Proxecto Interdisciplinar e nos diferentes departamentos que estivemos integrados no seminario. Será unha oportunidade para avaliala e mellorala se fose preciso.

iconaEscollemos como imaxe identificativa unha ilustración de Adriana Ferreiro, de 3º ESO. É a que seleccionamos das que o alumnado de 3º de ESO realizou na actividade dirixida polos profesores dos departamentos de Plástica, Lingua Galega e Francés Alfonso, Mª Xesús e Conchi: a ilustración de Viaxe á lúa de Xulio Verne. Con estes traballos montaremos unha exposición en novembro.

 Podedes consultar este traballo dende este blog -na sección “Aprender a aprender” da columna da esquerda e na aula virtual do noso centro.

 

A Revista Labirinto Dixital

labirinto_dixital-3553cPor unha das persoas que adoita partillar con nós novas do eido cultural, Rebeca Ces, coñecemos o artigo de culturagalega.org, onde se recolle a información sobre a publicación  da Revista Labirinto Didixital.

Igaciencia, plataforma que promove actividades de divulgación arredor da investigación e a tecnoloxía, acaba de publicar o 1º número, accesibel vía web, no pretenden achegar ao profesorado as últimas tecnoloxías educativas. De seguro ha de sernos moi útil.

Eu comecei botándolle un ollo aos artigos de Pilar Anta Fernández que tratan sobre o espazo Moodle e o eXeLearning. No curso pasado o equipo de biblioteca coordinou un Seminario de Formación no que empregamos esta última ferramenta. Traballamos a formación documental e a astronomía. Se ides á última incorporación á aula virtual do noso centro, podedes consultar  Educación Dixital e Astronomía: Con brillo de cometa, o resultado da colaboración interdisciplinar -andamos aínda revisándoo de cara á aplicación nas aulas-. Para facelo debedes entrar como convidados.

Concurso literario “Con brillo de cometa”

Grazas aos participantes e parabéns aos gañadores por deixar voar a imaxinación prendida á cola do cometa.cometas

 

Déixate  envolver pola música mentres les as composicións dos teus compañeiros.

http://www.goear.com/files/externalpl.swf?file=3b1eb70

Concurso literario "Con brillo de cometa"

Grazas aos participantes e parabéns aos gañadores por deixar voar a imaxinación prendida á cola do cometa.cometas

 

Déixate  envolver pola música mentres les as composicións dos teus compañeiros.

http://www.goear.com/files/externalpl.swf?file=3b1eb70

Semana cultural: maio 2013 “EPPUR SI MUOVE”

A astronomía tívonos ocupados ao longo do curso e foi o tema central da Semana Cultural “Eppur si muove”. Roteiros, cine, recitais, charlas… Brillo de cometa para mirar o universo!

 

http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&pl=as&c=#dfdfdf&p=1836383_635055751586847500