A BIBLIOTECA COA RUTA DA AUGA

O luns, nun día soleado, o alumnado do ciclo guiou os 80 rapaces e rapazas de 1º de ESO na Ruta da Auga dende o IES ata Cans! Xa van tres xeracións que saen do centro para este entorno transformado en aula.

O plan de acollida, convivencia, proxectos… Entrade nos roteiros da páxina do centro para velos!

A biblio, sempre na organización destas iniciativas a carón da vicedirección e o profesorado, saca ao corredor as tarefas que fixeron os alumnos e alumnas do curso pasado sobre este roteiro e achega os fondos que puidesen ser de interese para traballala neste curso: libros sobre o Concello, dicionarios, guías de plantas, árbores e animais, material sobre a auga… Continuamos co tema da Sostibilidade!!! Comezamos unha nova andaina na Ruta da Auga!

EDUCAR PARA A CULTURA DA SUSTENTABILIDADE

Dentro do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado), hoxe participamos nunha formación sobre “EDUCAR PARA UNHA CULTURA DA SUSTENTABILIDADE” co Grupo de investigación SEPA-interea, USC e Intered Galicia. A formación foi a cargo do doutor Germán Vargas.

A biblioteca, unha vez máis,  implicada nun dos eixos transversais do centro: educar na cultura da sustentabilidade. A biblioteca, unha vez máis, como espazo de traballo, como aula recurso na formación do profesorado.

26904208_1530371967078291_1275520549423963642_n

Cultura e sustentabilidade

Botellas con mensaxe: "Son das augas que eu soño"

AUGA enchendo as aulas, aula investigada, aula reflexionada, auga na memoria, auga na literatura, auga para a vida, auga que se esgota, auga…

É o tema interdisciplinar deste ano e o tema do proxecto de 1º de ESO.

Dende a biblioteca acompañamos con versos. Sacamos os fondos aos corredores.

Moitas grazas a Lola e ás chicas de Orientación por axudarnos na montaxe! E ao alumnado que participou!

Botellas con mensaxe: “Son das augas que eu soño”

dav
dav

sdr
sdr

dav
dav
dav
dav
dav
dav
dav
dav
mde
mde

Moitas grazas a Lola e ás chicas de Orientación por axudarnos na montaxe! E ao alumnado que participou!