Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia!

Mulleres científicas? Pois claro! Velaquí que traballiño tan chulo fixeron na materia de Física e Química en 2º de ESO! Cartelas cos seus nomes, para saber delas, para non esquecelas, para animar as nenas a facer ciencia! Margarita Salas, Celia Rivas, Concepción Arenal, Naamme Phipps Clark, Anna Lluch, Mª Pilar Fernández Otero, Hedy Lamarr, Mileva Maric, Lisa Heitner, Pilar Roig, Mª Inmaculada Paz Andrade, Margaret Sanger, Vandana Shiva, Erna Schneider, Ana Mª Prieto López, Marie Curie, Beulah Henry…

Nós dende a biblioteca acompañamos, sacamos fondos e visibilizamos! Falar da Muller na Ciencia é falar tamén dos obxectivos da Axenda 2030:

 

 

Voces de África para lermos xuntos!

A Axenda 2030, os dereitos do neno, a acollida, a integración, a lectura, o sorriso dos rapaces e as rapazas! Teresa, a profe de Lingua Castelá e traballadora entusiasta no equipo de biblio, e Rubén, do departamento de Orientación, coordinaron unha actividade ben fermosa de promoción da lectura e a igualdade!

Algúns dos alumnos e alumnas do centro que viñeron a Porto do Son dende Madagascar e Marrocos, convertiron a aula específica nunha babelia de esperanza! Nun mapa localizaron os lugares de África onde naceron. Logo, o árabe, o malgache, o galego e o castelán foron as linguas nas que os seus compañeiros de 1º de ESO puideron escoitar El libro dorado de los niños. Por que? Pois porque “OS NENOS SON A SEMENTE DO FUTURO”!