A PEL FRÍA

Este é o título do último libro que lemos no club de lectura de maiores. Escrito polo catalán Albert Sánchez-Piñol, o libro logra nas súas poucas páxinas meternos de cheo nun ambiente escuro e agobiante.

A historia está protagonizada por un antigo guerrilleiro do IRA que acepta un traballo como meteorólogo nunha pequena illa do hemisferio sur, moi alonxada de calquera lugar civilizado e  visitada  moi de vez en cando por algún barco. Nestas circunstancias, coñece ao fareiro da illa, dun caracter arisco e imprevisible, e sobre todo, aos grandes protagonistas do libro, individuos dunha nova especie de anfibios humanoides que os atacan cada noite.

O debate entre os membros do clube foi moi interesante, onde se contrastaron os diferentes puntos de vista que tivemos cada un de nós deste libro, e quizáis iso foi o máis enriquecedor da xuntanza.

Comezamos tamén desta volta a compartir, en plena sobremesa, un poema. A primeira foi a poetisa portuguesa Sophia de Mello. Gracias, Sonia!

A celebración do 20 aniversario do IES de Porto do Son

Son

O venres pola mañá inaugurabamos os actos de celebración do 20 aniversario do centro. A prensa recolleu a nova:

SON

Comezaron as primeiras visitas ao Club Náutico do Son, que amablemente nos cedeu o espazo para mostrar o que foi o traballo deste último ano e lembranzas de cursos anteriores:

IMG-20160617-WA0002

IMG-20160617-WA0001

Silvia, que tanto colaborou connosco neste curso, posa para nós con Rosalía e ensínannos o moito que aprenderon!

P1040035

A biblioteca e o equipo de normalización colaboraron cos departamentos na mostra que podedes visitar nas instalacións do Club Náutico de Porto do Son coas exposicións sobre a Muller e o Patrimonio (centrada nas fotógrafas Ruth Mathilda Anderson e Cristina García Rodero, e a musicóloga Dorothé Schubarth), coa recompilación dos números da revista do centro, “Fonforrón” e das guías de lectura editadas, cos traballos do alumnado e co acompañamento da exposición de banda deseñada do departamento de plástica cunha selección de cómics que “hai que ler”.

P1040027

P1040031

P1040029

O sábado foi un día de festa!!! Entregamos os galardóns do Concurso Literario de Ciencia e Ficción:

20 ANOS 048

Aquí podedes ler os textos gañadores e finalistas (non foi fácil para o xurado a escolla!). Animámosvos a seguir escribindo!

//e.issuu.com/embed.html#1399044/36674830

“Cor animal” de Agustín Agra: ciencia e ficción

Onte Agustín Agra estivo na nosa biblioteca para falarnos de Cor animal.

portada OK.fh11

É un álbum ilustrado editado por Kalandraka e adicado a nenos pequenos. Por que entón unha charla sobre el para o noso alumnado de 1º de ESO? Pois porque estamos a desenvolver a Semana Cultural da Ciencia e Ficción e esta obra de Agustín é un “animalario”, un libro fermoso  no que as palabras unen divulgación científica e linguaxe literaria.

Un lector atento, mesmo o adulto, observará  “diseccionando” ordes, especies. Sentamos ante el, como se estivesemos ante unha fermosa vitrina que de súpeto cobra vida e cor en palabras e imaxes, as imaxes da palabra e as ilustracións da chilena Maya Hanish -que deron orixe ao libro-. Xa dende a portada atrápannos coa fortaleza dun mandril que nos observa intelixente e nos convida, vestido de xerogíficos, a coñecer os enigmas dos seus compañeiros.

Maya Hanish - copia

Da man de Agustín sabemos que a candorca, ou tamén coñecida como balea asasina, é en realidade “un golfiño tan longo como un autobús” ao que lle encanta “chapuzar”, mergullarse e saltar. Ou que a llama é parente do camelo e pode ser caprichosa cando se enfada, “tírase ao chan (…) e dá patadas”. Non quixera verme coa pantera negra que é quen de “perforar a durísima coiraza dunha tartaruga”. Aves, moitas aves: un flamengo, un faisán, un guacamaio… Logo, un polbo, un camaleón… e as bolboretas! Unha bolboreta de ás de paxaro ataviada cun espléndido vestido que ten un non sei que de madrasta de conto, de raíña fachendosa ante a máis modesta bolboreta monarca, mais… quen puidera ser  como ela para viaxar e viaxar!

E Agustín contounos:

IMG_20160428_091605

Contounos mentres tras del pasaban, coma nun novo animalario,  as atractivas imaxes  tiradas da natureza. Contounos do proceso da escrita: as ilustracións dadas, a limitación das frases a empregar, a difícil escolla das palabras, a procura de verbos que aportasen movemento, a secuenciación, a adecuación aos posibles lectores, o estilo ou mesmo o traballo cos coordinador lingüístico e o coordinador científico da editorial.

Con el aprendemos da dificultade de escribir para nenos, pero tamén da necesidade de facelo, do importante que é espertar e manter a curiosidade científica e literaria.

Foi un pracer que tivera pasado, unha vez máis, pola nosa biblioteca!

"Cor animal" de Agustín Agra: ciencia e ficción

Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

Na Semana Cultural da Ciencia e a Ficción,  Normalización e Biblioteca unímonos á Coordinadora Galega de Dinamización e Normalización Lingüística na celebración do Día da Ciencia en Galego para reivindicar o emprego do galego como lingua vehicular nas materias do ámbito científico. Nesta ocasión, Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora no ámbito da electrónica e a enxeñaría telemática, introduciunos na robótica. Mediante o software  Scratch 2.0, foi creando ante o alumnado de 1º de ESO unha Arpa Leap Motioninstrumento que se podería tocar só con mover os dedos no aire!

Robótica

A coordinadora compartiu o vídeo da conferencia:

Sopa de medusa e plástico? “Un océano de amor”?

P1030895

Acabamos de inaugurar a Semana Cultural da Ciencia e a Ficción e pouco falta xa para celebrar o 20 aniversario do centro. Hoxe recibimos a Laura Nogueira Mazaira. Ela cursa o último ano Bioloxía. É exalumna e integrante do progama  Global Aprroach by modular experiments (GAME), no que participan alumnos de distintas universidades do mundo ( Indonesia, Xapón, Brasil, Gales, Portugal, etc) para desenvolver o efecto dos microplásticos nos invertebrados mariños.  Convidámola para que nos informase sobre a súa investigación, tema relacionado  coa novela gráfica Un océano de amor de Lupano e Panaccione que leu o alumnado de 3º de ESO.

oCÉANO DE AMOR

Game

Eles

Recibímola con cariño. Para nós é motivo de orgullo que unha das nosas alumnas estea a participar nun proxecto tan interesante. Por outra banda, unindo ciencia e ficción, queriamos poñer en valor a necesidade de que as humanidades e as ciencias vaian da man, así como facer visible o traballo da muller na ciencia.

Nós, os profesores e profesoras, fomos por unha hora alumnos seus. Os mozos e mozas escoitarona con atención, espello do que pode ser un futuro cercano para eles.

Interesantísimo o que nos contou. Soubo conxugar a linguaxe científica e a divulgación e ilustrounos, cunha boa dose de humor e cercanía, sobre a Terra, os recursos que esta nos ofrece,  o uso que estamos a facer deles e as consecuencias que as decisións dos gobernos e as nosas actuacións tiveron, están a ter e terán nun futuro bastante próximo. Apelou á nosa responsabilidade; instounos a reflexionar: acabaremos, inmersos neste  “fishing down”, nas palabras que ela citou do biólogo mariño Daniel Pauly, comendo “sopa de medusa e plancto” tras esquilmar o que os océanos nos ofrecen? Ou seremos quen de escribir “unha historia de amor” co medio que nos rodea?

Sopa de medusa e plástico

Sopa de medusa e plástico? "Un océano de amor"?

Concurso literario de ciencia ficción: “Os límites do meu mundo?”

//e.issuu.com/embed.html#1399044/34872173

Wittgenstein, filósofo austríaco, afimaba: “os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo”. Na exposición da biblioteca convidamos a reflexionar sobre esta afimación. Mais… non podemos nós CREAR MUNDOS? É xusto o que propoñemos con este concurso literario.

A ciencia e ficción é o tema interdisciplinar deste curso, ao tempo que conmemoramos o 20 aniversario do centro. Semella un bo momento para mirar ao pasado e construír o futuro.

Sabemos que a literatura ten sido espello de ambicións e inquedanzas. A ciencia  e a tecnoloxía abren a porta ao imposible. Modifican a nosa realidade, producindo en nós, ao tempo, esperanza e temor.

Na ciencia ficción os autores especulan sobre como sería o noso mundo se se producisen determinados fenómenos naturais, descubertas científicas, adiantos técnicos ou movementos sociais. Lembramos a Xulio Verne, H.G.Wells, George Orwell, Aldous Huxley, Isaac Assimov…

Propoñémosvos CREAR microrrelatos ou poemas a partir de temas como os seguintes:

  1. A viaxe no tempo, cara ao futuro ou ao pasado.
  2. A intelixencia artificial: ata onde pode o home chegar coa enxeñería xenética?;  a robótica permitirá dotar de emocións as súas creacións?; será posible a convivencia entre humanos e androides?…
  3. A conquista do espazo: esgotarase a vida na terra?; a evolución do clima, a xestión dos recursos naturais, fará que esta sexa a nosa única esperanza?;  poderemos reducir o tempo de desprazamento no espazo?; existen outros planetas habitados?; a adaptación a novos planetas e realidades modificará a nosa anatomía?; partindo das nosas experiencias en séculos anteriores, como debemos afrontar unha posible colonización?…
  4. Os extraterrestres: estamos sós no universo?; comunícanse con nós? ; debemos ofrecerlles probas da nosa existencia?; estamos preparados para asumir que non somos a única especie intelixente do universo?…

BASES

  • Os textos deben presentarse en galego.
  • Sección:
    • Microrrelatos cun número aproximado de 100 palabras.
    • Poemas.
  • Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
  • A temática debe centrarse na ciencia ficción.
  • Os textos deben ser orixinais.
  • Publicaranse no blog da biblioteca os gañadores e unha selección dos presentados.
  • O xurado resérvase o dereito de deixar deserta algún dos premios se os textos carecesen de calidade.
  • O prazo límite para enviar os textos será o 31 de maio 2016. 
  • Forma de entrega:
    • O alumnado do centro entregará en consexería o/os seu/s texto/s asinado/s cun pseudónimo nun sobre pechado no que incluirá, noutro máis pequeno, os seus datos identificativos (nome e apelidos e pseudónimo correspondente, título do microrrelato, idade, nivel e categoría, grupo).
    • Os exalumnos poderán entregalo/s no centro ou enviar dous correos á seguinte dirección enlgiesportodoson@gmail.com, seguindo estas indicacións:
      • 1º correo: no asunto debe indicarse “Concurso ciencia ficción” e o texto, asinado cun pseudónimo, incluirase nun adxunto.
      • 2º correo: no asunto debe indicarse “Identificación Concurso ciencia ficción” e no corpo do correo os datos persoais: nome e apelidos, pseudónimo correspondente, título do microrrelato, anos da promoción na que estudou no centro, teléfono, enderezo persoal e enderezo de correo electrónico.
  • O fallo do xurado farase público días antes da celebración do 20 aniversario e os premios entregaranse o día da festa.

CATEGORÍAS

A: 1º e 2º de ESO

B: 3º e 4º de ESO

C: 1º e 2º de BACHARELATO e ciclos

D: Ex-alumnos

PREMIOS POR CATEGORÍAS

Categoría A:

  • 1º premio: vale por 40 euros para material escolar.
  • 2º premio: memoria USB de 32 GB.

Categoría B:

  • 1º premio: vale por 50 euros para material escolar.
  • 2º premio: memoria USB de 32 GB.

Categorías C:

  • 1º premio: disco duro externo.
  • 2º premio: altofalante bluetooth.

Categoría D:

  • 1º premio: tablet.
  • 2º premio: batería externa para móbil.

ORGANIZA: IES DE PORTO DO SON

COLABORAN: ABANCA, ANPA do IES de Porto do Son

Aquí dámosche algúns consellos para escribir microrrelatos!

E aquí podes ler algúns poemas e microrrelatos relacionados coa ciencia e a ficción.

Día da Muller. A muller na ciencia: ficción?

No Día da Muller Traballadora, cuestionámonos sobre o papel da muller na ciencia. Ocúpanos nestes trimestres a ciencia ficción, de aí que nos preguntemos…:

A muller na ciencia: ficción? 

É este o título que dá nome á exposición que elaboramos, como cada ano, arredor da muller -a muller no mar, na astronomía, no teatro, no patrimonio …-.

Silvia e Rocío, a súa profe, móstrannos a relevancia histórica de mulleres como Clara Campoamor, Hipatia de Alejandría, Gertrude B. Elion, Marie Curie, Margarita Salas e Rita Levi. Ben merecido o recoñecemento a estas mulleres e tamén a Silvia, pola súa constancia e o seu esforzo!!!!

P1030853

Acompáñanas na mostra a nosa escolla de científicas galegas do noso tempo. Hoxe queremos facer visible o seu traballo e a súa adicación nun eido non sempre fácil: Josefina Ling, Aida Fernández, Elena Vázquez Abal, María Isabel Loza…

P1030856

A Axenda Feminista editada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e o material que nos achegou o STEG sobre as mulleres científicas – unidades didácticas e calendario– foron as nosas fontes principais.

portada axenda 2016 copy

00_portada_2016_150px

Unímonos ás palabras de Vanessa Valdeiglesias recollidas na citada axenda. Son tamén a nosa homenaxe a todas aquelas que a historia silenciou:

“Gustaríame agradecer a tantas e tantas mulleres científicas que antes que eu e que as compañeiras da miña xeración, traballaron na sombra, sen apoios, sen recoñecemento, sen permiso moitas veces, illadas, pero que sen elas non teriamos chegado ata aquí (…)”. 

Non queremos deixar de citar esas PIONEIRAS DA CIENCIA  que o Consello da Cultura Galega peneiraba do seu Álbum de Mulleres tan necesario:

Mulleres no consello

Un camiño sementado para todas aquelas mulleres que, co noso traballo, contribuímos a formar un mundo mellor e máis xusto.

A semana próxima, xa pasados os exames, traballaremos co alumnado a unidade didáctica que o equipo de biblioteca preparou sobre a exposición.

Os límites do meu mundo?

A ciencia ficción, a ciencia e a ficción, é o tema que nos ocupará no que queda de curso: investigacións, lecturas, concursos literarios, semana cultural… Cando o claustro decidiu traballar sobre este ámbito, foi proposto nun sentido amplo. Pouco a pouco foron xurdindo nos distintos departamentos diversas interpretacións.

Dende a biblioteca, revisando material que nos puidese interesar para o tema, demos con esta reflexión que recolle a poeta Estíbaliz Espinosa no seu blog:

«Non imaxino un mellor caso de proba para extraer os universais da creatividade humana que o estudo das profundas similitudes no proceder intelectual entre artes e ciencias.»

Stephen Jay Gould, Acabo de aterrar: o final dun principio de Historia Natural

Desta base partimos. De novo a necesidade de entender o saber no sentido humanístico da palabra no que a ciencia e as humanidades van da man para crear, para reflexionar…  De aí a escolla do título da exposición a partir da cita do filósofo austríaco Wittgenstein , que convida a interrogarse sobre os límites da nosa linguaxe para pensar o mundo:

P1030866

Unha vez máis mostramos os fondos da biblioteca. Acompañámolos dunha exposición sobre a historia da ciencia ficción da que estamos a elaborar unha unidade didáctica para traballar dende as titorías.

P1030863

O alumnado de Xeografía e Historia vén elaborando, neste marco, decálogos que pretenden asentar conclusións sobre a importancia que esta materia ten para conformar o pensamento. Escollo unha delas: “Para coñecer o pasado, para comprender o presente e imaxinar un futuro digno para a humanidade”.

P1030847

P1030848

Mantinemos pois  na viaxe no tempo, cara ao futuro ou ao pasado, na  intelixencia artificial, na conquista do espazo, na posibilidade de vida no máis alá…