XIV edición da Mostra de Curtas de Noia


Curtas

Vaise tendendo a alfombra vermella no Liceo de Noia. O sábado abre cunha homenaxe ao actor Xosé Olveira, Pico. O domingo proxéctase o filme Operación E e o mércores 3 iníciase a mostra das curtas seleccionadas. O ciclo pecharase o día 8 de decembro coa entrega dos galardóns.

Un programa que convida a botar fóra o frío. Tamén o da cabeza, tan común nestes tempos.

Retomamos o club de lectura!

DSC09114

Retomamos un ano máis as actividades do Club de Lectura dos maiores. Botamos en falta nesta primeira reunión a Daniel, Claudia, Fran, Pablo, Sandra e Rocío que andan xa incorporados aos estudos universitarios – e á movida que acompañan as horas de esforzo, seguro!- pero seguimos contando con Iria, Estrella, Alba, Sandra, Ángel, Nerea e Sara, e temos novas incorporporacións: Miriam, Rocío, Lúa, Alejandra e Antía. De seguro, alguén se irá achegando ao longo do curso.

Grazas a todas e a Anxo – este ano o único chico- por acompañarnos nestas sesións de libros, cine, café, colacao e galletas! Un pracer!

Pois ben, comezamos cunha proposta diversa en xénero arredor do tema dos movementos migratorios: cine, álbum ilustrado, cómic, poesía e relato.
welcome_cartel                                                           emigrantes



nómades

 

geografias-mario-benedetti

 

 

 

 

 

Progamación Cultural de Outono en Noia

cultura noiaAo comezar o outono, chéganos,  unha vez máis, a información sobre a PROGRAMACIÓN CULTURAL do Concello de Noia. Música,
teatro, poesía, exposicións, cine… Unha maridaxe entre as iniciativas  municipais e a Sociedade Liceo como espazo de cultura que está a darnos moi bos momentos.

OUTUBRO

Día 4, venres, Concerto do cuarteto INTERMEZZO DE SAVONA (Pavia), igrexa de Santa María “A Nova” ás 20:30 h.

Día 11, venres, ESPECTÁCULO POÉTICO MUSICAL:”NON SOMOS NÓS”, igrexa de Santa María “A Nova” ás 21:00 h.
Día 18, venres, CHARLA: “ROSALÍA NOS 150 ANOS DE CANTARES”, Casa da Cultura ás 20:30h.
Día 20, domingo: TEATRO. MOFA E BEFA:”COCIÑA ECONÓMICA”, Sociedade Liceo ás 20:30h PROGRAMA DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN.
Día 27, domingo: TEATRO. TEATRO ANTROIDO: “BAILADELAS”, Sociedade Liceo ás 20:30h PROGRAMA DA REDE CULTURAL. DA DEPUTACIÓN.
EXPOSICIÓNS CASA DA CULTURA.
Do 1 ao 11 de outubro: Exposición de pintura de Manuel Cobas.
2ª quincena de outubro: Exposición de palilla e bordado da Asociación Mulleres Ría de Noia.

NOVEMBRO

Día 3, domingo: TEATRO. CÁNDIDO PAZÓ: “DECAMERON”, Sociedade Liceo ás 20:30hLiceo
Día 10, domingo: TEATRO: IL MAQUINARIO TEATRO: “ O HOME ALMOFADA”, Sociedade Liceo ás 20:30h
Día 15, venres: CHARLA: HOMENAXE A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Casa da Cultura ás 20:30h
Día 17, domingo: TEATRO. ALBA SARRAUTE: “MIRANDO A YUKALI”, Sociedade Liceo ás 20:30h
Do 19 ao 24, de martes a domingo: SEMANA MUSICAL, San Martiño ás 20:30h. Organizada pola Coral Polifónica de Noia.

DECEMBRO

Do 30 de novembro ao 8 de decembro: MOSTRA DE CURTAS NOIA 2013

Día 21, sábado: TEATRO. CABARET BURLESQUE: “LE CHAT NOIR”, Sociedade Liceo ás 18:30h PROGRAMA DA REDE CULTURAL. DA DEPUTACIÓN.

Día 22, domingo: TEATRO. URDIME: “ A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO”, Sociedade Liceo ás 18:30h

Día 22, domingo: CONCERTO DE NADAL DA BANDA DE MÚSICA, San Martiño ás 20:30h

Día 23, luns: TEATRO. OS TRES TENEDORES: “ENSALADA DE INSTRUMENTOS”, Sociedade Liceo ás 18:30h

Días 26 e 27, xoves e venres: NADAL PARA NENOS, Casa da Cultura de 11:30h a 13:00h

Día 26, xoves: TEATRO. BANDULLO AZUL: “A VERDADEIRA HISTORIA DE ROBINSON CRUSOE, Sociedade Liceo ás 18:30h

Día 27, venres: TEATRO. DIÁFORA TEATRO:”O FACEDOR DE DESEXOS”, Sociedade Liceo ás 18:30h

EXPOSICIÓNS

Do 3 de decembro ao 3 de xaneiro: Exposición de Nacho Costa, Casa da Cultura.

Stars of Europe: Dinamarca

Na actualidade o IES de Porto do Son está implicado nun Proxecto Comenius relacionado coa Astronomía, proxecto co que vén colaborando o equipo de biblioteca. Este abrangue os cursos escolares 2012-2013 e 2013-2014 e nel participan, ademais do noso centro, os seguintes institutos de Francia, Finlandia e Dinamarca:

No mes de Xaneiro de 2013 iniciamos as visitas indo a Dinamarca. En Maio visitaremos Francia. Despois acolleremos a tódolos participantes no noso centro en Novembro de 2013 e, finalmente, a derradeira visita será aló por Maio de 2014 ao centro finlandés.
Esperamos que este proxecto sexa a punta de lanza para vindeiros proxectos.

Información adicional podédela atopar na páxina : starsofeurope.weebly.com/ [Aínda en período de elaboración ]

A nosa compañeira do equipo Paloma Labandeira montou a seguinte presentación sobre a viaxe a Dinamarca que fixo cos profesores e alumnos e alumnas que nos representaron no programa Comenius. Unha vez máis, o compromiso e o esforzo do profesorado do ensino público!Detrás hai, e haberá aínda, moitas horas de traballo fóra do horario lectivo. Os beneficiados, os mozos e mozas.

 

 

 

 

 

 

 

SonCine montou tamén este vídeo:

VIAXE A DINAMARCA. STARS OF EUROPE. COMENIUS. from SonCine on Vimeo.

Curso de ficción cinematográfica en Noia

A Sociedade Liceo colabora no Curso de ficción cinematográfica que organiza o Concello de Noia, e que será impartido por  Luis Avilés Baquero, para nós xa ben coñecido.
O curso comezará o día 1 de abril e remata no mes de setembro.
O número de prazas é limitado a 15 persoas e ten un custe de 30€ mensuais.
Para apuntarvos poden acudir á Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos en horario de 9 a 14h e de 18 a 20h de luns a venres ou chmando ao teléfono 981824169.

Os que estedes interesados apurade a anotarvos, xa non quedan moitas prazas!

 

 

Redeiras

Un novo documental das alumnas e alumnos da materia de Audiovisual do noso centro:

Redeiras from SonCine on Vimeo.

Recollo o texto que o acompaña en SonCine:

“Para as rapazas de 3º ESO que foron alí, o ano pasado e este, son as mulleres da Asociación Virxe do Carme premiadas o 2012 polo Ministerio de Agricultura, pero máis son as súas tías, as súas nais, as súas veciñas, traballadoras do mar, as que terman da vida día a día, a verdadeira escola desta terra.
Unha das visitas cadrou cun día de inverno, de tronadas, con moi pouquiña luz. Grazas a todas elas. Este vídeo vai adicado a Rosalía, alegría do noso grupo de 3º ESO, que formou parte do equipo e abre e despide este clip.

Algúns vídeos máis que podedes ver na rede sobre as redeiras do Porto do Son. goo.gl/ulQoy goo.gl/5TmoJ goo.gl/xgIyk

Texto oficial da concesión do premio: goo.gl/LIQ1L goo.gl/OHDgA “

documental sobre o traballo das redeiras da Asociación Virxe do Carme de Porto do Son

Sol de inverno

Sol. Mar. Río. Sol.

Ondas do mar … se sabedes?

Cristian párase ante a beleza e usa a cámara para crear. Consciente ou inconscientemente recolle o fío de filósofos e poetas. Admírase. Cuestiona.  Cuestionamos. Admiramos.

David, o mestre, alfareiro, acompaña a man no torno: SonCine.

sol de inverno from SonCine on Vimeo.

E as imaxes espallan ese “Sol de inverno” na voz do poeta, Martín Veiga:

Sol de Inverno / Martín Veiga from SonCine on Vimeo.

Nós, dende a biblio, a voltas coa lúa, co sol, coas mareas, mirando a ceo e procurando “acender unha estrela nova en cada constelación”.