Elas teñen a palabra

Para nós o mes de marzo é o mes da muller. As nosas escritoras, tan lidas, tan recoñecidas e tan premiadas, son as que protagonizan este curso a nosa exposición. Marilar Aleixandre, flamante gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022, é a que encabeza a lista. Pero temos moitas máis mulleres que levan a nosa lingua alén das nosas fronteiras e que non paran de recompilar premios e máis premios: dende a novísima Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, pasando por Ledicia Costas, Inma López Silva, Yolanda Castaño, Chus Pato, Ana Romaní… ata chegar á veterana Luz Pozo Garza. Poetas, novelistas… contadoras de historias e engaioladoras coas verbas. Elas son as que teñen a palabra.

Advertisement

Muller e ciencia: dende o IES ao Concello

A partir da celebración do 8M no instituto, na que contamos coa presencia de María Mayán, a área de Benestar do Concello de Porto do Son ofreceunos organizar unha xornada sobre igualdade relacionada coa ciencia e o papel da muller neste campo ao longo da historia. O alumnado de cultura científica púxose mans á obra e hoxe puidemos desfrutar do resultado: charla e o posterior coloquio de tres investigadoras.

Participaron Andrea Muras, microbióloga que estuda as relacións entre as bacterias; Socorro Castro, química, profesora da Universidade da Coruña e experta en deseño de novos materiais e as súas aplicacións; e María Mayán, investigadora líder en proxectos internacionais sobre enfermidades dexenerativas e cancro.


Foi un pracer telas con nós e coñecer as súas investigacións, así como as dificultades que atopan no seu día a día só polo feito de ser muller. Foi especialmente interesante o coloquio final onde responderon francamente ás preguntas do alumnado, algunhas delas moi persoais e onde deixaron constancia da necesidade de que tanto homes como mulleres loitemos pola igualdade en todos os ámbitos da vida.

Aquí vos deixamos unha preciosa imaxe dos organizadores e participantes co Monte Louro e o mar de Porto do Son:

8 de marzo. Superando os límites. Ilustrando a vida

8 de marzo, Día da Muller Traballadora. E si, aí seguimos, demandando os dereitos da muller, a visibilización dos atrancos do noso cotiá. A incetidume paira neste mes de marzo nun contexto que semella sacado dunha serie, dunha distopía inimaxinable. Mais, cabe a utopía? A RESILIENCIA pódese transformar en motor?

Abofé! Ben o saben as mulleres deportistas sobre as que investiou o alumnado de Tamara, a profa de Educación Física. Canto esforzo hai detrás dos éxitos acadados! Ata que punto as súas carreiras profesionais reciben o apoio respaldo acadado polos homes? De cantas cabeceiras de prensa e titulares de noticias nos media son protagonistas? Existen avances, mais os muros están aínda aí.

Alfonsina Strada, Ashely Fiolek, Carolina Marín, Amna al Haddad, Naomi Osaka, Susana Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Lidia Parada, Ana Peleteiro

Dende a biblioteca temos mostrado os valados vencidos por escritoras, polas nosas nais, irmás, avoas, amigas ou fillas que migraron esculcando horizontes, polas profas que nos manifestamos e damos voz, polas editoras, xornalistas, polas fotógrafas, polas teatreiras

Desta volta traemos as ILUSTRADORAS, mulleres que debuxan e pintan todo canto nos emociona e nos conmove. Que a compañan a palabra. Que ilustran a vida! Van aquí algunhas das que temos na biblio: María Hesse, Rebeca Dautramer, Ana Juan, Suzy Lee, Ana Santiso, Ana Llenas... Ao longo do mes moitas outras acompañaranas nesta cortiza que irá transformándose en panel de anacos de vida e soños CON MIRADA DE MULLER!

No 8 de marzo, as escritoras!

Un bo momento tamén para visibilizar as escritoras! Do departamento de Lingua Castelá, chégannos as investigacións do alumnado para dar a coñecer a Marga Gil, Concha Méndez, Zenobia Camprubí , Carmen Conde, Alfonsa de La Torre, Rosa Chacel… Contar en feminino! Cantas mulleres na historia da humanidade non tiveron voz! Canto saber se perdeu pola mirada absurda dun mundo contado só en masculino!

Ah! Claro que, durante moito tempo se pensou que…

E, por suposto, tamén que…

Pero NON, nós pensamos que NON!

Os seus nomes foron borrados por unha visión masculina do saber e da historia. Como as pegadas e o orballo borrarán as súas palabras escritas no patio do insti con xiz.  Pero ficarán nas mozas e nos mozos que as rescataron da obriga do efímero, que as reivindicaron permitíndolles, permitíndonos, “esculcar horizontes”!!!

Ben interesante, e necesaria, esta actividade! Parabéns á profa Mariola e ao seu alumnado pola iniciativa!!!

8 de marzo. Mulleres que esculcan horizontes

No 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, no marco do tema interdisciplinario, os movementos migratorios. Cantas! Cantas historias detrás das tataravoas, bisavoas, avoas, tías, nais… Mulleres que esculcaron horizontes! Que procuraron un futuro en Venezuela, Arxentina, Inglaterra, Cuba, Estados Unidos, Uruguay, Suíza, Alemaña, Francia, Madrid, Barcelona, País Vasco…

Traballaron como camareiras, auxiliares de clínicas, perruqueiras, tecedoras, cociñeiras, no servizo doméstico, como montadoras de pezas nas fábricas,  personal employers, en márketing e xestión de empresas e ata como revisoras no Orient Express!

Preguntar, escoitar, recoller datos, e, por suposto, poñelas en valor! Con elas abrimos dende a biblio a exposición dos fondos que nos falan deses camiños e esperanzas, desas historias que falan de nós, do noso pasado. Tan importante para entender o presente!

 

 

Seguimos facendo “cordada”: as mulleres contando!

Tere, a nosa compañeira do equipo de biblio, vén de montar esta presentación a partir da exposición “Día da Muller: contando facemos cordada”. Un agasallo para todas as palabras coas que a acompaña.

More presentations from etikeles

Volver a comenzar, Luz Casal

Como eu canto, SES

 Unha aperta a todas as mulleres que forman parte da comunidade educativa do noso IES. Grazas por axudarmos a que cada día sexa máis limpo, máis doado, máis rico….

Carme Rey e Montse Fajardo, voces de Muller!

Seguimos coas Morganas, as Vivianas, as Circes e as Penélopes… coas  Matriarcas, na cordada das voces das amigas que “Camiñan descalzas polas rochas”.

Nunha actividade promovida polo departamento de Xeografía e Historia e o equipo de biblioteca, enmarcada no Día Muller e o tema interdisciplinar da Comunicación, Érika, Berny e Adriana presentaron aos seus compañeiros e compañeiras de 4º de ESO a dúas  mulleres que loitan por facer visible o berro invisible.

 

Erika

Mary Carmen Rey   publicou en Toxosoutos Escapados. A escritora vén do pobo, recolle na súa novela  a voz das mulleres que nos falan dos fuxidos, da dor sufrida polas nais, irmás, esposas… nos tempos difíciles da Guerra Civil, á sombra do Pindo, a carón do mar. Pero poderían ser tamén as voces que a xornalista e investigadora Montse Fajardo teima en manter en Matriarcas. As que regresan en Un cesto de mazás ou berran dende hoxe en Invisibles. Contáronnos delas. Mesmo puidemos escoitar as gravacións das súas dores. E reflexionamos: sobre os dereitos da muller (polos que houbo que loitar e polos que é preciso loitar), sobre o que fica por mudar, sobre a necesidade de actuar.

Montse e Carme

Foi un pracer contar con elas esa mañá de choiva de venres abrindo un raíño de luz no horizonte!

Morganas, Vivianas, Circes… no club!

Morgana Club

Cos mozos e mozas do club de lectura d@s maiores lemos Morgana en Esmelle, de Begoña

1330693356Morgana_en_Esmelle

Caamaño. Revisión do papel da muller na historia, tamén na historia da literatura. Con Begoña botamos man da intertextualidade para mirar con outros ollos as Morganas, as Vivianas, as Circes, as Penélopes… Tantas veces ocultadas polas voces dos “bardos”, como nos contan Guadi e as nais, as fillas, as avoas, as irmás, as amigas… en Matriarcas: