25 de novembro contra a violencia de xénero. Quérote querendo

A poder de ver, a poder de mirar, a poder de escoitar, a poder de non calar… dende o ensino, PODEMOS mudar un FÍXENO SEN QUERER QUERENDO por un… QUÉROTE QUERENDO!

Como pasar desa primeira e dura afirmación na que se agochan as mortes, as violacións, o maltrato que envolve esas emocións negras? Como pasar da dor ao querer sincero, respectuoso, libre, riseiro?

O equipo de biblioteca e as mozas e mozos voluntarios visibilizamos esta dor. Berrámola. Cremos na necesidade de mostrala, de lembrala. Cremos na posibilidade de mudar vontades, de facer reflexionar sobre a irracionalidade.

Os nomes das mulleres mortas no 2021. Os nomes na prensa. O pensar. A arte e a voz poética para denunciar. Para irmandar na necesidade de transformar as emocións.

VIOLACIÓNS

No Estado español denúnciase unha violación cada catro horas. Seis mulleres sofren violacións ao cabo do día. Iso fan 180 violacións ao mes, o cal fai unhas 2.160 violacións ao ano. Obviamente é moi probable que haxa un número bastante maior, que non todas as violadas denuncien. As denuncias aumentaron un 70% nos últimos seis anos. Hai máis vontade de denunciar ou aumentaron as agresións grupais e individuais? (…)

Artigo de Luz Darriba, artista multidisciplinar, xornal Nós, 6 de novembro de 2021

A voz na arte de Ángeles Jorreto e a voz poética de Miriam Ferradáns en Sempre marzo

Na biblioteca, nos recreos do xoves, pasaremos a curta Un Conte, do deseñador de animación Guillaume Arantes. Ver. Pensar. Falar.

Vén, mira, escoita, alerta, fala, non cales!

De camiño a casa… IESON BLACK FRIDAY

O venres todo o centro se uniu nun berro silencioso que demanda o dereito das mulleres, das nenas, das nais, das amigas, das curmás… a non ser agredidas, violentadas, humilladas… “De camiño a casa…”. Reflexionamos para educar, conscientes de que a concienciación é a mellor arma para mudar as realidades que nos vemos obrigad@s a vivir.

25

Black Friday IESON

Dende o equipo de biblio colaboramos co alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato como DONAS DE NÓS! Connosco outras compañeiras e compañeiros e o alumnado. Xuntos unímonos así co silencio e a palabra á dor que este Venres Negro do Día da Violencia de Xénero supón. Con este desfío, un particular “mannequin challenge”, queremos contribuír a crear conciencia nos mozos e mozas do noso centro.

25 de novembro: pola fin da vilolencia de xénero

Estes últimos días foron tempos para a reflexión. O 25 de novembro puxo ante nós o que é un pesar cotiá, incomprensible, pero cotiá: o causado pola violencia de xénero. Da man da profesora Carmen Mecías, o alumnado de 3º de ESO móstrounos os seus traballos. Estamos convencidas e convencidos de que, como en tantos outros temas, unha parte importante da solución pasa pola educación. Nesta liña incide a proposta que se nos ofreceu dende o Concello no marco das actividades arredor desta data: a actuación de Caramuxo teatro Eu de maior quero ser… 

Dende a biblioteca, montamos esta presentación. Abrímola cun fragmento do Manifesto da AELG  asinado por María Reimóndez,”O dioivo que non cesa”, cuxa lectura se fai necesaria.

Día internacional contra a violencia de xénero

http://www.pageplugins.com/generators/secret_magnifier/show.swf?baseURL=http://www.pageplugins.com/generators/secret_magnifier/&clickURL=http://www.pageplugins.com/&flashLABEL=PagePlugins.com&txt=%20%20%2025%20de%20novembro%20de%202009%20Rompe%20o%20silencio%20contra%20a%20violencia%20machista%2E%20Grita%2C%20canta%2E%2E%2Epero%20non%20consintas%20que%20che%20tapen%20a%20boca%2E%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20&cl1=16777215&cl2=0&cl3=5412570

La violencia es el último recurso del incompetente.(Isaac Asimov)