Escollemos algúns dos visual thinkings do alumnado de 2º de ESO A. Mirade que ben nos explican o que é a literatura! Na orde en que mostran, son de Aixa, Adrián Santos, Águeda, Noe e Hugo. Parabéns!



Escollemos algúns dos visual thinkings do alumnado de 2º de ESO A. Mirade que ben nos explican o que é a literatura! Na orde en que mostran, son de Aixa, Adrián Santos, Águeda, Noe e Hugo. Parabéns!
No segundo trimestre do curso pasado, no marco do tema interdisciplinario da sostibilidade, comezamos un proxecto que perseguía a facernos pensar sobre a nosa alimentación. Debates, das investigacións e experimentación para a elaboración dun libro de receitas vexetarianas. Da teoría, á práctica!
A profesora Ana Dapena, dinos na introdución:
“Incrementar o consumo de vexetais e legumes en lugar de carne diminuiría a nosa pegada hídrica porque para producir un quilogramo de carne bovina precísanse máis de 15.000 litros de auga fronte aos 4.000 que fan falla para 1 quilogramo de legumes ou os 131 litros para 1 quilogramo de cenorias.”
Co obxectivo de reflexionar sobre a nosa responsabilidade e os posibles xeitos de contribuír á loita contra o cambio climático, os alumnos de 3oESO A e 3o ESO B do IES de Porto do Son, nun proxecto desenvolvido nas materias de Física e Química e Lingua Galega, elaboraron este compendio de receitas, nas que se procurou empregar:
● alimentos o menos envasados posible, para evitar residuos.
● produtos frescos e de proximidade, para evitar a contaminación xerada polo transporte.
● produtos maioritariamente de orixe vexetal.
O receitario reúne tamén un glosario enmarcado no Tratamento Integrado de Linguas. Nas materias deste ámbito (Lingua Galega, Inglés e Francés), revisaron o léxico traballado e recolleron as equivalencias nas distintas linguas traballadas nese nivel. Achégannos unha selección das principais voces da alimentación saudable e os seus procesos en galego, castelán, inglés e francés.
As complicacións do día a día fóronse impoñendo. A revisión e maquetación final, foise retrasando. Pero… xa están aquí As nosas receitas vexetarianas. E que mellor que este tempo de boas intencións ao comezar o ano, despois dos excesos do Nadal, para presentárvolo!!!! Podedes velo e descargalo premendo na imaxe:
Con motivo do ANO INTERNACIONAL DA TÁBOA PERIÓDICA 2019, a facultade de Química da USC organizou un concurso de carteis dirixido a alumnado de secundaria. O cartel “ O WOLFRAMIO, O OURO GALEGO”, presentado pola nosa alumna Lara Martínez de 1º de bacharelato B, foi seleccionado entre os 30 finalistas do concurso.
O venres 24 tivo lugar, en dita facultade, a exposición dos carteis e a entrega de premios do concurso, quedando o cartel de Lara nun magnífico quinto lugar!!! Investigación e tratamento da información óptima! Parabéns!
Podedes ver o cartel e máis imaxes da xornada na páxina do centro.
A biblioteca foi o lugar escollido por Héctor Agrafojo, profesor do departamento de inglés e colaborador do equipo de bibliota, para facer a entrega dos galardóns da actividade de perfeccionamento da competencia no idioma que propuxo ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. O alumnado participante realizou un traballo de investigación que logo expuxeron no salón de actos.
Parabéns para Laura Logo, Laura Pego, Clara Tomé, Javi Dios e Suso Vázquez!!!
Podedes ler máis sobre esta actividade e os premios na páxina do centro.
Como sabedes, hoxe celebramos a Luís Seoane, figura homenaxeada no ano 2019 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes. Ademais de achegárvolo na exposición do equipo de biblioteca, facemos públicas as bases do concurso poético Cor e mais palabra.
BASES
CATEGORÍAS
A: 1º e 2º de ESO
B: 3º e 4º de ESO
C: 1º e 2º de BACHARELATO e ciclo.
PREMIOS POR CATEGORÍAS
En cada categoría haberá dous premiados que recibirán como agasallo cómics de escritores galegos ou traducións de autores representativos deste xénero.
No 2017 foran os cadros de Maruxa Mallo, homenaxeada entón no Día das Artes, os que nos inspiraran. Seguiamos o ronsel da obra colectiva Coroa poética a Urbano Lugrís. Nela, escritores e escritoras da literatura actual poetizan os cadros do autor. Lugrís foi un pintores máis destacados da pintura galega do XX, como Maruxa Mallo e Seoane. No enlace e neste pdf podedes ver a publicación colectiva que ofrece a Asociación de Escritores en Lingua Galega: URBANO Lugrís
Luís Seoane : cor e mais palabra
Luís Seoane é a figura homenaxeada no ano 2019 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes.
Foi un dos intelectuais do século XX comprometido coa cultura e a sociedade galegas, que contribuíu a engrandecer a nosa terra a través do seu labor como artista, escritor, xornalista, editor e promotor dun gran número de iniciativas culturais ao longo da súa vida.
Achegádevos á exposición para coñecelo. Saber da súa traxectoria vital e artística. Na Semana Cultural visitarémola e tamén podedes revisala nesta presentación.
As alumnas de Antropoloxía de 1º de Bac elaboraron un traballo de investigación no que descubriron que o activismo por un mundo máis sostible está ateigado de mulleres que consideran que o movemento ecoloxista non se entende se non é feminista: de aí xorde o ecofeminismo. Atoparon moitas mulleres que loitan pola protección do medio ambiente dende unha perspectiva de xénero e seleccionaron a dez de diferentes zonas do planeta. Dende Centroamérica, África, Europa ou Asia todas claman o mesmo: somos responsables do mundo que lle deixamos aos nosos fillos, ás nosas fillas.
Premede na imaxe para ver a presentación que fixeron a partir das súas investigacións. Coñecer para mudar, para transformar e exercer os nosos dereitos!
Hoxe recibimos aos nenos e nenas dos coles de Xuño e Portosín na Perseveira! E tamén visitaron a biblio! E volvemos contar, nunha das actividades de dinamización da lectura que máis nos gustan! Áxela e os rapaces e rapazas de 2º de ESO de Valores Éticos e do Club de Lectura fixérono moi ben!
Onte, 18 de febreiro, xuntouse o club de lectura dos benxamins arredor de Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, e falaron de Aine, unha nena trans que admira e desexa ser como Ziggi Stardust, David Bowie. Escoitaron algunha das súas cancións, o rap “En otro cuerpo”, a Skape e a súa canción “Colores”, souberpn da asociación ARELAS que axuda as persoas trans en todo o que precisen, viron a curta Vestido nuevo, falaron da peli La chica danesa…
Unha reunión que se nos fixo curta e que deu pé a reflexionar sobre esta situación. A obra gustoulles moito!
Estes días temos no centro a exposición de Amnistía Internacional “Amar non é un delito”. Trata sobre a dificultade existente en África para expresar la diversidade sexual. Fainos entender que alí a homofobia se combate día a día por activistas e cidadáns anónimos que loitan polos dereitos de lesbianas, gays, bisexuais, travestís e intersexuais.
Sabemos que en Europa non é fácil e que queda moito por facer. Concienciar sobre o que acontece no continente africano, conciencia tamén sobre o entorno máis próximo.