Menú navideño na Biblioteca de Porto do Son!!!

Unha vez máis Ana Freire, co seu sorriso e a súa enerxía, volveu polo centro. Xa case é do equipo!!! A súa proposta, crear un novo recuncho! A nosa biblioteca, a biblioteca do CEIP de Xuño, as axencias de lectura e os nenos e nenas da ludoteca fixemos unha vez máis un equipo! Alá foi cunha caixa con “produtos” dos nosos andeis!

E Ana transformou a biblio nun salón navideño que loce ben fermoso, con convite incluído: MENÚ LITERARIO! Hai para escoller… Que vos apetece máis, de primeiro un álbum ilustrado? De segundo, unha noveliña, ou contos, ou teatro…? E de sobremesa, que tal un cómic? Para a festa, uns versiños para cantaruxar? E ao día seguinte, ou á noitiña… unha peli? Apetecible, non si? Reservade xa!

E durante o tempo de Nadal, ata hai unha cheminea que coa súa caloriña acollerá tempiños serenos de lectura!

 

Unha árbore de Nadal con conciencia sostible

Os obxectivos da Axenda 2030 e o cambio climático son eixo de traballos, lecturas e proxectos no noso centro. A nosa ábore de Nadal é tamén unha árbore con conciencia sostible! Bo Nadal para a Terra!!!! Acompañamos estes tempos do cumio climático e da mocidade loitando por que exista un futuro!

NADAL NA BIBLIO!!! Xuntanza do club d@s maiores!

arbore

Estamos tod@s agardando as vacacións… Toca descansar un pouquiño, estar coa familia e os amigos ou aproveitar para ler.

Onte tivemos a sesión de Nadal do club de lectura. A biblioteca loce navideña e no corredor, xunto aos fermosos álbums ilustrados, únese ao tema interdisiciplinar: A COMUNICACIÓN.

Escoita, conta, fala, comunica. Poden ser tamén bos desexos para o novo ano que entra! As follas de xornal sosteñen as palabras da nosa árbore!

dav
dav

E os doces, o café e o cacao fan a conversa máis agradable! Desta volta os mozos e mozas do club de lectura d@s maiores, lemos El arte de volar, de Altarriba e Kim. Non era cousa de que esta xeración deixase de ler esta obra imprescindible do cómic. A nova proposta é un clásico: Nada, de Carmen Laforet. Con ela botaremos a andar o 2018!!!

Sin títulocLUB 2

 

artedevolar

9788423342792

CHÍOS no 100 aniversario das Irmandades da Fala

chío vermelloNestas datas acostumamos a pedir desexos para un ano novo, para un tempo Chío azul volteadonovo. Dende o equipo de biblioteca e o de Normalización, pensamos que tamén sería bo pedilos para a LINGUA GALEGA. Que mellor momento que o 100 aniversario das Irmandades da Fala, para dar CHÍOS que dean á fala MIL PRIMAVERAS MÁIS!!

Chíos deesexos

Estes són algúns deses chíos que encheron os nosos corredores…

#sentir en galego

#de xeración en xeración

#loitemos por ela

#o mellor idioma xd

#o galego como forma de vida

#na fala vive a alma da nosa terra

#que non se perda nunca porque se o perdemos perdemos un tesouro que levamos gardado

#falalo porque me gusta

#que non desapareza

#para sempre

#que o galego se escoite no mundo

#deixemos voar a nosa imaxinación por un ceo azul e branco

Desexos, primaveras… no 100 aniversario das Irmandades da Fala! Unha boa forma de comezar un novo tempo!

 

Chega o Nadal no club de lectura d@s maiores!

La nieta del señor LinhA neta

Un decembro máis, despedimos o ano disfrutando da lectura. Desta volta vimos de ler A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, un libro que fala da soidade de seres que tentan sobrevivir á dor que causan as guerras, ao desarraigo dos fuxidos, dos expulsados… Unha soidade que atopa acubillo nunha voz que se torna amiga e que é quen de tornar un ceo escuro nun día luminoso. Fomos falando del, relendo fragmentos que nos levaron a outros libros, a películas, a momentos vividos. Da man do seu lirismo.

dav
dav

Escoitamos unha parte desta entrevista que lle realizaron na Feira do Libro de Bogotá:

E tamén vimos a curtametraxe de animación da canadense Laura Stewart, La soledad de los abuelos, que nos leva a algúns dos sentimentos tratados na novela de Claudel:

A nova lectura, como non, a do noso compañeiro David, Todo o tempo do mundo. Con el falaremos á volta das vacacións.

xg00248701

O club de lectura do IES de Porto do Son e o equipo de biblioteca

Gifs Animados Navidad (104)

DESÉXANVOS UN BO NADAL!!!

Bo Nadal 2015-16!!!

campananadal montaxe

O alumnado de 1º de ESO e Silvia, coas súas profes, Teresa Fernández e Rocío, desexáronnos un Bo Nadal. Silvia montou unha árbore fermosa, agasallou a todos os profes e o persoal do centro con postais moi orixinais. Os rapaces e rapazas de 1º xuntaron as súas mans nun saúdo de agarimo no que escribiron o título dun libro que recomendan e os seus soños para o ano que comeza. 

Así de navideña lucía a biblio:

P1030796

 

Con ambiente festeiro celebramos o Nadal. Xuntamos os dous clubs de lectura e o de escritura -aínda que non estabamos todos polos exames de última hora- para comer bombóns, piñóns e galletiñas navideñas que preparou María Xesús e cantar vilancicos -algo desafinados, aínda que creo que as profes saímos mellor paradas!-.

Nadal Club

portada.fh11A vindeira sesión será conxunta e leremos un libro que irá turrando na nosa curiosidade: A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly.

Profe Iria, encantounos que estiveses connnosco nestas sesións. Se podes, gustaríanos que te achegases á seguinte para aprender de bichiños contigo e con Calpurnia! E se non é así, foi un pracer!

Bo ano a tod@s!

 

Os clubs de lectura deséxanvos BO NADAL!

P1030057

O luns tivemos a última sesión do 2014 dos clubs de lectura nunha biblioteca navideña. Os máis novos leran obras de Agustín Fernández Paz. 9788467035469Os maiores tiñamos unha lectura lixeira, Fundación Libélula de Yashmina Shawki. Se ben tanto as profes como o alumnado obxectou á novela o previsible da trama, esta deu para o debate que procurabamos: a muller, os seus dereitos tantas veces agredidos… A próxima lectura lévanos unha vez máis aos clásicos e ao teatro: Las bicicletas son para el verano de Fernando Fernán Gómez. Á volta falaremos dela.


Ben merecido temos agora o descanso de Nadal. Os clubs de lectura do IES de Porto do Son deséxavos  Boas Festas e que este Ano Novo veña con saúde e felicidade!!! Con cor, con cancións, con lecturas, con doces, con compaña… e con esperanzas cumpridas!

 

P1030055

P1030064

  

Bo Nadal!!!

Rematados os exames, presta un descansiño!

O equipo de biblioteca deséxavos un BO NADAL. Vémonos no 2014!

Só unha cousiña. Se andades coa cabeciña cansa para pensar no que os Reis han de deixar da vosa parte,  recomendámovos “agasallar en galego”. Non tendes máis que botar man das propostas que recollen dende a Coordinadora Galega de ENDL!

arbolbo nadal


 

P1020367