Nas ondas no Día Mundial da Radio con Billy Jean King!!!

Como ben sabedes, estamos a formarnos para traballar a Radio no centro. Fomos seleccionados entre os 20 centros que desenvolverán o proxecto Radio na Biblio, da Consellería de Educación. Somos concientes da valía deste recurso para garantir que o noso alumnado acade as competencias que marca o currículo, e, ademais, facéndoo dun xeito dinámico, motivador, enriquecedor na convivencia…!!!

Mulleres nas súas marcas 2

Javier Prado, de Rede Espora, é quen nos vai guiando no camiño. Co seu entusiasmo caracterizador, pediunos que fixésemos xa a nosa primeira emisión participando no Día Mundial da Radio, o 13 de febreiro. A campaña que este ano promove a UNESCO, As mulleres deportistas nas súas marcas, pretende visibilizar os seus éxitos e o seu traballo, tan pouco presente nos medios de comunicación. Non fixo falta moito para que nos apuntásemos! O tema pagaba a pena e… alá fomos cunha das nosas primeiras sesións radiofónicas. Na páxina da campaña, recóllese a  experiencia: o proceso, os centros que colaboramos e o podcast coas voces de alumnas dos distintos centros que poñen voz ás mulleres deportistas.

Día da radio

Nós enviamos tres propostas de gravación: a de Uxía, Noa e Xiana. Fixérono moi ben as tres, tendo en conta que era a súa primeira experiencia. Dende Radio Espora seleccionaron a gravación de Uxía para dar voz á tenista Billy Jean King, xunto coas das mozas doutros centros que axudaron a visibilizar estas mulleres.

ImaxesMulleresnassuasmarcasXA ESTAMOS NAS ONDAS!!!!!!