A OMIX estrea recuncho na Biblioteca Municipal!!!

Vén sendo frutífera a colaboración coa técnica da OMIX do Concello de Porto do Son, Ana Freire. Coma nós, entusiasta das bibliotecas e a lectura, dinamiza actividades arredor da lectura, e nós botamos unha man sempre que podemos! Neste camiño do servizo público e a posta en valor do comunitario, os fondos de medo da nosa biblio (cómics, álbums ilustrados, novelas…) enchen tamén neste Samaín o recuncho tan chulo que montou na Biblioteca Municipal!!! Aí estamos, xuntos facendo camiño!

 

O ALUMNADO DE ARTES ESCÉNICAS NA RADIO!!!

O obradoiro de radioteatro nos medios: unha entrevista. A radio do Son invitou o alumnado de Artes Escénicas para que explicaran o proceso de creación e gravación do relato Unha noite de Samaín. Foi toda unha experiencia coñecer unha radio por dentro e contestar a todas as preguntas que lles fixeron. Seguimos A traballar no tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN!!

visita a radio 2

O relato:

 

A entrevista:

A entrevista:

Gañadores do Concurso de relatos curtos de medo!!!

dav
dav

Tivemos que retrasar a entrega dos premios do Concurso de relatos curtos de medo para dar un pouquiño máis de tempo ao xurado. Non foi fácil a decisión, pero xa temos os gañadores!!! Aí vai:

Da 1ª categoría, Érika Ventoso Armental, de 2º ESO B

Da 2ª categoría, Jesús Luís Vázquez Pajares, de 4ºESO C

Da 3ª categoría, Susana Outeiral Caamaño, de 2ºBACH. B

Parabéns!!!!!!!!

Na sobre aínda están pechados, pero estes son os libros dos agasallos:

descarga

purgarinoceronte

 

 

 

 

 

 

E estes son os seus textos. Acomodádevos para entrar no medo e o misterio…:

Pasos

Sei que só me quedan unhas poucas horas de vida. Escoitaba os pasos que ían cada vez máis rápido. En secuencias repetitivas, como un zunido no oído de quen o escoitase. O medo en min aumentaba á mesma velocidade. Fose o que fose, cada vez estaba máis preto e non parecía querer parar. Ao final, co medo, deume un ataque ao corazón. Desminto que chamen rumor a que o sentido do oído é o último en perderse ao morrer. Pois ben, aquel incesante ruído que eu confundín con pasos non eran máis ca os latexos do meu corazón.

Érika Ventoso Armental

A pantasma das castañas

Fóra, a noite era fría e húmida. Avó acababa de acender a cociña de ferro e eu estaba a carón del. Entre as mans, apresaba unha boas castañas cocidas e mentres as roía, contábame como o seu irmán Antón as roubaba cando eran novos.

De súpeto, escoitamos que alguén petaba na porta. O avó ergueuse como se agardase unha visita. Oín como falaba cun tal Antón e veu buscar unhas poucas castañas para levarllas nun cesto.

A porta pechouse bruscamente e dixo: – “O Antón, que nunca falla nestas datas!!!”

Nese intre sentín un arrepío, pois Antón morrera. Corrín cara á porta. Abrina e vin como unha estraña figura cun cesto desaparecía.”

Jesús Luís Vázquez Pajares

Fatalidade

Está sentado a vinte pasos de min. Non se move. Só permanece fitándome atentamente como un depredador observando a súa presa.

Tremo. Quero escapar da gaiola na que me atopo. Grito. Choro. Achégase uns pasos. Agora está a quince pasos.

Asólame a agonía. Vexo a miña vida pasar e as miñas bágoas inundan o cuarto no que me atopo. Achégase. Só se escoitan as cadeas que sostén. Está a seis pasos.

Quero saír. Que alguén me axude. Por favor…

Xa está aquí. Silencio… Escuridade… Medo…

Rómpese o fío dun tear.

Susana Outeiral Caamaño

Concurso de relatos curtos de medo

Medo

Achéganse tempos de caveiras, meigas, cabazas e candeas!!!!

Dende a biblioteca propoñémosvos crear relatos curtos que comecen por algunha destas frases:
Está sentado a vinte pasos de min…
• Fóra, a noite era fría e húmida …
• Sei ben que só me quedan unhas poucas horas de vida…

BASES

Debe ser unha historia que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ha de comezar por unha das frases propostas.
  • Ten que ser unha obra orixinal do participante.
  • Escrito en galego.
  • Mecanografado a dobre espazo en Times New Roman nº 12.
  • O tema é libre.
  • O relato deberá ter entre 80 e 100 palabras.

CATEGORÍAS

  • 1º e 2º de ESO.
  • 3º e 4º de ESO.
  • Bacharelato e Ciclos.

PREMIOS

Concederase un premio por categoría consistente nun libro ou cómic de medo.

XURADO

Estará constituído por membros do equipo de biblioteca e persoal non docente.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN E ENTREGA

O prazo de presentación remata o 31 de outubro.

Os textos terán que levar un título e estar asinados cun pseudónimo. Entregaranse en conserxería nun sobre pechado. Na súa cara externa figurará o mesmo pseudónimo, o título do relato e a indicación “Concurso de relatos curtos de medo”. No interior, noutro sobre pechado, incluiranse os datos persoais (nome e apelidos, curso e grupo).

 FALLO

O 6 de novembro no blog da biblioteca. Ao día seguinte, no segundo recreo, repartiranse os premios.

O Samaín de María e Silvia

María, Silvia e as súas profes agasalláronnos cun convite de Samaín. Detrás da árbore do outono, unha cortina lixeira deixaba ver gatos, meigas, fantasmas e cabazas pendurando do teito sobre unha mesa chea a doces ben orixinais e ben ricos!!! Parabéns, gustounos asistir a esta festa terrorífica!!!


a740c65d-31b8-4644-b703-fa9f96551706-1silvia-porta

 

 

 

 

 

silvia-comida

 

silvia-gato

silvia-oreos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galardoados no certame de relatos de medo

Sonigrama O 9 de outubro convocabamos un Certame de Relatos Curtos de Medo. Tirando do adival dun dos sonigramas do  Diario Cultural – unha historia sonora, sen palabras- convidabámosvos a imaxinar un microrrelato que tivese entre  80 e 100 palabras.

Hoxe, no 2º recreo na biblioteca entregamos os premios e as chicas e os chicos que os recibiron léronnos os seus textos. PARABÉNS!!!!!

Premios
IMG_20141106_121019

O sonigrama pode ser a banda sonora que acompañe a vosa lectura se pinchades na porta:

 1º Categoría

Galego

A mina maldita

Hai anos a familia Muñoz foi pasar unhas vacacións a un cámping afastado. O lugar parecía tranquilo e acolledor. Ao chegar o seu fillo pequeno, Luís, de doce anos, comezou a explorar os arredores. Seguiu un sendeiro que o levaría ata a entrada dunha antiga mina. A curiosidade apoderouse del e aínda que lle pareceu un sitio perigoso, deciciu entrar. Todo estaba moi escuro. Pronto oíu un forte ruído de cadeas arrastrándose e unha risa malévola que o deixou petrificado. Unha porta renxente abriuse e dela saíu un corpo putrefacto. Ao lonxe resoaban uns ouleos terroríficos. Luís fuxiu arrepiado.

Nunca volveu a ser o mesmo!

Jesús Luís Vázquez Pajares, 1º ESO B

Castelán

El misterio de la casa encantada

Sophía Fernández Rodal. 2º ESO A

Se agazapó, conteniendo la respiración, rezando, que no la oyera. Se había topado con la bestia al rato de entrar y, tras escapar con terror, se había escondido en una habitación. ¿Pero por cuánto? Lentamente y chirriando, algo abrió la puerta. Lara chilló. La horrenda criatura se avalanzó devorándola. Un dolor agobiante la torturaba. Gritó. El dolor seguía… Tras sus últimos instantes de vida llenos de amargura y sufrimiento, notó que se elevaba en el aire. Ahora era incorpórea. Se había convertido en uno de los fantasmas penantes de la Casa Encantada, donde moraba el mal, encarnado en aquella criatura.

Sophía Fernández Rodal. 2º ESO A

 2º Categoría

Galego

A derrradeira gargallada

Esgotada de fuxir de algo que nin sequera podía ver, tan só me sentía feble, exposta ante o perigo.

Camiñaba coma se levase cadeas, coma se estivese presa do meu medo. Cada paso custaba máis, escoitaba aquel ser, sen dicir nada; transmitíame pavor.

A respiración saíame desesperadamente entre os beizos, xa fendidos polo vento.

Abrín aquela renxeante porta, que, por uns segundos, ofreceume unha gratuíta esperanza. O frenesí da liberdade petoume na cara. Traguei saliva e tremíame a boca. Aí estaba, aquilo do que escapaba, os seus ollos eran coma puñaladas.

Soltou unha gargallada de satisfacción e todo escureceu.

Xoana Rego Ageitos, 4ºA

Castelán

Lo típico

 

Encuentro una tubería oxidada a mi lado e intento bloquear la puerta con ella. Lo vuelvo a escuchar. Ese sonido de cadenas arrastrándose. Cada vez se acercan más a mí, lo noto. Intento no hacer ruido al respirar, pero tiemblo de miedo, y es en vano. Sabe que estoy aquí. Continúa acercándose, acompañado de los sonidos del bosque. Mi única defensa, cae. La puerta chirría y se abre lenta. Nunca termina de abrirse, y lo mismo le pasa al cerrarse. Lo veo. Me ve. No digo nada. Solo espero.

Carlos Calo Romeu, 3º de ESO

3º Categoría

Galego

El

Entón pechei os ollos e recordei as noites de inverno nas que miña nai me dicía que os monstros non existían. Que cambiara desde aquela? Abrín os ollos con cálidas bágoas percorrendo o perfil do meu rostro e busqueino coa mirada, pero xa non estaba alí. Levanteimee e acerqueime á porta. Acheguei a orella e o son oíuse claramente do outro lado. O medo dominoume e o meu peito axitouse. Xirei o pomo que a fixo renxer e a escuridade invadiuno todo. De súpeto o son fíxose insoportable  e caín. É o último que recordo.

Lúa Castelo Martínez 1º Bach. A

Castelán

Voces

El ensordecedor viento sacudía las ventanas de la fría habitación. Mis pasos eran pausados y vacilantes, y aún así, la decrépita madera crujía de un modo inexplicablemente lúgubre bajo mis pies. Al fondo divisé un vetusto y pequeño baúl. Crucé la estancia dispuesta a averiguar lo que se escondía en su interior. Meticulosamente lo abrí. Cientos de voces y gemidos recorrieron mi cabeza mientras apartaba todo tipo de objetos que nunca antes había visto. Por fin llegué al fondo del baúl, y fue en ese momento cuando comprendí la verdadera razón de mi muerte.

Rocío Rodríguez Piñeiro, 1º Bach A

“Pílulas” de medo na biblioteca!!!

Estes días as diferentes canles de televisión están xa a ofrecer películas de medo que nos van ambientando para a ponte de Difuntos. Na biblio retomamos hábitos doutros anos e acompañaremos a escritura de relatos de medo e as lecturas nas aulas ao abeiro do Samaín con  CURTAS DE MEDO!!!

imagesAsí pois, nos dous recreos do xoves non iremos á biblio a ler, estudar ou procurar información; estaremos alí para consumir estas pequenas pílulas de medo como entrante para unha fin de semana TERRORIFICAMENTE DIVERTIDA!!!

Retomaremos algunhas das curtametraxes que máis nos gustan, pero traemos outras novas. ACOMÓDENSE SEÑORAS E SEÑORES, COMEZAMOS A FUNCIÓN!!

child-watching-television-silhouette

 

A animación tradúcese a miúdo nunha forma de crear terriblemente acentuada polo elemento aparentemente infantil. Estes non son “debuxos” para pequenos. Ou si.

Bloque completo con  Jaulito, Gredd,  Sebastian´s Voodoo  e unha nova versión de O gatnegro de Edgar Allan Poe. 

Premiado nos Goya, A dama e a morte, de Javier Recio. Como en tantas ocasións humor e a dama negra van da man:

 Tuck me in ( Arróupame):

Lights out:

Lights Out – Who’s There Film Challenge (2013) from David F. Sandberg on Vimeo.

 

A casa do lado

Non sempre as cousas son o que… Merry Christmas:

Merry Christmas from Fran Casanova on Vimeo.

Un dos que máis nos gustara cando no 2010 fixemos outro pase de curtas de medo na biblio, Alma:

Que teñades unha boa ponte!!!

"Pílulas" de medo na biblioteca!!!

Estes días as diferentes canles de televisión están xa a ofrecer películas de medo que nos van ambientando para a ponte de Difuntos. Na biblio retomamos hábitos doutros anos e acompañaremos a escritura de relatos de medo e as lecturas nas aulas ao abeiro do Samaín con  CURTAS DE MEDO!!!

imagesAsí pois, nos dous recreos do xoves non iremos á biblio a ler, estudar ou procurar información; estaremos alí para consumir estas pequenas pílulas de medo como entrante para unha fin de semana TERRORIFICAMENTE DIVERTIDA!!!

Retomaremos algunhas das curtametraxes que máis nos gustan, pero traemos outras novas. ACOMÓDENSE SEÑORAS E SEÑORES, COMEZAMOS A FUNCIÓN!!

child-watching-television-silhouette

 

A animación tradúcese a miúdo nunha forma de crear terriblemente acentuada polo elemento aparentemente infantil. Estes non son “debuxos” para pequenos. Ou si.

Bloque completo con  Jaulito, Gredd,  Sebastian´s Voodoo  e unha nova versión de O gatnegro de Edgar Allan Poe. 

Premiado nos Goya, A dama e a morte, de Javier Recio. Como en tantas ocasións humor e a dama negra van da man:

 Tuck me in ( Arróupame):

Lights out:

Lights Out – Who’s There Film Challenge (2013) from David F. Sandberg on Vimeo.

 

A casa do lado

Non sempre as cousas son o que… Merry Christmas:

Merry Christmas from Fran Casanova on Vimeo.

Un dos que máis nos gustara cando no 2010 fixemos outro pase de curtas de medo na biblio, Alma:

Que teñades unha boa ponte!!!