14 de febreiro: Amor a primeira vista

Cres no amor a primeira vista? Cos libros tamén pode xurdir o frechazo: unha ollada, unha chiscadela, un ruxe ruxe no estómago… Si quero! Quero deixarme levar polas verbas e ver se me namora de verdade. 

Ven ao noso “First dates” e atopa o teu libro soñado. Quen sabe se está aquí a agardar por ti?

 

Advertisement

Tres versos de amor, esconxuro á guerra!

Son tempos de incetidume nos que a palabra AMOR ha de prender como semente que esconxura o medo e a dor. Palabra necesaria como auga e alimento; dadora de vida.

A nosa compañeira Teresa recompila nesta presentación os haikus gañadores do certame Amor na arte, emoción nun haiuku. Quen diría que, dúas semanas despois, os publicariamos nun escenario de fuxidas, de senrazón.

Velaí van, palabras da man da arte esconxurando a guerra…

Gañadoras do certame: Amor na arte, emoción nun haiku

Tres versos para celebrar o AMOR e poñer en palabras a ARTE. Amor á natureza, amor de parella, amor á familia, amor aos amigos e ás amigas, amor aos animais, amor á Terra…

Foron moitas as creacións que chegaron á final. Foi difícil a escolla! Mais houbo que seleccionar seis haikus, seis poemas que sosteñen a emoción dun cadro, dunha fotografía, dunha estatua. E as gañadoras do concurso do 14 de febreiro foron :):):):

Na primeria categoría,

Manuela Vázquez Cantariño, de 2º de ESO B e Mar Alvite Torres de 2º de ESO A

Na segunda categoría,

Celia Sanlés Suárez, de 4º de ESO A e María Sanlés Suárez de 4º de ESO B

Na terceita categoría,

Raquel Queiruga Romay e Julia Ventoso Piñeiro de 1º de Bacharelato A

Aquí as tendes, recollendo o agasallo: unha libreta e un marcapáxinas de Rosalía de Castro, cuxo nacemento conmemoramos a semana que vén. Esperamos que lles gustasen! Na foto falta Mar, pero enviámoslle a casa a noticia cun forte aplauso da súa clase! PARABÉNS PARA TODAS ELAS!

Xa vos dixemos que foi ben complicado seleccionalos, tanto que os finalistas enchen a cortiza e acompañan os libros que vos recomendamos para ler sobre o AMOR, ese sentimento universal que nestes momentos é tan necesario. Nuns tempos en que a distancia se instalou nas nosas vidas, en que o sentido de comunidade parece estar en risco, acollernos na ampla diversidade do amor aléntanos a seguir e a avanzar sen medos!

Na seguinte entrada poderedes ler os premiados e aqueles que tamén nos gustaron moito!

Concurso literario: Amor na arte, emoción nun haiku

Están xa as mimosas en flor, van medrando os días… e pronto chegará a Candelaria, e ao pouco, o 14 de febreiro, día en que celebramos o amor.

E xa que andamos metidos nas emocións, cal mellor ca esta?

Unindo natureza, arte e poesía chegamos aos Haikus: poemas breves, intensos que adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá, e a miúdo aluden a unha época ou momento do ano.

Suxerímosche que escribas o teu propio haiku para celebrar o Día de San Valentín e que participes no certame literario que convocamos dende a biblioteca.

A temática será o amor que podemos sentir en diversas situacións da nosa vida cotiá: por un irmán, de nai a fillo, pola parella, polos amigos, amor pola natureza…

Has de inspirarte nunha obra de arte: emocioArte!

BASES

  • Os textos deben presentarse en galego ou en castelán.
  • Cada persoa poderá enviar un máximo de tres haikus.
  • Os textos deben ser orixinais.
  • Os haikus deben partir dunha imaxe que incluirás no teu texto: podes partir da escolma dada ao final desta entrada ou escoller ti unha obra (pintura, escultura, fotografía, etc.) que che guste, pero debes indicar sempre o autor e o título da obra.
  • Publicaranse no blog da biblioteca os gañadores e unha selección dos presentados.
  • O XURADO resérvase o dereito de deixar deserta algunha das catergorías se os textos carecesen de calidade.
  • O prazo límite para entregar os textos é o 7 de febreiro de 2022. Darásllelos ao profesorado de Lingua Galega ou Lingua Castelá.
  • Formato. Nun folio debes poñer:
    • O título da actividade: Concurso literario: Amor na arte, emoción nun haiku.
    • A imaxe que elixas, centrada, co nome do autor e, se o ten, da obra.
    • O haiku.
    • Podes entregalo a man ou a ordenador.
    • Os teus datos pola parte de atrás: nome e apelidos, curso e grupo.

CATEGORÍAS

A: 1º e 2º de ESO

B: 3º e 4º de ESO

C: 1º e 2º de BACHARELATO e Ciclo.

PREMIOS POR CATEGORÍAS

En cada categoría haberá dous premiados que recibirán agasallos o 14 de febreiro na biblioteca.

E… COMO COMPÓS UN HAIKU???

Os haikus proceden de Xapón…

Son poemas sen rima de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente. Con todo, na literatura actual adoita estenderse a poemas breves en tres versos.

É necesario que estea  escrito de forma sinxela e natural.

A esencia do haiku é a brevidade, a sinxeleza e a intensidade: moito en poucas palabras.

Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá, e a miúdo inclúen unha referencia a unha época ou momento do ano.

Na literatura galega moitos autores compuxeron e compoñen estes poemas breves, ás veces, entendidos como poemas breves en tres versos. Marilar Aleixandre, Uxío Novoneyra, Xavier Queipo, Xoán Abeleira, Elena Villar Janeiro, o Leo…

AMOR NA ARTE: EmocionArte!

Moitas obras de arte inspíranse nese sentimento universal que o ser humano deu en chamar amor e que se reflicte en infinitas realidades e aspectos da vida cotiá. Esta é unha mostra, unha mirada, unha forma de entender o amor nalgunha das súas facetas: amor entre personas, amor á natureza, aos soños…

Vai pasando as diapositivas da presentación, seguro que atoparás a inspiración nalgunha delas! Debaixo tes o documento en pdf por se prefires descargalo.

Nesta presentación Gracia Sanctorum explícanos detidamente a orixe e o proceso de formación dos haikus. Nel podes ampliar a información.

Versos de Manuel María para namorar

Xa que andamos nun San Valentín de vento e chuvia, botamos man duns versos de Manuel María para namorar…

(…)

Eu socastineiro-no-rio-dos-vaos_11931518n o druída de dezanove anos

que se enguerella no teu amor,

vermello de lameiras e de ermos,

perdidos no escuro dun castiñeiro

unha tarde fría do inverno”

(…) “Prego dos dezanove anos” de Muiñeiro de brétemas.

A que sabe o amor?

Andamos nestes días nunha mestura de entroido e amor… Neste escenario recollemos o fío da proposta que Carlos Negro nos fixo cando o xoves pasado estivo con nós a falarnos de Makinaria e Penúltimas tendencias. Convidounos a facer poesía, repondendo á pregunta A QUE SABE O AMOR?

Estas son as pílulas de amor que foron saíndo das aulas de 3º de ESO: platocorazones

O amor sabe a un caloroso día na praia (Helisa Romerito Bien)

O amor sabe a ir a por todas (Sergio)

A compartir o último trozo de comida que queda (Pili Rodríguez)

O amor sabe a aquel perfume tan fermoso, Amor Amor

O amor sabe: A una tarde baixo os salgueiros,
                a un suspiro no vento…
                                                      a un sorriso teu.     (O Bro do Bronx)

Ao teu sorriso cando teño un mal día

O amor sabe á comida que máis prefires (Manu divo)

O amor sabe a pizza (La diva, Antía)

O amor é una dor innecesaria nun mundo cheo de erros. O amor é a picadura dun mosquito, pero tamén cando túa nai che dá un bico na ferida (Pablo Vila)

O amor sabe como as flores que florecen na primavera (Eva)

AO sol no horizonte (David Romero)

A mil días de aventura (Susana Outeiral Caamaño)

A matar a un mosquito cando che zumba pola orella (Fernán Bouzán)

O amor para min son mil e una ataduras, que che unen a una persoa. Non creo niso da media laranxa nin no amor eterno, non quero compartir cunha persoa a miña vida, porque nela hai cousas metidas en caixóns de cristal pechadas con cadeado de diamantes. Non quero flores nin xoias nin bicos que non me amosen nada,porque ao fin e ao cabo non existe nin o amor eterno nin a felicidade plena de estar con outra persoa. (Anónimo)

Alcaparra-Corazón1Dulce cando se produce,
Amargo cando se sufre

Á fermosura dunha rosa vermella e á amargura das bágoas de tristeza  (Cristina Santos)

Sabe a frío da almofada cando lle dás a volta una noite de verán. Un saúdo (Christian)

O amor sabe a sentimentos bos.

A durex con gel sexual
                    Mandanga Style!!!   (Anónimo)

Non existen palabras para dicir a que sabe.

A todo.

O amor sabe a rosas. Pero cando non funciona esa rosa podrece.

Sabe a dor de cabeza.

O amor sabe a días de tormenta nos que che fastidia non poder saír pero quedas na casa cun chocolate, un libro e de marabilla.

Non o sei nin me importa.

Ao principio a amorodos con nata e cando se agota, non sabe a  nada.

O amor sabe a caldo pola tarde e a marisco pola noite.

O amor sabe a doce, cun toque de amargo que se acaba convertendo en agre.

Como una rosa murcha nunha cúpula de cristal.

O amor sabe a una cacharela encima da xeada pola mañá. (Sergio Darnela)

O amor sabe a gominolas doces encerradas dentro dunha bolsa de plástico.

Sabe a sentimento de un cara ó outro  (Anónimo)

O amor sabe a…
                      Arco da vella

A que sabe o amor?
     A dúas persoas queréndose
  Nun mundo de dor    (Anónimo)

O amor sabe a libro.
Está moi ben, pero acábase    (Carlos Calo Romeu)

A proído intensificado polo desamor  (Andrés Romay)

O amor sabe a comprensión  (Juan)

O amor sabe a día, porque empeza brillante e cálido e acaba escuro e frío.

O amor sabe a mixta/chocolate  (Manuel)

O amor sabe a algo agredoce.

O amor sabe a …
     Unicornios.

O amor sabe a herba fresca na xuventude.

O amor non sabe, os sentimentos non se poden saborear.

O amor sabe a conxunto de problemas sen solución.

O amor sabe a alegría.

A un Cola-Cao pola mañá.

O amor sabe a tristeza, o que acaban sentindo os que o profesan.

O amor sabe a cousas raras sen explicación.

O amor sabe a…
algo.

O amor sabe a xeado de amorodo.

O amor sabe a aire fresco en primavera.

Sabe á euforia irrecoñecible de cada segundo por cada xesto e movemento. Sensación agridoce Amorque te vicia e pode sacar o mellor de alguén.

A xeado de vainilla nun día caloroso de verán.

Ao último anaco de pizza.

A brisa cálida en pleno inverno.

A brisa do mar nun día de verán.

O amor sabe a vacacións -sen clases-,

a durmir sen hora,

a lume en inverno,

a refresco enverán,

a regalo novo.

Quérote como…

Tomamos as palabras para “dicir de amor” e “os poemas de amor flutuaron polo aire” desta mañá de San Valentín no noso centro:

“Quérote como…” dixemos moitos e moitas hoxe. Cun sorriso, como cando lemos estes tres poemas de Raúl Gómez Pato en Choiva, vapor e velocidade:

Quérote como o meu  bisavó
levaba a boina,

altamente
e sempre na cabeza.

 

 Quérote como as chourizas
Ben feitas,
Docemente
Pero cun aquel de picante.
 

Quérote como o gato que durmía
A carón da lareira,
Despistadamente
Pero cun ollo no rato.

A Candeloria, en galego e en francés, entre filloas e crêpes.

O alumnado de Isabel e Corinne, as profes de lingua francesa, coñeceu costumes franceses… ou galegos… O caso é que foron máis alá dos dos libros de texto, os cadernos e a pizarra para se mergullaren mediante a práctica nos contidos socioculturais da materia. E abofé que experimentaron en toda regra manchando as mans de fariña e saboreando unha deliciosa lección a base de crêpes sobre le chandeleur, a candeloria, a festa do amor na sociedade tradicional, o día no que “os paxariños casan”, como se di por terras galegas.

la chandeleur from SonCine on Vimeo.

De (des)amores

Estas son algunhas das declaracións de amor que, en forma de poemas, foron preseleccionadas polo xurado do noso concurso.

Algún día foches meu,
sorte!
Agora véxote mirando as sereas,
Vaite coa primeira que atopes
Así afogues entre elas.

Algún día foches meu,
sorte!
Agora estas xogando con miñas inimigas ,
Vaite coa primeira que atopes
Que volverás entre elas.

Algún día foches meu,
sorte!
Agora estas vaixando coa miña amiga,
Así afogues nela.
Así afogues nela

Algún día foches meu, sol
Sorte!

Agora estou dicíndoche adeus

A túa querida lúa.

María Maneiro (2º C)


ESO É…
o que me enche de vida acotío,
… a primeira vista ao amencer,
… e a última ao anoitecer,
… onde me divirto eu xogando,
… onde eu aprendín a ler,
… a esperanza de todos os días,
… o desexo máis grande que poida ter,
… unha vida para min.
Eso é o encanto da miña terra, Galicia.

Nuria Torres (2º D)

As nosas Declaracións de Amor

O Concurso de Declaracións de Amor convocado polo Clube da Lingua e a Biblioteca xa ten gañadores, que recibiron cadanseu premio durante o festival de Entroido que se celebrou onte no instituto. Presentáronse máis de medio cento de declaracións nas modalidades de texto e de SMS e 2º e 3º da ESO foron os cursos máis activos e os maiores non se animaron nadiña. Quedou deserta a modalidade de Videodeclaracións. Vese que enfrontarse ás cámaras ten un aquel especial (cando menos a algúns porque a outros non tanto) aínda que a algunhas rapazas só lles faltou un pequeno empurrón.

Nos próximos días iremos publicando as mellores declaracións. Comezamos coas gañadoras:

1º PREMIO SMS:

Premio declarado deserto ao ser retirado, por plaxio, o traballo galardoado nesta categoría.

2º PREMIO TEXTO:

Amor de parvulario

Ódiote, ódiote tanto que non te quero ver.

Ódiote, ódiote tanto que che teño envexa.

Gústasme, gústasme tanto que te temo.

Séguesme gustando, e cada vez máis.

Quérote, quérote tanto, que o daría todo por ti.

O Dedos (Álvaro Fernández Carnota, 3º C)


1º PREMIO TEXTO:

Cando durmía

soñaba un mundo de fantasía,

no que ti me querías, no que eu te quería,

no que ti eras a luz do meu mundo negro,

no que ti eras as miñas ganas de seguir vivindo,

no que ti eras o meu consolo.

Pero cando espertei pensei que seguía soñando, pero deime

conta –outra vez- de que ti nin seuqera sabías que existía.

453 (José Vidal Ageitos, 2º B)