Seleccionados para “Radio na biblio”

Cos enredos de cursos, xornadas, exames e a ponte, aínda traemos hoxe aquí a nova: estamos entre os 20 centros seleccionados pola Consellería para participar no programa “RADIO NA BIBLIO”. Xa que andamos co tema da COMUNICACIÓN, habemos facer bo uso desta oportunidade que permitirá que profesorado e alumnado nos formemos para dar pulo á PALABRA!!!

logo_radionabiblio_256x256

 

Advertisement

17 de outubro de 1917: ARELAS DE LIBERDADE

dav
dav

Expomos libros de ensaio e banda deseñada e audiovisuais relativos ás transformacións políticas e sociais que comezaron a producirse en Europa no derradeiro ano da grande guerra.

A desfeita provocada pola guerra marcou mudanzas no pensamento filosófico e político, na organización dos estados e da política internacional e nas condicións de vida das persoas, nomeadamente dos obreiros do campo e da cidade e das mulleres. Aqueles viron que a revolución soviética facía realidade as arelas dunha sociedade máis xusta que reivindicaran as organizacións obreiras dende mediados do século XIX. Pola súa banda, as mulleres consolidaron a súa presenza no ámbito laboral e reivindicaron os dereitos políticos. A consolidación do socialismo na URSS e o sufraxismo contribuíron decisivamente á democratización dos reximes liberais. O opoio das masas frustradas polos tratados de paz e das burguesías temerosas do comunismo aos movementos fascistas sementarán os conflitos que provocaron a segunda guerra mundial. Mais esa xa é outra historia.

VIAXE A MADRID

Diana, Carla, María e Lucía porfiaron e porfiaron ata que me convenceron de que as levara a Madrid… A Porta do Sol, o Congreso, o Prado, Chueca, o Templo de Debod, o Barrio das Letras… Pero o broche de ouro foi The Primitals, o espectáculo de Yllana que nos divertiu, emocionou e, a máis de unha, namorou.  O que fixeron estes catro actores-cantantes no escenario é difícil de clasificar:  unha comedia de teatro xestual e un musical ao mesmo tempo. Tanto ten o que sexa, pero o que conseguiron foi que non esquezamos nunca esta viaxe porque “a vida é puIMG-20170204-WA0003ro teatro”.

Con Ledicia Costas, "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"


Esta mañá visitounos Ledicia Costas para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre a que foi lectura de trimestre na 9788491210702materia de Lingua Galega en 3º de ESO, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obra publicada por Xerais que foi galardoada no 2016 co Premio Lazarillo. Con ela soubemos un pouco máis de Xulio Verne e a súa relación con Vigo, de Sanjurjo Badía, da cidade a finais do XIX e dos avances técnicos e sociais que ían chegando a ela. A autora explicounos o porqué das mulleres plantas, a fascinación que estes “seres” de ficción causan nela, a súa querencia polas boticas e os mundos xa inxexistentes vencellados a elas.

Ao rematar, Adriana, Lara, Raquel e Xavi, de 3º ESOC, entrevistárona. Foi un rato agradable. Pronto poderedes vela e escoitala en SonCine. Coñeceredes algo máis da traxectoria literaria da autora -recoñecida con premios como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil,  o Premio Merlín, o Premio Neira Vilas ou o Premio dos Clubs de Lectura, entre outros-, así como do proceso creativo desta novela que tan ben acollida foi polo alumnado.

Parabéns a estas novas xornalistas e ao cámara!

leti_raquel

leti_lara_adri

 

 

 

 

Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”


Esta mañá visitounos Ledicia Costas para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre a que foi lectura de trimestre na 9788491210702materia de Lingua Galega en 3º de ESO, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obra publicada por Xerais que foi galardoada no 2016 co Premio Lazarillo. Con ela soubemos un pouco máis de Xulio Verne e a súa relación con Vigo, de Sanjurjo Badía, da cidade a finais do XIX e dos avances técnicos e sociais que ían chegando a ela. A autora explicounos o porqué das mulleres plantas, a fascinación que estes “seres” de ficción causan nela, a súa querencia polas boticas e os mundos xa inxexistentes vencellados a elas.

Ao rematar, Adriana, Lara, Raquel e Xavi, de 3º ESOC, entrevistárona. Foi un rato agradable. Pronto poderedes vela e escoitala en SonCine. Coñeceredes algo máis da traxectoria literaria da autora -recoñecida con premios como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil,  o Premio Merlín, o Premio Neira Vilas ou o Premio dos Clubs de Lectura, entre outros-, así como do proceso creativo desta novela que tan ben acollida foi polo alumnado.

Parabéns a estas novas xornalistas e ao cámara!

leti_raquel

leti_lara_adri

 

 

 

 

Zombillenium

Neste 2016 está prevista a estrea de Zombillenium, un filme de animación baseado nos tres cómics homónimos que ata de agora leva publicados en castelán o selo editorial Dib>buks. O título xeral, que conta coa súa propia páxina web, http://www.zombillenium.com/ e un perfil de Facebook, divídese en tres volumes. Os tres, Gretchen, Recursos Humanos e Control Freaks pódense atopar na biblioteca do IES de Porto do Son. O universo Zombillenium é obra do francés Arthur de Pins, un experto en utilizar o ordenador para levar a cabo as súas ilustracións no chamado debuxo vectorial.zombillenium-1

¿Qué é Zombillenium? Unha historia ambientada nun parque de atraccións moi especial, situado na cidade de Valenciennes. Un parque do terror xestionado por un empresario vampiro, Frances von Bloodt, e un amplo elenco de traballadores mortos: zombies, esqueletos, pantasmas, momias, demos, e só unha humana, Gretchen, unha bruxa becaria dotada de poderes asombrosos que episodio a episodio vai desvelándonos a súa historia.
Coa estructura dunha comedia moi ácida e cun humor moi negro, Arthur de Pins propón a través dos cómics de Zombillenium unha aguda crítica da nosa sociedade actual. Como el mesmo ten declarado: “ É unha crítica á sociedade de consumo, porque os visitantes do parque están considerados coma carne, que é o que pasa actualmente; os consumidores somos coma carne para vendedores e políticos”. E hai moito máis neste cómic: os traballadores están escravizados eternamente, o parque está en crise económica permanente, o pobo veciño protesta porque non ven contratar a xente (viva), e no volume 3, os accionistas do parque aceptan encantados a chegada dun novo director, un vampiro de Louisiana que introduce agresivos métodos para obter beneficios a toda costa… a costa do público e dos empregados.zombillenium-2

E contra iso, só Gretchen e o seu mozo Aurélien, un atractivo demo xigante de cor vermella, poderán presentar oposición. Triunfarán? Saberemos máis na aparición do volume 4. Unha lectura entretida, absorbente e moi reflexiva, que fará as delicias dos lectores novos e non tan novos.Mentres chega o filme, podemos facer boca visionando o vídeo clip do tema Nameless World do grupo SkipTheUse. Está dirixido polo propio Arthur de Pins e protagonizado polos personaxes de Zombillenium.

 

Benvida ao alumnado de 1º ESO

benvida

benvida-1

O pasado venres o grupo de Artes Escénicas de 4º da ESO, realizamos unha actividade de benvida ós alumnos de 1º da ESO co motivo de darlles a coñecer o centro no que estudarán os próximos anos.

Levounos varios días pensar como nos íamos organizar. Ao final todos estivemos de acordo: os rapaces terían que superar unha serie de probas que os obrigarían a recorrer o instituto.

O primeiro paso era levalos enganados ao salón de actos. Para iso ocorréusenos gastarlles unha pequena broma: a LOMCE mandara un exame de última hora que era preciso realizar con prontitude. Contaría bastante na súa media. Todos caeron na trampa debido a que esta nova lei é algo do que non temos moito coñecemento.

Pedímoslle que levaran as mochilas e continuamos. Tiñan que desempeñar cada proba nun tempo e se a superaban ben obtiñan a firma do monitor correspondente. Bailaron, pintaron, representaron… En definitiva, pasárono moi ben e aprenderon a orientarse polo instituto.

A nós levounos un pouco de tempo pero ao final conseguimos deseñar a actividade dentro da marxe temporal. Foi a nosa primeira organización no centro e sentímonos contentos porque todo marchara ben. Continuamos coa seguinte!!

                                                                                                                   Grupo de Artes Escénicas de 4º da ESO

O GRUPO DE TEATRO SON DO SON ESTREA FARSA DE BULULÚ

Copia de P1040306Despois de seis meses preparándoa xa ía sendo hora de que o grupo de teatro do Instituto estreara a súa versión da obra de Manuel María. A peza descríbenos a corte do rei Bululú, chea de presonaxes tan ridículos como o propio rei, cuxas preocupacións están moi lonxe das dos seus súbditos.Temos a impresión de que o público se divertiu a xulgar polas súas risas.
Queremos agradecerlle a Manuel María que nos regalara esta peza tan chea de humor e sátira para mostrar a súa condena contra calquer forma de autoritarismo.