“Ferramentas para contar”, obradoiro de técnicas de expresión

Onte, luns, ao mediodía, alumnos e alumnas do club de lectura dos maiores e do grupo de teatro comezaron o obradoiro de técnicas de expresión oral  Ferramentas para contar con Akira Casal. Trátase dunha colaboración coa Área de Xuventude do Concello. Haberá dúas sesións máis que nos axudarán a mellorar as Contadas, nas gravacións de radio, nas aulas… Un taller ben interesante e divertido!

“Anagnórise” con Limiar Teatro, no ronsel das Letras!

Seguimos co ronsel das Letras! Ás lecturas, ao traballo da exposición, ao radioteatro, á folidada e á Historia de amor de Serafín Marcos, engadimos o teatro!

O alumnado de 3º e 4º de ESO leu este trimestre Anagnórise, en 3º mesmo fixeron guións de radio para un programa sobre libros no que os convidados foron María Vitoria Moreno e os protagonistas da obra, Nicolau e Xulia (pronto os gravaremos para Onda Perseveira). E hoxe, na Casa de Cultura, asistiron á adaptación escénica que Limiar Teatro fixo da obra. A actividade foi promovida pola Editorial Galaxia como homenaxe á autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, así como a adaptación escénica de Leonardo e os fontaneiros á que asistiron os máis novos do instituto no mes de abril.

Limiar Teatro achegounos á obra de María Vitoria Moreno, cunha proposta novidosa e divertida, na que incorpora a linguaxe audiovisual, as novas tecnoloxías e a música para atraer un público que, na súa xuventude, se mostra polo común esixente e ao que é difícil sorprender. A escenografía, o fragmentarismo na escolla de elementos da obra, complementan a lectura desa Anagnórise que interpela o lector novo, a moza e o mozo que están a procurarse a si mesmo. Limiar Teatro soubo recoller a vixencia desta novela que hoxe segue a gañar lectores!

Estas son algunhas das opinións do noso alumnado:

“Pareceume divertida e interesante, explica moi ben todo o que acontecía na novela. Empregaban unha linguaxe sinxela e comprensible. (…) Os actores fixéronnos rir moito. A ocorrencia de poñer o coche no escenario foi atraente” (Ana)

“A obra pareceume divertida, interactuaron moi ben co público e calquera podía entendela” (Alén)

“Ao comezo (…) pareceume que non era moi boa, pero a medida que ía transcorrendo a obra, fíxose moi entretida. Os actores só precisaron o teito e a porta dun coche, uns focos e unha mesa de sons. Ademais, a participación do público fixo que esta representación conseguise alcanzar o punto humorístico que todos esperabamos” (Iria)

“A obra foi moi dinámica, divertida e variada. Non só se centraron no libro. Foi moi orixinal pois os actores presentaban as súas opinións e tamén tocaban a guitarra e bailaban, facendo que o público participase” (Rita)

“Na obra representaron escenas de Anagnórise, pero con gracia; iso gustoume(…) Foron moi astutos utilizando frases do libro e combinando elementos tecnolóxicos.” (Eloi)

“Gustoume, sobretodo, a posta en escena que daba a impresión de espazo acolledor, grazas aos cambios nas luces e trasladaba o espectador á viaxe en coche de Xulia e Nicolau. Paréceme inxeniosa a idea que tiveron os actores de colocar unha porta e o teito do coche no escenario. Ambos os actores, que nos fixeron vivir esta obra dunha forma máis intensa, son xeniais, ademais os dous son músicos e cantaban que daba gusto. Unha das cousas que non me convenceu foi o feito de que a obra de teatro se baseara nos diferentes comezos cos que abrir o espectáculo”. (Clara)

“Gustoume moito a obra xa que é moi orixinal. Contaba a historia do libro dunha forma divertida. ” (María)

Cando o alumnado de 1º de ESO asistiu á representación de Leonardo e os fontaneiros por Ubu Teatro estabamos coa migración de contidos do blog antigo a este. Aquela actividade publicámola na páxina do centro. Podedes lembrala aquí.

Seguimos facendo “cordada”: a mulleres contando!

Tere, a nosa compañeira do equipo de biblio, vén de montar esta presentación a partir da exposición “Día da Muller: contando facemos cordada”. Un agasallo para todas as palabras coas que a acompaña:

Volver a comenzar, Luz Casal

Como eu canto, SES

 

 Unha aperta a todas as mulleres que forman parte da comunidade educativa do noso IES. Grazas por axudarmos a que cada día sexa máis limpo, máis doado, máis rico….

 

O ALUMNADO DE ARTES ESCÉNICAS NA RADIO!!!

O obradoiro de radioteatro nos medios: unha entrevista. A radio do Son invitou o alumnado de Artes Escénicas para que explicaran o proceso de creación e gravación do relato Unha noite de Samaín. Foi toda unha experiencia coñecer unha radio por dentro e contestar a todas as preguntas que lles fixeron. Seguimos A traballar no tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN!!

visita a radio 2

O relato:

 

A entrevista:

A entrevista:

RADIOTEATRO!!!!

Imos dando pasiños no tema interdisciplinar, A COMUNICACIÓN. Ánxela Doval, compañeira de equipo de biblioteca e responsable da materia de Artes Escénicas e o grupo de teatro do centro, recolle para nós esta interesante actividade que puideron disfrutar os nosos alumnos e alumnas grazas á colaboración coa área de Xuventude do Concello:
“Unha vez máis a compañía de teatro Fanfarra de soños estivo no centro para gravar un fragmento de radio teatro. Akira e Rober, os compoñentes da compañía, fixeron que os nove mozos e mozas do grupo de Artes Escénicas viviran unha aventura irrepetible. Foron días de traballo intenso para conseguir crear un relato de medo entre todos. O resultado, Unha noite de Samaín, poderédelo escoitar dentro de moi poucos días na radio do Son. María, Berni, Soraya, Iria, Sergio, Andrea, Sara, Loreto e Érika xa están dicindo: queremos máis!
dav
dav
dav
dav

Radioteatro

De momento só vos podemos deixar o enlace da anterior gravación:

NOVIDADES para ver, ler, sentir…

Un ano máis comezamos o curso na biblioteca cunha exposición de novidades. Temos sobre todo álbums ilustrados con títulos tan suxestivos como Frida, Historia de la vida, Un millón de mariposas ou La niña de rojo. Pero non só hai novidades nesta sección, tamén temos cómics como La guerra civil española de Paul Preston e ilustrada por José Pablo García, El caminante de Taniguchi ou El ala rota, na que Altarriba nos achega unha vez máis ao noso pasado a través dunha historia familiar. Outras adquisicións moi interesantes son dúas obras da escritora bielorrusa Svetlana Alexievich que foi premio nobel en 2015. E para rematar, os entusiastas da Historia teñen dous títulos moi atractivos Camarada de invierno sobre a División Azul e 40 años con Franco. E, por suposto, moitas máis adquisicións que o espazo non dá para recoller. Agardamos que te deas un paseo pola exposición, estamos seguros de que atoparás algo ao teu gusto.

dav
dav

Coa CENDLB celebramos as Letras Galegas e a obra de Casares

Un ano máis, cos nosos compañeiros da Coordinadora de Equipos logo coordinadora_pequenode Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), celebramos o Día das Letras Galegas dando a coñecer a obra de Casares cun díptico que faremos chegar nestes días ao alumnado e ás familias. Dende o noso centro, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca elaborou, coa axuda do departamento de Plástica, a parte correspondente á obra. A agarimosa caricatura central parte da realizada polo ilustrador Santy Gutiérrez.  e as imaxes das portadas proceden da páxina da Fundación Carlos Casares e da editorial Galaxia.

Un díptico para xogar con Casares, para coñecelo e para abrir a porta á obra dun dos escritores máis destacados das nosas Letras, que contribuíu co seu labor político e cultural a asentar as bases da identidade de Galicia. Sempre, acompañado dun sorriso, da escoita atenta e a conversa.

Dende o equipo de biblioteca achegámosvos a súa obra e recollemos unhas palabras del que publica a revista Raigame no número que lle vén de adicar e que facemos nosas:

“Eu fun educado dentro da filosofía de que había que apoiar os proxectos que foran culturalmente interesantes independentemente de que fosen rendibles”.

dav
dav

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén poderedes afondar na súa vida e na súa obra pola exposición que nos enviou a Consellería de Educación.

Cousas, de Castelao, polos Quinquilláns

O mércores 19 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO, asistiu á representación da obra de Castelao, Cousas, no Coliseo Noela de Noia. Foi levada a escena pola compañía os Quinquilláns, dentro dunha campaña de dinamización da obra levada a cabo pola editorial Galaxia. A actividade complementa o traballo realizado nas aulas na materia de Lingua galega.

 

bst
bst
sdr
sdr