
O noso centro tivo unha alta participación no VII Concurso de Poesía Escolar Rosalía de Castro convocado pola Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés, participación que se viu recompensada con dous premios, dous segundos accésits de 100 euros cada un e a publicación dos seus textos para Clara Tomé Mariño e Suso Vázquez Pajares, nas categorías de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato. Os dous son membros do club de lectura dende que, comezaron a súa andaina no centro e son caras habituais en concursos organizados no centro. Informáronnos tamén que o xurado decidiu incluír varios dos poemas presentados por outros alumnos no libro que se publicará coa recomilación dos textos premiados e os máis destacados. Recuncamos recoñecementos por terceira vez neste certame, pois xa foi recoñecido o bo facer literario dos nosos rapaces e rapazas na cuarta e quinta edicións!
Parabéns a Clara e a Suso e aos alumnos participantes!!! E, por suposto, parabéns tamén ás alumnas e alumnos gañadores doutros centros!
O venres 7 de xuño ás 20.00h, terá lugar a entrega dos premios na sé da Fundación Rosalía de Castro. Aí estaremos acompañándoos!
Informáronnos tamén que, dada a alta calidade dos textos presentados, algúns d deles serán incluídos
Clara e Suso presentaron interpretacións poéticas sobre cadros de Luís Seoane. Esta foi unha actividade promovida pola biblioteca do centro no ano en que se adica a este artista, escritor e dinamizador cultural o Día das Artes Galegas. Contribuímos deste xeito á posta en valor e divulgación dunha das figuras máis destadas da cultura Galega, non suficientemente recoñecida.
Creación poética inspirada na creación artística. Xa o víramos no concurso poético sobre a obra de Maruxa Mallo. As artes petando á porta do ensino! As artes e a palabra para dar voz á vida!
Publicaremos os poemas unha vez que o fagan os organizadores do certame. Pero achegaremos os textos dos outros participantes no concurso do centro.