Quen somos…? Pois somos a Biblioteca do IES de Porto do Son. E hai uns anos eramos así:
Había que tranformar a biblioteca!
No curso 2008-2009, participamos nun proceso de formación e elaboramos un proxecto que presentamos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, un programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe. No curso 2009-2010, entramos a formar parte da rede PLAMBE . Coa subvención recibida, traballamos no verán e pasamos a ocupar un espazo máis amplo, tranquilo e próximo ás aulas que convertemos nunha aula-recurso acolledora e multidisciplinar.
Dende entón, o equipo de biblioteca presta servizos á comunidade educativa practicamente na totalidade do horario lectivo e desenvolve labores de xestión, formación de usuarios, alfabetización informacional e dinamización. Dentro das actividades complementarias, coordinamos dous clubs de lectura, un para alumnado de 1º a 3º de ESO e outro para os maiores, de 4º a 2º de bacharelato.
E agora somos…