DÍA DO LIBRO, LENDO MICRORRELATOS

E hoxe, que mellor forma de celebrar o Día do Libro que facelo entre libros? Alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato leron para nós na biblioteca os seus microrrelatos. 👏👏👏 Aquí podedes ler unha selección pinchando na imaxe da portada da publicación. O resto están tamén na biblio, acompañando os libros que vos agardan nos andeis! Parabéns aos alumnos e alumnas e ás profas, en especial a María Míguez!!!!

IMG_20180423_101720.jpg

IMG_20180423_101606.jpg

IMG-20180423-WA0003.jpg

O reto: 2018

Comezamos o ano con forza! O departamento de Matemáticas, en colaboración co equipo da biblioteca, vén de lanzar o reto 2018: obter todos os números do 1 ao 100 facendo operacións cos díxitos deste ano: 2, 0, 1 e 8. Hai que usar obrigatoriamente os catro díxitos e non se poden repetir!

O alumnado de 2º de ESO xa comezou a desfrutar desta actividade, que está aberta á participación de todo o instituto. Anímate! Xa conseguimos calcular máis de 20 números!

reto1