Ler en tempo de confinamento! Día do Libro, 23 de abril de 2020!

Levabamos un mes en “shok”! O covid-19 meteuse nas nosas vidas, nos abrazos, nos bicos, nos paseos, nos xogos… Pero hai un lugar onde non está: nos libros!!! O ruxerruxe de compañeiros e compañeiras e da rapazada  e o equipo de biblio colleu carreira de novo porque imos celebrar: O DÍA DO LIBRO!!!!

Van aí recomendancións de lecturas e recursos que nos consolan e nos lembran que a vida segue aí!

O primeiro, Galicia Le, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que nos dá acceso libre aos seus catálogos só con rexistrarse aquí:

2. Gálix ofrécenos  “Recursos abertos con moita LIX” (contos, concursos, libros para descargar, tradición oral, radio, pódcasts, etc. Todo o que se move por aquí).

Entre todo o chulo que recomendan, a nós encántanos a Pandemia de contos, para disfrutalos grandes e pequenos:

Bibliotecas desas que levan moitos anos traballando pola lectura,  como a de Oleiros, que nos contan do Día do Libro e por que Kuala Lumpur é a Capiltal Mundial do libro:

 

A sempre querida Biblioteca Ánxel Casal que nos achega recomendacións dende a casa:

Audiolibros da Biblioteca Cervantes:

Banco de relatos sonoros, “Nosotros te leemos” da Rede de Bibliotecas de Lorca:

Da Biblioteca do Congreso, da BNC aos teus ouvidos, pódcasts con poemas, contos… para toda a familia:

E, por suposto, TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS que seguen CELEBRANDO A LECTURA!

De roteiros de crimes, de medo… e de humor!

Unha vez máis, é o noso compañeiro David quen nos conta dun roteiro atraente. Unha boa ponte para viaxar, mais, estando na que estamos, propoñémosvos un paseo literario acorde ao peto e a estes días menguados de luz e medrados en medos. Trátatase da iniciativa da Biblioteca Pública Ánxel Casal, un roteiro virtual ou real, polas rúas de Santiago: a Porta do Camiño, o vello cemiterio de Bonaval, a rúa da Oliveira, a Praza de Cervantes, a Moeda Vella, a Acibechería, a Catedral … Vannos guiando os textos de Carlos Reigosa, Román Raña, Diego Ameixeiras, Suso de Toro e Roque Monteiro. Perseguimos o asasino, intuímos o crime, alentamos…

 

Mais entre cabazas, samaíns, e doces de Santos, ha de haber tempo para acompañar a algún maior aos cemiterios. É certo que o asunto non é de tomar a broma, mais hainos que levaron nos epitafios o humor  ata a morte, nesa  mestura de dor, resignación e ironía tan de noso. Algúns en galego, que recolleu o actor Carlos Blanco para un dos seus espectáculos, a maior parte, en castelán. Esperanzado, o de Cunqueiro:

“Carallo, ese si que picaba…”.

“Non era nada…, non era nada”.

“Cajo na Mari Luz, alá se me foi o disco duro. Pois resateo”.

“Un opositor deixou escrito: por fin teño un posto fixo”.

“Ás veces vexo vivos…”.

“Dádeme a volta que xa estou moreno deste lado…”

“Queredes gusanitos?”

“Toda na miña terra é paisaxe menos traxe, paxe e garaxe”

” Con amor de todos tus hijos, menos Ricardo que no dio nada”.

Aquí yaces y yaces bien, tú descansas y yo también”

“A mi marido, fallecido después de un año de matrimonio. Su esposa con profundo agradecimiento”.

Na tumba de Johann Sebastian Bach: “Desde aquí no se me ocurre ninguna fuga”.

Encargouno poucos días antes de morrer: “Os dije que estaba enfermo”.

“Ya os decía que ese médico no era de fiar”.

Un marido na tumba da súa muller: “Aquí yace mi mujer, fría como siempre”.

Moi de actualidade: “Volveré para vengarme de los bancos”.

Na tumba dun ludópata: “Game Over”

Para os días de hoxe, tamén: “Si sois inspectores de Hacienda, lo siento, no les puedo atender”.

Marqués de Sade: “Si no viví más, fue por que no me dio tiempo”.

Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis