Encontros PLAMBE 2014: ciencia na biblioteca escolar

P1020485Este ano o lema elixido para as Bibliotecas Escolares do PLAMBE foi Ler ciencia na biblioteca escolar. Este foi tamén o tema dos Encontros deste ano. Nunha das interesantes charlas -non quero deixar de citar a intervención de Inés Miret-, Jorge Mira, entre outras moitas reflexións sobre a lectura e as ciencias- entre elas a defensa da posibilidade de estudar e explicar ciencia en galego- , recomendounos este vídeo onde o pato Donald nos mostra como ver o mundo que os rodea dende a óptica das matemáticas. Penso que é moi interesante.

 

Nós estivemos nos Encontros dando a coñecer Con brillo de cometa, a ferramenta que realizamos – xunto con algunhas compañeiras do centro nun grupo de traballo no curso pasado- sobre a formación documental dixital e a astronomía. Compartimos mesa con José Manuel García do IES Parga Pondal de Carballo.

encontros

 

O ronsel do cometa…

 O ronsel do cometa…  Seguimos coa astronomía no marco do Proxecto Comenius. Esta semana chegaba o profesorado e o alumnado dos centros de Finlandia, Francia e Dinamarca que compartían con nós esta viaxe polo espazo. Estes son algúns dos traballos que se realizaron o curso pasado e no que levamos de trimestre. Encheron o corredor corredor principal os sistemas planetarios dos cursos de 1º de ESO guiados por Carmen Mecías e María Penalta saíron das clases de Sociais e Ciencias Naturais; as rimas, refráns e usos da astronomía na tradición popular do alumnado que agora cursa 2º e 3º de ESO nas aulas de galego; os poemas compostos nas áreas de linguas e ciencias sociais; e a exposición das ilustracións creadas polo alumnado que  agora está en 4º de ESO a partir da lectura de Xulio Verne Da Terra á Lúa, resultado dunha actividade interdiciplinar dirixida por Plástica, Galego e Francés.

 Pois iso, un anaquiño dese ronsel…

con brillo de cometa 2012-2014

http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&pl=as&c=#dfdfdf&p=1990723_635200926148845000

Formación documental dixital: Con brillo de cometa

Dentro das actividades interdisciplinares do curso pasado centradas na astronomía, o equipo de biblioteca coordinou un Seminario de Formación arredor tema da Formación dixital documental. Pretendiamos  crear unha ferramenta pedagóxica coa que guiar ao alumnado na competencia de aprender a aprender a través da rede. Debía partir do tema central do Programa Comenius que se había de desenvolver en dous anos lectivos, pero, ao mesmo tempo, ser útil para futuras necesidades pedagóxicas da biblioteca e dos diferentes departamentos. Co esforzo común dos integrantes e o bo asesoramento da coordinadora do Cafi e dos docentes, entre eles os nosos compañeiros Antón Bécares, Xulio César Iglesias e Román Cerqueiro, creamos Con brillo de cometa.

Ao longo do curso, poñerémola en práctica en 1º de ESO, en Proxecto Interdisciplinar e nos diferentes departamentos que estivemos integrados no seminario. Será unha oportunidade para avaliala e mellorala se fose preciso.

iconaEscollemos como imaxe identificativa unha ilustración de Adriana Ferreiro, de 3º ESO. É a que seleccionamos das que o alumnado de 3º de ESO realizou na actividade dirixida polos profesores dos departamentos de Plástica, Lingua Galega e Francés Alfonso, Mª Xesús e Conchi: a ilustración de Viaxe á lúa de Xulio Verne. Con estes traballos montaremos unha exposición en novembro.

 Podedes consultar este traballo dende este blog -na sección “Aprender a aprender” da columna da esquerda e na aula virtual do noso centro.

 

Semana cultural: maio 2013 "EPPUR SI MUOVE"

A astronomía tívonos ocupados ao longo do curso e foi o tema central da Semana Cultural “Eppur si muove”. Roteiros, cine, recitais, charlas… Brillo de cometa para mirar o universo!

 

http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&pl=as&c=#dfdfdf&p=1836383_635055751586847500

Semana cultural: maio 2013 “EPPUR SI MUOVE”

A astronomía tívonos ocupados ao longo do curso e foi o tema central da Semana Cultural “Eppur si muove”. Roteiros, cine, recitais, charlas… Brillo de cometa para mirar o universo!

 

http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&pl=as&c=#dfdfdf&p=1836383_635055751586847500

Stars of Europe: Dinamarca

Na actualidade o IES de Porto do Son está implicado nun Proxecto Comenius relacionado coa Astronomía, proxecto co que vén colaborando o equipo de biblioteca. Este abrangue os cursos escolares 2012-2013 e 2013-2014 e nel participan, ademais do noso centro, os seguintes institutos de Francia, Finlandia e Dinamarca:

No mes de Xaneiro de 2013 iniciamos as visitas indo a Dinamarca. En Maio visitaremos Francia. Despois acolleremos a tódolos participantes no noso centro en Novembro de 2013 e, finalmente, a derradeira visita será aló por Maio de 2014 ao centro finlandés.
Esperamos que este proxecto sexa a punta de lanza para vindeiros proxectos.

Información adicional podédela atopar na páxina : starsofeurope.weebly.com/ [Aínda en período de elaboración ]

A nosa compañeira do equipo Paloma Labandeira montou a seguinte presentación sobre a viaxe a Dinamarca que fixo cos profesores e alumnos e alumnas que nos representaron no programa Comenius. Unha vez máis, o compromiso e o esforzo do profesorado do ensino público!Detrás hai, e haberá aínda, moitas horas de traballo fóra do horario lectivo. Os beneficiados, os mozos e mozas.

 

 

 

 

 

 

 

SonCine montou tamén este vídeo:

VIAXE A DINAMARCA. STARS OF EUROPE. COMENIUS. from SonCine on Vimeo.

Con brillo de cometa

Xa levan un tempiño ás portas da biblio. Son as exposicións “Con brillo de cometa” e “Astronomía en viñetas”. Coa primeira achegámosvos os fondos que temos sobre o tema: pelis, cómics, novelas, libros de divulgación científica… Podemos viaxar ao espazo tan ilusionados como fixera Xulio Verne na súa Viaxe á lúa.

Entre versos, pasamos da primeira á segunda: viñetas de Quino, Forges, Ramón, Medina, Mingote…  Humor para cuestionarnos este mundo das estrelas. Agradecemos ao IES A Xunqueira II que nos permitise utilizala.

Ao abeiro do Programa Comenius, iremos seguindo o ronsel deixado polo brillo dos cometas.