O galo Mirindolo e os nosos álbums ilustrados

O Nadal é sempre unha boa época para sacar aos corredores algunhas das alfaias da nosa biblioteca: os álbums ilustrados. Ao carón das palabras,  Jimmy Liao, Benjamin Lacombe, Rebecca Dautremer, David Daniel Álvarez, David Pintor ou Innocenti impactan, evocan, emocionan e cuestionan coas súas imaxes.

Mais nesta ocasión temos un novo membro entre os nosos álbums: aXente Corrente. Galo Mirindolo escrito por Tino Fuentes, musicado por Xoglares e editado por AgaSalle.  O responsable da calidade plástica do libro é Fernando de Castro, un dos nosos compañeiros do Departamento de Plástica, que nos permitiu expoñer os bosquexos e probas de imprenta que nos falan do proceso de creación na ilustración.

Como veredes, este galo ben moderno loce a súa cresta con fachenda merecida. Non é pouco o seu labor: guiarnos no comportamento que debemos ter como pasaxeiros, peóns ou condutores. O libro ofrece un diálogo de imaxes en cor e branco e negro, de estéticas realistas e anovadoras, de vida e arte, de educación e lecer. Palabra, debuxo e son.

O galo Mirindolo saúda a maiores e pequenos dende a cuberta co seu sombreiro. Seguro que nos coles e nas nosas casas ha de dar que falar e que cantar!!  Será un bo agasallo nestas festas!!!

 

2013-12-16 01.40.43