No Recuncho de Cómic da ÓMIX e a Biblioteca Municipal

No Recuncho de Cómic da OMIX e a Biblioteca Municipal! 😊Participamos no obradoiro de cómic de Fonso Barreiro para as mozas e os mozos dos clubs de lectura 👏👏 A banda deseñada tamén na exposición Á violencia de xénero… dille NON!!!
Os nosos cómics e a exposición que fixeramos hai uns anos, uníronse a fondos da mostra. De novo, optimizando os fondos públicos e dinamizando xuntos a lectura!!! Parabéns ao Concello pola inicativa!!!

Os nosos cómics na biblioteca municipal!

Unha nova colaboración da nosa biblioteca coa OMIX do Concello do IES de Porto do Son e a Biblioteca Municipal 😊. Desta volta, unha mostra dun dos xéneros que máis nos prace dar a coñecer: a banda deseñada! Dos clásicos á novela gráfica actual, do cómic galego ao castelán, ao francés… ao universal. Heroes, vidas, denuncia, concienciación, humor, entretemento, amor, desamor, igualdade, inclusión… Alá foron tamén os carteis que fixera o noso alumnado. É sempre un pracer participar nestas iniciativas de dinamización lectora tan necesarias 👏👏👏 nestes tempos de présas e pantallas! Unha vez máis, os recursos públicos ao servizo da comunidade!

Con Manuel Portas, falando de “Lourenço, xograr”

Trobadorismo, Idade Media, saber de nós, lusofonía… E o pracer por escribir… De todo isto, da súa obra “Lourenço, xograr”, nos falou onte Manuel Portas nunha charla ben interesante na biblio 🙌🙌🙌 Estamos traballando esta novela, que foi Premio García Barros en 1° de Bacharelato.

No Día Internacional dos Dereitos do Nenos e as Nenas

Alá por 1924, a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aprobou a Declaración dos dereitos do neno. Tras a 2ª Guerra Mundial, en 1948, aprobouse unha segunda declaración. Unha terceira, de 1959, melloraría as anteriores. É nesta data cando, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas propuxo a celebración dos dereitos do neno o 20 de novembro. Cúmprense hoxe o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. E nós, dende a biblioteca, tamén o celebramos: unha exposición e unha presentación que se pasou hoxe na entrada do centro. Informar para avanzar. Axenda 2030? Si, queda moito por traballar!

Entra aquí para poder ver a presentación, coa música de Sés!

 

 

 

Procuramos información… nas enciclopedias!!!

Na materia de ITI, en 2º de ESO, estamos aprendendo a procurar información, a investigar, a contar o que aprendemos… E claro, sempre buscamos na rede, pero… e outras fontes de información? Por iso fomos á biblio, a esas estanterías que gardan as enciclopedias que case non empregamos. Lemos, comparamos, escollemos e incorporamos aos nosos traballos.

A Little English Challenge

 

 

A biblioteca foi o lugar escollido por Héctor Agrafojo, profesor do departamento de inglés e colaborador do equipo de bibliota, para facer a entrega dos galardóns da actividade de perfeccionamento da competencia no idioma que propuxo ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. O alumnado participante realizou un traballo de investigación que logo expuxeron no salón de actos.

Parabéns para Laura Logo, Laura Pego, Clara Tomé, Javi Dios e Suso Vázquez!!!

Podedes ler máis sobre esta actividade e os premios na páxina do centro.

 

Gañador@s do concurso Luís Seoane, cor e mais palabra

Onte, no marco do Día das Letras Galegas, entregamos na biblioteca os premios do concurso Luís Seoane, cor e mais palabra, convocado polo Equipo de Dinanización da Lingua Galega e a biblioteca. Sebastián, María, Mariña, Helena e Adriana recolleron os agasallos: cómics en galego. Segundo o xurado, a escolla non foi nada sinxela. Moitos dos poemas aportaron palabra á cor dos cadros de Seoane. Sen dúbida, no noso centro, celebramos a Seoane (mesmo máis que algúns organismos públicos que terían que telo feito, cando menos este ano); a visita á exposición realizada dede a biblioteca foi unha das actividades da Semana Cultural .

Adicámosllo a Fraguas. El e Seoane loitaron por manter a identidade de Galicia!

Parabéns a tod@s por participaren e, en especial, aos gañadores (por certo, seguimos tendo moita máis participación feminina!!! Mozos, espabilade!).

 

A exposición de Sostibilidade segue medrando

Vai medrando a exposición de sostibilidade cos traballos que chegan dos distintos departamentos. Desta volta son os produtos dos traballos de Plástica elaborados con material de refugallo e os poemas que o alumnado de 3º de ESO fixo na materia de Lingua Castelá a partir dos versos iniciais de poemas de Consumir preferentemente, de Raúl Vacas. Seguimos creando conciencia. Tamén sobre a arte! Para ler os POEMAS PARA A SOSTIBILIDADE, premede na imaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Luís Seoane: cor e mais palabra. Día das Artes Galegas.

Luís Seoane : cor e mais palabra

Luís Seoane é a figura homenaxeada no ano 2019 no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes.

Foi un dos intelectuais do século XX comprometido coa cultura e a sociedade galegas, que contribuíu a engrandecer a nosa terra a través do seu labor como artista, escritor, xornalista, editor e promotor dun gran número de iniciativas culturais ao longo da súa vida.

Achegádevos á exposición para coñecelo. Saber da súa traxectoria vital e artística. Na Semana Cultural visitarémola e tamén podedes revisala nesta presentación.

 

Ecofeminismo!

As alumnas de Antropoloxía de 1º de Bac elaboraron un traballo de investigación no que descubriron que o activismo por un mundo máis sostible está ateigado de mulleres que consideran que o movemento ecoloxista non se entende se non é feminista: de aí xorde o ecofeminismo. Atoparon moitas mulleres que loitan pola protección do medio ambiente dende unha perspectiva de xénero e seleccionaron a dez de diferentes zonas do planeta. Dende Centroamérica, África, Europa ou Asia todas claman o mesmo: somos responsables do mundo que lle deixamos aos nosos fillos, ás nosas fillas.

Premede na imaxe para ver a presentación que fixeron a partir das súas investigacións. Coñecer para mudar, para transformar e exercer os nosos dereitos!