Cabalos e lobos

Unha bonita narrativa, rica en metáforas, compón o libro do xornalista vigués Fran P. Lorenzo Cabalos e Lobos, quinto libro deste curso no club de lectura de adultos.

Esta novela segue a vida do matrimonio alemá formado por Albert e Úrsula Beckmann, de como os seus negocios os levan a establecerse nun vibrante Vigo da primeira metade do século XX, dos seus descendentes e dunha historia que permanece oculta ata o final.

A homosexualidade ocultada, reprimida e perseguida durante a dictadura de Franco aparece moi ben descrita na novela. Tamén o nazismo do matrimonio Beckmann. Precisamente, relacionado coa Segunda Guerra Mundial, é interesante a mención ás trümmerfrauen, as “mulleres das ruínas”, mulleres que bloque a bloque, intentaban reconstruír a súa vida.