"Salseiros" entrevista a David Pérez. Do fío de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Con motivo da exposición inaugurada na Casa de Cultura de Porto do Son, XXV ANIVERSARIO DO PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN, Pastor Rodríguez entrevista a David Pérez Iglesias para o programa cultural Salseiros, de TV27 Canal Barbanza. David fala de Eusebio, do Eusebio da ausencia e da presenza, do amigo, do poeta; de aqueles poetas que recibiron o premio que o lembra.

A segunda parte da entrevista céntrase en Todo o tempo do mundo, o libro co que vén de gañar o último Merlín, e na poesía, en como a viven os adolescentes, en como se interrogan sobre a vida a través dela e como ela nos interroga.

Buscade un ratiño para escoitalo.

A exposición poderedes visitala ata a primera semanda de decembro.

“Salseiros” entrevista a David Pérez. Do fío de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Con motivo da exposición inaugurada na Casa de Cultura de Porto do Son, XXV ANIVERSARIO DO PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN, Pastor Rodríguez entrevista a David Pérez Iglesias para o programa cultural Salseiros, de TV27 Canal Barbanza. David fala de Eusebio, do Eusebio da ausencia e da presenza, do amigo, do poeta; de aqueles poetas que recibiron o premio que o lembra.

A segunda parte da entrevista céntrase en Todo o tempo do mundo, o libro co que vén de gañar o último Merlín, e na poesía, en como a viven os adolescentes, en como se interrogan sobre a vida a través dela e como ela nos interroga.

Buscade un ratiño para escoitalo.

A exposición poderedes visitala ata a primera semanda de decembro.

GO ON!

cartel_gEsta mañá, o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu na Casa de Cultura de Porto do Son á obra Go on!, da compañía Malasombra. Este é o berro de ánimo de dous  aventureiros que exploran a nosa terra seguindo o Camiño de Santiago. Mais …hai vida en Galicia? A súa atmosfera é respirable? É posible atopar resposta ás preguntas sobre este lugar descoñecido? Depende.

Entre gargalladas, que ben agradecemos despois destas semanas de exames e avaliacións, disfrutamos de vernos reflectidos con humor nos tópicos que nos definen, ou non, como pobo. O dito, depende.

P1030079