No Salón do Libro: ilustración portuguesa e teatro para a revolución!

E seguimos celebrando a lectura! Un ano máis estivemos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que mellor destino na semana en que se conmemora, o 2 de abril, o Día do Libro Infantil e Xuvenil! Nos clubs de lectura fomos lendo libros cos que visitabamos a lusofonía e as revolucións, os eixos do Salón deste ano. A xornada do venres foi auga que regou a terra sementada.

Ao chegarmos, recibiunos Icíar no Museo Provincial. Foi a nosa guía no MOTÍM, o Movimento de ilustração portuguesa. Detrás das resonancias de piratas e revoltas, unha mostra dos ilustradores e ilustradoras máis destacados do panorama luso. Un mundo de imaxes que acompañan as palabras. Abril, mes de “mudança”, de “cravos” e liberdade! Mes do libro! “Revolucións ilustradas”!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois, as rúas de Pontevedra, unha cidade acolledora, leváronnos ao Teatro Principal. Alí Sarabela Teatro ía contarnos doutra Celebración, aquela á que non estamos convidados, a que dirixe a clase política que nos exclúe. Cal é a nosa responsabilidade nas mudanzas que debemos procurar?

 

 

Quizais. Non, de seguro, os libros nos contarán dos camiños…

Ziggy Sturdust no club dos máis novos!

Onte, 18 de febreiro, xuntouse o club de lectura dos benxamins arredor de Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, e falaron de Aine, unha nena trans que admira e desexa ser como Ziggi Stardust, David Bowie. Escoitaron algunha das súas cancións, o rap “En otro cuerpo”, a Skape e a súa canción “Colores”, souberpn da asociación ARELAS que axuda as persoas trans en todo o que precisen, viron a curta Vestido nuevo, falaron da peli La chica danesa

Unha reunión que se nos fixo curta e que deu pé a reflexionar sobre esta situación. A obra gustoulles moito!

 

Os clubs en xaneiro: “Todo o tempo do mundo” e “Unha primavera para Aldara”

Os máis novos leron para xaneiro Todo o tempo do mundo. Co autor, que temos aquí ben pretiño, falaron da obra que cambiaron impresións sobre temas como as relacións cos maiores, o abandono do campo, a emigración, pero tamén sobre o reencontro con este mundo que, dende a sostibilidade, é posible e, de seguro, necesario.

Pola súa banda, os maiores achegáronse ao teatro con Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure.  Vimos e escoitamos a autora, Teresa Moure, e a Xulio Lago e María Barcala, de Teatro do Atlántico, nos vídeos que se gravaron dende SonCine cando estiveron na nosa biblioteca para falar da obra e da posta en escena.  Se ben manifestaron que lían pouco teatro, a conversa sobre a obra fíxonos ver ata que punto é necesario o teatro. Un teatro comprometido, que procura a transformación das sociedades. Isto é o que acontece nesta obra ambientada na etapa da revolta irmandiña, no século XV. Temas como a loita polos dereitos, a identidade dos pobos, o papel da muller na sociedade e na historia, a violencia de xénero, a sexualidade, o amor, o coñecemento, a liberdade… fan desta obra que gañara o Premio Rafael Diente e o premio María Casares sigan a estar de plena actualidade.

As seguintes obras traen tempos de procuras, de rebeldías… e tamén aires de Portugal con Iria Misia e Rosa Aneiros:

Rematando o 2018 co club de lectura

Este luns tivemos unha sesión de club de lectura especial, con mesa posta de Nadal! Tarta, bombóns… E SOSTIBILIDADE cos cómics de Leo. Fuxir da terra porque a vida nela xa non é sostible? Leo, na súa serie Aldebarán, Betelgeuse, Antares e Supervivientes, levounos por todos os temas que hoxe nos preocupan: o cambio climático, os efectos do dióxido de carbono na atmosfera da terra, a alimentación, as desigualdades sociais, a violencia de xénero, as ditaduras, os fanatismos relixiosos, o extremismo político, a falta de liberdades… De todo isto falamos. E dun mundo de color que bebe da selva amazónica. E da esperanza. E do que podemos facer polo presente e o futuro da humanidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

Para a volta de Nadal, teatro: imos aos tempos dos Irmandiños con…

Remata o obradoiro “Ferramentas para contar”

Este luns tivemos a última sesión do obradoiro “Ferramentas para contar”, con Akira Valero. Foron tres sesións dunha hora e media de duración nas que alumnado do club de lectura e do grupo de teatro (algúns e algunhas asisten ás dúas actividades) xogou, berrrou, riu, pensou, actuou, modulou a voz, atopou no seu corpo unha canle de expresión coa que acompañar os sentidos e a palabra. Desta colaboración coa Área de Xuventude do Concello que vén enriquecendo as nosas actividades, sairán contadas aos nenos e nenas da Ludoteca, e, posiblemente, encontros con avós e avoas do Centro de Día aos que preguntaremos e escoitaremos. Nunha cadea de voz, de xeración en xeración,  retomaremos as súas historias para facelas memoria viva.

dav

 

 

Pontes literarias co club A Caramiña do IES da Pobra do Caramiñal

Onte tivemos unha última sesión do club de lectura Fraga de Novio de excepción. Unha desas experiencias que se viven só cando un grupo de persoas se xuntan con tres escritores para falar de libros: unha xuntanza co club de lectura A Caramiña na súa biblioteca  e con Eli Ríos, Susana Sánchez Aríns e Antón Riveiro Coello.  Alí estaba tamén  unha novísima voz, a da alumna Andrea Sanjurjo, que nos agasallou recitando un dos seus poemas. A semente.

A obra que nos unía era Luns, de Eli. Mais no noso club do Son léramos ademais Seique, de Susana, obra sobre a memoria que quixemos recuperar e que xa fora un éxito co club do alumnado. As dúas forman parte da plataforma “A sega” na que, partindo dunha imaxe apegada á terra, dan voz, visibilizan, rescatan o que outras semetaran, alentan o que precisa agromar. Fan crítica literaria, citan, sobrancean a creación das mulleres. Como elas din, “coas mangas refuncidas”. Onte puidémolo ver. Xa o léramos nestas dúas obras. A denuncia dunha sociedade de afoga  cada día, cada luns, no maltrato e en pequenas-grandes anulacións que nos atinxen a todas nós.  A denuncia dunha sociedade que afogou, ou “seique” afogou, á sombra dunha “longuísima noite de pedra” cuxa sombra se estende ata hoxe.

O encontro foi intenso. Alegre e intenso. É normal, son temas que doen, que proen e rabuñan. Que nos feren cando nos atopamos entre as liñas.

Mais estabamos alí. Moitas mulleres. Tres homes. Dispostas e dispostos a proclamar a necesidade dun tempo de mudanzas.

E como non, sabendo que o que contan os libros vai da man, ou debería ir da man, da súa forma, damos nome ás deseñadoras das capas e contracapas: de Luns, Paula López del Valle, e de Seique, Rosa Herraiz Cabanas.

 

 

 

 

 

 

 

De seguro, dende o limiar desta biblioteca que leva o seu nome, Anxo Rei Ballesteros, coma nós,  agradeceu cun sorriso este serán literario cun xa agardado “son do verán”, como ben podería dicir Riveiro Coello lembrando a Carlos Casares.

Por certo, que ricos a rosca e o biscoito! Que refrescante a froita! Ficamos obrigadas!!!

Vémonos no próximo curso!

Cos clubs do Aquis Celenis en Sálvora lendo “Noite de temporal”

Van alá unha boa presada de  xuntanzas cos clubs de lectura do Aquis Celenis. É como reencontrarse con alguén da casa; unha amizade ancorada nas lecturas compartidas. Desta volta  decidimos que nos atopariamos en Sálvora arredor de Noite de temporal, de Núñez Singala.

Saímos para o porto de Riveira con chuvia e néboa, ao encontro dos mozos e mozas de Caldas, mais pouco a pouco a chuvia foise retirando. Recibíronnos as guías de Cruceiros Rías Baixas, María e Noa, das que salientamos a súa simpatía e profesionalidade, así como a insistencia nos valores que deberían rexer un Parque Nacional.

Sálvora recibiunos cuberta, pero a chuvia retirouse para ofrecernos unha xornada de excepción. Fomos descubrindo a fermosura desta illa que cantara Cabanillas en Na noite estrelecida (“… unha illa encantada / de rochedos de coral / esmeralda verdegaia / ao resplandor do luar / bicada de manseliñas / augas de limpo cristal/ na que as sereas ensaian / seu namorante cantar”). A herba de namorar agardábanos florecida e, coas gaivotas, acompañounos durante a ruta.

O almacén, a capela, o faro, a aldea, os hórreos, a fonte, o lavadoiro, os cabalos, os rochedos adobiados con liques alaranxados, as figueiras en loita contra o vento, os sabugueiros, os loureiros… Toda a illa a falarnos do seu vivir.

Nas mochilas levabamos Noite de temporal. Nel ían soando os berros dos homes, mulleres e nenos que viaxaban no Santa Isabel aquela noite do 2 de xaneiro de 1921. Nel as voces de Josefa Parada, Cipriana Oujo, María Fernández,  José Parada, Manuel Caneda, Francisco Oujo… botando ao mar as dornas para socorrelos. Morreron 213 persoas nesa noite de temporal. Conseguiron salvar preto de 60.

E lemos no faro, na aldea e a carón dos hórreos para lembralos.

Este é o vídeo que montaron no Aquis!

Morganas, Vivianas, Circes… no club!

Morgana Club

Cos mozos e mozas do club de lectura d@s maiores lemos Morgana en Esmelle, de Begoña

1330693356Morgana_en_Esmelle

Caamaño. Revisión do papel da muller na historia, tamén na historia da literatura. Con Begoña botamos man da intertextualidade para mirar con outros ollos as Morganas, as Vivianas, as Circes, as Penélopes… Tantas veces ocultadas polas voces dos “bardos”, como nos contan Guadi e as nais, as fillas, as avoas, as irmás, as amigas… en Matriarcas:

 

 

Última sesión do club de lectura

O luns tivemos a última reunión do club de lectura. Como non podía ser doutro xeito, rematamos con Casares e O sol do verán. A moit@s encantoulles; hai mesmo quen quedou prendada do Carlos que a protagoniza! Tan malote, tan doce!!!

Mais ese sentimento agridoce da obra, tamén o sentimos Rut e eu. Levabamos varios anos xunt@s e imos botar en falta este grupo. É xente encantadora coa que compartimos moi bos momentos, moitas risas, moitos cafés con galletas, moitas lecturas…

O curso que vén acolleremos novas caras, de feito, estamos xa facendo campaña e convidamos a algún a asistir a esta sesión para facer campaña!

dav
dav
sdr
sdr
sdr
sdr

 

Encontro do club de lectura con Susana Sánchez Arins

O luns, coa caloriña do sol despois dun Entroido de chuvia, recibimos a Susana
capa seiqueSánchez Arins na biblioteca. O club de lectura d@s maiores, reuníase para falar con ela sobre Seique, obra que motivara a cita; mais, ao demorarse esta polos trasnos que enredan os tempos, decidíramos ir lendo tamén o seu poemario Aquiltadas. Fiabamos temas e dábamos pé á conmemoración do Día da Muller do 8 de marzo. E disfrutámolas.

dav
dav

A Susana xa a fomos coñecendo hai un par de semanas cando entramos a curiosear nos seus blogs Dedos como vermes e Aquiltadas, bitácoras que nos din dela, das “elas” que hai na autora. Por aí fomos sabendo da súa lectura da vida. Ía debullando para nós estes dous libros, enriquecéndoos. Convidámosvos a que fagades o mesmo!

Seique, que é Seique?… unha novela, prosa poética, un retallo de vivencias, de silencios que é necesario escoitar…? A voz das mulleres que sufriran e calaran a dor do fascismo, e que, coma un coro grego, se ergue, tráxico, na obra, como unha ladaíña.

Cando onte falabamos con ela, acompañad@s dun cafeciño na biblio, lembraba estas palabras de Blanco-Amor en Xente ao lonxe:

Tales verbas, digo eu, quedaríanse acochadas no fondo do ser até que chegara o intre, tarde ou cedo, en que cada unha delas se acomodase no seu xusto oco (…)”.

Si. Palabras como liberdade, xustiza, memoria, muller, paseadores, sufridoras e sufridoras…, quizais, pasado un tempo, han de ir atopando o seu “xusto oco” nos mozos e mozas que leron a obra e que, despois do xantar, compartían impresións con Susana. Tamén a lingua, nesa escolla que nos leva á irmandade co portugués e que tende pontes de futuro. E as referencias ao cine, non tan próximas a eles, pero que abren a curiosidade ao transformárense en metaliteratura audiovisual, nun diálogo enriquecedor.

De Seique fomos a Aquiltadas, e de Aquiltadas Seique. Un bo cobertor de capa_aquiltadas_susanarins“pontos naturantes, historiados, fabuleriros, laboriados, costurosos, afamadeiros, escondentes, sufridosos”, un pachwork que pasa de man en man a agulla da historia do cotiá, unha historia de mulleres mantida coa voz forte dos silencios, e dos contos, e das cantigas.

Para mañá, 8 de marzo, acae este poema, de “ponto escondente”:

o clam da cicatriz
levo as marcas de todas as idades

a linha da cuitela nos pulsos
a cova cesárea da que nasceu a vida
o golpe cardeal                a machucadura
leite fervido correndo dos peitos
escarificações rituais raspando os sonhos
um dedo trilhado
pele de laranja injectada em anestesia
lostregaços de injúrias nas contras fechadas
cotelos em carne viva                      chão esfregado
geonlhos denegridos de agatunhar árvores
jugular trespassada por sanguinhosos caninos
a surpresa infibulada                       a episiotomia
enruga passada a ferro
que apaga a marca da idade

mas sou costureira / e cirzo
cicatrizo as bocas de todas as feridas
pesponteio cada corte num virginal bordado

e é nessas tatuagens
que reside a resistência.

Grazas a Susana por este tempo partillado entre risos, café e poemas. Agasalladas. Fican para ler A noiva e o navío e [de]construçom, por algo somos un club de lectura dunha biblioteca, e sabemos dos…

“seus lombos de livros

suas letras de títulos”