Cos clubs de lectura en Aveiro! Unha nova viaxe literaria co Aquis Celenis!

E chegou a viaxe de final de curso dos clubs de lectura a Aveiro!! Dise pronto pero xa van alá 9 anos dende que comezamos as viaxes a Portugal co club do IES Aquis Celenis de Caldas!!! Román, David, Pedro, Ana, Marga, Tere, Sonia e un montón de rapazada á procura de bibliotecas chulas, de horas do conto, de librarías fermosas… Viana, Porto, Braga, Guimaraes ou Coimbra… Amizades tecidas con palabras, con lecturas partilladas, con roteiros!

O xoves, quinta-feira, chegamos á Pousada da Juventude, xantamos e saímos coñecer Aveiro. Agardábanos un barco moliceiro da empresa Experiment Aveiro que nos guiaría, nesta “Venecia portuguesa”, para achegarnos á historia da cidade: a Arte Nova, as salinas, os ovos moles… Logo, un xogo de pistas (pesquisar, preguntar, informarse e botar unhas risas á carreiriña). Pola noite, festa! O corpo e a cabeciña pedía alegría despois deste tempo de exames e trafegos!

Pola mañá agardábannos na Fábrica Centro Ciência Viva de Aveiro para facer obradoiros de robótica e hologramas. Clubs de lectura coa ciencia, as humanidades e a ciencia collidas da man.

Despois, seguimos descubrindo Aveiro, desta volta, os costumes, o mercado Manuel Firmino. Practicamos o portugués!

Logo de xantar, en Ílhavo, unha visita ben agradable: a Biblioteca Municipal. Un edificio moderno nun solar do século XVII que foi recoñecido co Prémio Internacional de Arquitetura do Museu de Design de Chicago e que está a ser un dos eixos principais do desenvolvemento cultural de Ílhavo. Lisete e o persoal da biblioteca acolléronnos con agarimo, explicáronnos a historia da biblioteca e o seu funcionamento. Fomos ao espazo maker (xa vimos con ideas para enredarnos coa máquina de coser, a impresora 3D e traballar en equipo cos compañeiros de Tecnoloxía!); estivemos na hora do conto e disfrutamos nunha biblioteca viva! Sempre miramos a Portugal como modelo a seguir de dinamización das bibliotecas nos municipios e de colaboración cos centros educativos, non en van foron pioneiros co seu Plano Nacional de Leitura.

 

Xa de volta! Prestaron estes dous días! O ano que vén máis, na compaña dos nosos amigos do Aquis!

BO VERÁN E BOAS LECTURAS!

 

Do Aquis Celenis achégannos o vídeo da viaxe!

Aprendendo, investigando,gravando na radio… con “Resistencia”

A lectura deste mes do club dos maiores do alumando é Resistencia, de Rosa Aneiros. Andamos con lecturas abeiradas á temática proposta polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil: as Revolucións e a Lusofonía. E imos facendo padal para a viaxe de fin de curso dos clubs a Aveiro co Aquis Celenis!

Así que, mentres os máis novos tiñan a xuntanza na biblio, nós viñemos á aula TIC e á radio! Mentres uns investigabamos sobre algúns dos puntos de interse da novela (os espazos, o colonialismo e a descolonización, a Revolución dos Cravos, Grândola, Inés de Castro…) outros comezaban a gravar un programa na radio cunha lectura de fragmentos da obra. Na seguinte sesión, poñeremos en común o que apredemos e a obra xa rematada.

 

 

 

 

 

 

 

 


Poemas de Carlos Negro en Onda Perseveira

Os mozos e mozas do club de lectura dos máis novos andan a aprender nas ondas, nas ondas da radio. E quixeron facelo recitando algúns dos poemas que máis lles gustaron de Carlos Negro. Escolléronos de Makinaria, Penúltimas tendencias e Masculino Singular.

       

Aquí vos deixamos o podcast:

Go to download

NADAL NA BIBLIO!!! Xuntanza do club d@s maiores!

arbore

Estamos tod@s agardando as vacacións… Toca descansar un pouquiño, estar coa familia e os amigos ou aproveitar para ler.

Onte tivemos a sesión de Nadal do club de lectura. A biblioteca loce navideña e no corredor, xunto aos fermosos álbums ilustrados, únese ao tema interdisiciplinar: A COMUNICACIÓN.

Escoita, conta, fala, comunica. Poden ser tamén bos desexos para o novo ano que entra! As follas de xornal sosteñen as palabras da nosa árbore!

dav
dav

E os doces, o café e o cacao fan a conversa máis agradable! Desta volta os mozos e mozas do club de lectura d@s maiores, lemos El arte de volar, de Altarriba e Kim. Non era cousa de que esta xeración deixase de ler esta obra imprescindible do cómic. A nova proposta é un clásico: Nada, de Carmen Laforet. Con ela botaremos a andar o 2018!!!

Sin títulocLUB 2

 

artedevolar

9788423342792

Un ano máis cos clubs de lectura

Abrimos outubro e as actividades do club con caras novas, moitas caras novas! É grato para nós contar cada ano con novos mozos e mozas nos encontros literarios dos luns…

Vai calor, moita calor neste verán de San Miguel no que botamos a andar os  clubs da nosa biblio. Repartimos as obras. Os máis novos van ler teatro, El último cursode Luís Mantilla; no de 4º de ESO e Bach, La joven de las naranjas, de Jostein Gaarder. Por certo, tamén es

9788466785044

tamos de estreno cun club de adultos que se atopará no camiño, entre lectura e lectura,  co club da biblioteca do IES da Pobra do Caramiñal e que coordinará a nosa compañeira Sabela!! Desta banda da ría estreámonos hai uns días con  Matar a un ruiseñor, de Harper Lee.

9788478448166libro_1449673742

Mais hoxe comezamos co alumnado nunha sesión conxunta dos dous clubs. E facémolo escribindo, inspirados nunha fermosa actividade que Gracia Santorum nos daba a coñecer no blog da biblioteca do IES Laxeiro: atopar a poesía nos títulos dos libros. Fomos entón aos andeis da nosa biblioteca, procuramos nos lombos das obras títulos inspiradores… e creamos.

Aquí vos deixamos os versos deste entretido café literario:

 

No Océano África dUn país durminte, 

Contos por palabras a ti, oínte.

Un famoso Cazador de estrelas alí vivía,

As aventuras de Pinocho gustoso oía.

DAs flores radiactivas un perigoso tinte,

só digno dO alquimista máis sorrinte.

A filla do ladrón de bicicletas caía,

e este Patinazo fixo que máis non delinquirá.

Neste folio quédanos un gran espazo,

A cabeza de Medusa  en pedra convertía o seu brazo

e despedímonos deste mal poema

cun gran abrazo.

Carlos, Mariña, Nerea C. e Nerea G.

 

A dama do sono,

dona de Bágoas, sorpresas e coraxe

convertirase na protagonista

desta Historia interminable.

Os moradores da nada,

portadores de Grandes esperanzas,

interrompen o amor da dama

coas súas Mans salgadas.

Eles eran  Os excluídos

á merced dos Capitán do mar e da guerra, 

axeonllándose ante o grito

pensando: O futuro xa non é o que era.

Érika, Xiana e Clara.

 

Nunha Semana branca

de Neve interminable,

O dragón que buscaba a princesa,

ía a A cidade maldita

buscando O tesouro cósmico

que contiña A chave dos soños.

Con estas Palabras de auga

contámosvos os Pesadelos

e A sorte de espertar que tivo

un rapaz: Chamábase Luís.

Uxía P., Noa F. e Adriana L.

 

Caderno de agosto.

O noso barco “A Bala perdida

está Durmindo sobre os espellos,

que agochan Un gran reino

cheo de Flores negras.

Contemplo Unha estrela no vento,

unha Bágoa de lúa

que me guía cara unha Trampa de luz:

O que é a vida nestas Noites no mar.

Cristina S., Susana O., Antía F. e Xaima

 

Sediame eu no Monte do Cerveiro

A voz do vento lembrábame

ao aroma dun lonxano esteiro

cun Denso recendo a salgado

e a voz dicíame:

Ti, en que pensas?

Penso en Amor e música lixeira

cando o Sol do norte aparece

No outro lado do espello.

E Ti, en que pensas?

Penso nas nosas Vidas senlleiras

que se alonxan coma As ondas do ceo cando amence

e a Dor da claridade que me responde

Ti, en que pensas?

Anxo T., Laura A., Ana G., Silvia S. e Uxía T.

 

Yo seré El guardián entre

el centeno y el abismo,

intentando rehusar el peligro,

alimentando continuamente

esas Flores del mal,

del maravilloso Baudelaire,

poeta maldito, pero héroe terrenal.

Mi vida es peor que

La casa de Bernarda Alba,

pero aún así, ¿cómo no admirarla?

Hay que apreciarla y susurrar

sobre su sien el sonido de serpiente

sosegada.

Seré tu Romancero gitano o

tu Romancero de ausencias,

me da igual ser del Puerto de Santa María

o de Orihuela.

Leticia M., Daniel G. e Lara C.

 

En la tormenta del siglo

La sangre de los inocentes caía

después de Doce años de esclavitud.

La fundación pretendía buscar La cura mortal

El viaje fue El camino a la perdición.

Yo soy Nalala,

La última princesa del Pacífico

y este es El libro de mi destino.

Elisa R., Suso V., Antía V., Eva del R. e Aitana R.

 

Os surcos do azar leváronme

a A casa onde As lembrazas de Porto do Son,

co Monte Louro, volvían

cando Os escaravellos voan á tardiña,

acariñándome coma o Sol de inverno.

Atrás quedaba a Memoria das cidades sen luz,

das Sete casas en Francia…, a Xente ao lonxe

esvaída nunha Liña azul.

Os camiños da vida atopáronme de volta

Na casa da avoa.

Sonia C., María Xesús M. e Rut L.

De roteiro pola Auria de Blanco Amor

O venres, 25 de xaneiro, saudábannos a friaxe e a chuvia pola mañanciña ao comezar a xornada. Sabiamos que nos habían acompañar na nosa viaxe a Ourense. Que mellor escenografía para profundar na ambientación de A esmorga!

A obra de Blanco Amor tívonos ocupados neste último mes aos membros do club de lectura, así que saímos camiño a Auria. A primeira cita tiñámola no Liceo, mais cando iamos pola Rúa da Paz, unha vitrina pintada de azul chamou a nosa atención. Tiñamos ante nós un deses “espazos de desexo”, as librarías.  No local da que fora a antiga Livraría Torga, Vento do Sul reúne o comercio xusto, os xogos tradicionais  e os libros, e, con exquisito gusto, ofrece un acolledor salonciño de lectura que convida a tomar un bo café coa calma precisa para disfrutar da lectura. Volveremos, sen dúbida. Agradécense lugares de compromiso e repouso coma estes.

No Liceo, esperábanos Fernando Dacosta, ou Cibrán, o Cibrán de A Esmorga de Sarabela Teatro. Na última sesión do club, víramos na biblioteca a primeira representación que a compañía ourensá fixera da obra,  nunha gravación cedida polo actor, que no seu momento fora emitida naquel acertado proxecto da TVG de achegar o teatro a través da pequena pantalla -iniciativa coa que desgraciadamente xa non contamos-. Embebidos na atmosfera da obra, disfrutamos charlando desa súa conversa xenerosa, amable e reveladora. Crítica ao tempo que esperanzada. Foinos levando polo que fora un traballo coral, coas aportacións de personaxes destacados da cultura galega como o cartel de Isaac Díaz Pardo, a música de Manuel Dios ou o asesoramento nos decorados de Arturo Baltar, polo proceso de construción dos personaxes, a dramaturxia, a escenografía, a interpretación, as diferenzas entre a primeria e a segunda posta en escena da obra,  o labor de Sarabela no panorama do teatro galego… Un deses praceres que disfrutamos nos clubs de lectura, nesta ocasión nese salón de época do Liceo ourensán, que nos permitía mesmo viaxar no tempo.

Tras a visita á sala de exposicións da Deputación de Ourense, un fermoso escenario que víramos neste blog no vídeo Instalación, onde nos cuestionamos o que era ou non era arte e nos subimos á historia do tren, fomos comer.

Pola tarde camiñamos e camiñamos. Dúas horas e media de rúas e ruelas, fontes, prazas, burgas… Carlos Rafael guiounos polo roteiro das 24 horas de esmorga do Cibrán, o Bocas e o Milhomes e foinos descubrindo ao tempo a historia da cidade, unha historia de crimes, loucuras, revoltas, bispos asoballadores, putas devotas da Virxe do Carme, mercados do sal e do ferro, crimes na República… Soubemos un pouco máis de Blanco Amor, da súa infancia, da nai florista e o seu peculiar amante, das tertulias, da relación con Risco, da fuxida dun Ourense provinciano, da volta, dos amigos e dos que non o foron tanto.

E chegou a noitiña. E recalamos na Burga de Arriba. E deixamos descansar os corpos nas caldas! Sabios aqueles romanos!

 

O club de lectura dos benxamíns do instituto

De Tere chéganos a benvida aos máis novos. Con ela e con María Xesús veñen de iniciar esta andaina da lectura:

O luns 22 de outubro estreouse o club de lectura dos benxamíns do instituto:

Esta primeira reunión serviu , sobre todo, para coñecermonos e para deixar claro o noso gusto pola lectura. Comemos os bocatas vendo a película  Criadas e señoras para introducir o tema principal do álbum ilustrado proposto  como lectura do club, O autobús de Rosa de Fabrizio Silei e Mauricio A.C. Quarello, baseado na activista negra Rosa Parkers.

Esther, Silvia, Manuela, Elena, Carlos, Cristian, Laura, Uxía e Sara ( espero non terme confundido nos nomes), son os seus integrantes e para a próxima reunión serán dous máis: Antía e Mirella.
O biscoito de Mª Xesús estaba boíiiisimo!

Un ano máis co club de lectura

Comezamos unha nova andaina do club de lectura dos maiores. Estamos os mesmos – Ángel, Rocío, Pablo, Sandra, Claudia, Nerea, Estrella, Alba, Dani, Rut e eu- e ademais Sara, Iria e Fran que se uniron este ano. Por suposto, estaremos encantados con contar con todos aqueles que queirades xuntarvos ao grupo.  Este curso Teresa e María Xesús coordinarán tamén un grupo con alumnado do primeiro ciclo e 3º de ESO. Só hai unha condición: que vos guste ler!

Os bocatas, as galletas, o café, o colacao… poñémolos nós. Vós,  a BOA COMPAÑA!

 

Nesta primeira sesión repartimos o libro que nos terá ocupados no próximo mes, Os fillos do mar de Pedro Feijoo, e botamos man do cine. Que mellor forma de falar de libros (algúns dos lidos e outros por ler) que arredor dunha peli que cuestiona, apela, remove e fai disfrutar do bo facer: La vida de los otros. 

Dirixida por Florian Henckel, quen foi ao mesmo tempo guionista, e protagonizada con mestría por Martina Gedeck, Ulrich Mühe  -o “home malo” da STASI- e Sebastian Kock – o escritor”, foi acadando premios nacionais e internacionais que, neste caso si, recoñecen un magnífico traballo: Óscar á mellor película de fala non inglesa no 2007, o BAFTA  e o César na mesma categoría e os Premios do Cine Europeo á mellor película e mellor actor entre outros. Cando un remata de vela saborea  o ter visto unha obra redonda. Os tempos, os encadres, os primeiros planos de Ulrich Mühe, a música, os silencios…

Son os últimos anos da RDA no Berlín Oriental, a policía secreta alemá controla as vidas dos intelectuais  coma ese “ollo” que Orwell ficcionaba en 1984. É inevitable reflexionar sobre canto de totalitarismo houbo e hai nos sistemas comunistas. Nesta sociedade na que vivimos damos por sentado que viviremos sempre en liberdade e democracia, posiblemente non sobre lembrar que este é un dereito que cómpre coidar con extrema adicación.

 

A película comparte temática coa obra de teatro que os membros do club poderemos ver co alumnado de lingua galega de 1º de Bacharelato o 18 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela: a adaptación de  O profesional , do dramaturgo e director serbio Dusan Kovacevic  levada a escena polo Centro Dramático Galego en coprodución coa Compañía de Teatro de Braga. Nesta, o autor fainos partícipes dun encontro entre un editor que fora en tempos de Tito escritor disidente  e un policía xubilado da Seguridade Nacional que adicara dezaoito anos de servizo a seguilo.

Xa imos andando, e cavilando, e disfrutando…