Seguimos facendo “cordada”: a mulleres contando!

Tere, a nosa compañeira do equipo de biblio, vén de montar esta presentación a partir da exposición “Día da Muller: contando facemos cordada”. Un agasallo para todas as palabras coas que a acompaña:

Volver a comenzar, Luz Casal

Como eu canto, SES

 

 Unha aperta a todas as mulleres que forman parte da comunidade educativa do noso IES. Grazas por axudarmos a que cada día sexa máis limpo, máis doado, máis rico….

 

Día da Muller: contando facemos cordada


Cordada
Vaise achegando o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Como cada ano, a MULLER toma protagonismo no tema interdisciplinar. Desta volta, coa COMUNICACIÓN, son as mulleres as que contan para “facer cordada”: editoras, escritoras, ilustradoras, xornalistas… Hai moito que contar e, aínda que non sempre sexa fácil, aí estamos. Esa cordada que parte de “A voz das amigas”, de Yolanda Castaño e cantada con ritmo tradicional por Leilía (podedes escoitala no minuto 1:53), “elas que saben que o efémero permanece”, como día o poema de Ana Romaní “Camiñan descalzas polas rochas”.

A voz das amigas

Acompañan a exposición unha selección de libros de mulleres que nos convidan a “ser xograresas”!!!

sdr
sdr

A COMUNICACIÓN no Entroido 2018!

Como o tema interdisciplinar é a COMUNICACIÓN, un ano máis unha boa parte do equipo de biblioteca súmase co profesorado a participar no desfile de Entroido! Escollemos a historia da comunicación como tema. Foi divertido ir dende a Prehistoria ata os tempos de vertixe tecnolóxica actual. O importante sempre é FALAR, SENTIR, COMPARTIR, AGARIMAR, SOLICITAR, EXPRESAR… Que mellor que esta celebración para berrar ben alto: COMUNICA-TE!!!

IMG_20180209_132900

Grazas por facer posible esta festa un ano máis! Na entrada da páxina do centro podedes ver a recollida dos premios!  Aquí vos deixamos o vídeo:

Comunicamos????

IMG_20180123_172357

Os fondos da biblioteca sobre o tema da COMUNICACIÓN saen ao corredor. Obras sobre diarios, cartas, fotografía, linguaxes, películas, alfabetos, discos … Este ano han dar moito que falar! Acompáñannos eses obxectos das nosas vidas que nalgún momento acompañaron as nosas conversas, as nosas cancións, os nosos bailes… Como pasa o tempo!

IMG_20180123_172305

IMG_20180123_172454 (1)

IMG_20180123_172339